Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promova de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 13 de xullo de 2022
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
PR204A2022/785-2 |
Y8035242E |
Resolución estimatoria do dereito |
PR204A2022/845-2 |
Y1233221K |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/1171-2 |
33351872D |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/1372-2 |
Y6565165J |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/2190-2 |
34894386M |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/2202-2 |
33559584P |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/2205-2 |
33184278Q |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/2222-2 |
35623812D |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/2417-2 |
33539709M |
Resolución desestimatoria do dereito |
PR204A2022/2436-2 |
33536831W |
Resolución desestimatoria do dereito |