Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña) que, o 15 de xullo de 2022, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, medlante este acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Fisteus (Curtis-A Coruña).

Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da dita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial desta Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dento do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva.

A Coruña, 19 de xullo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña