Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 140, do 22 de xullo de 2022, na versión en galego e en castelán, é necesario efectuar a seguinte corrección:
No punto segundo da dita orde, páxina 41191:
Onde di:
«Segundo. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas do corpo de mestres convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 e outras, nomeadas funcionarias en prácticas pola Orde do 30 de agosto e pola Orde do 16 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021, agás as seguintes persoas por non ter superado a fase de prácticas Paula Abalde González, co DNI ***8691**, especialidade de Educación Primaria, María Jesús de Lamas Añón, co DNI ***8083**, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés, e Andrea Pérez González, co DNI ***7481**, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés».
Debe dicir:
«Segundo. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas do corpo de mestres do proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 e outras, nomeadas funcionarias en prácticas pola Orde do 30 de agosto e pola Orde do 16 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021, agás as seguintes persoas por non ter superado a fase de prácticas: Paula Abalde González, co DNI ***8691**, especialidade de Educación Primaria, María Jesús de Lamas Rañón, co DNI ***8083**, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés, e Andrea Pérez González, co DNI ***7481**, especialidade de Lingua Estranxeira Inglés».