Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 3 de agosto de 2022 Páx. 42538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto do parque eólico Monteiro, nos concellos de Baralla, Baleira e Becerreá (Lugo) (expediente IN408A 2018/034).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– O 9.8.2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Monteiro (en diante, parque eólico).

– O 17.12.2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, o 21.4.2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía enviou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao dito centro directivo, consonte co artigo 33.16 de la Lei 8/2009.

Solicitante/promotor: Greenalia Wind Power, S.L.U., NIF: B70501473.

Domicilio social: praza María Pita, núm.10, andar 1, CP 15001, A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Monteiro, nos termos municipais de Baralla, Baleira e Becerreá (Lugo).

Concellos afectados: Baralla, Baleira e Becerreá.

Área de Desenvolvemento Eólico (ADE): Becerreá

Características técnicas das instalacións:

– Potencia instalada: 33,60 MW.

– Produción neta anual estimada: 110.097 MWh/ano.

– Orzamento de execución material parque eólico: 24.858.828,10 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (Fuso 29)

UTM-X

UTM-Y5395

1

650.695

4.762.773

2

652.282

4.755.676

3

647.681

4.755.337

4

649.076

4.762.386

Coordenadas da localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 (Fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE-01

649.422

4.761.061

Baleira

AE-02

649.548

4.760.688

Baleira

AE-03

649.700

4.760.333

Baleira

AE-04

650.168

4.759.016

Baleira

AE-05

650.319

4.758.614

Baleira

AE-06

650.354

4.757.546

Baleira

AE-07

649.872

4.756.900

Baralla

AE-08

649.837

4.756.223

Baralla

Localización da torre meteorolóxica:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

650.282

4.758.872

Localización da SET Monteiro:

Datum ETRS89 (Huso 29)

UTM-X

UTM-Y

650.319

4.758.294

Características técnicas principais das instalacións:

– Oito (8) aeroxeradores modelo Vestas V150 4,2 do fabricante Vestas ou similar, de potencia máxima activa de xeración eléctrica 4.200 kW, cun diámetro de rotor de 150 m e altura de buxe 107 m.

– Oito (8) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 4.700 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,72/30 kV, celas de media tensión de 36 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

– Rede colectora soterrada de 30 kV, conformada polos cables de MT, con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV, os cables de comunicación e os cables de terra, que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación eléctrica do parque, co obxecto de evacuar a enerxía xerada.

– Torre meteorolóxica, dotada de sensores meteorolóxicos.

– Subestación eléctrica Monteiro tipo convencional, constituída por:

• Un edificio de control que alberga as celas compactas de MT, blindadas e illadas en SF6, equipos de control, protección, comunicacións e servizos auxiliares.

• Parque exterior onde se localizan elementos de 132 kV, en configuración de simple barra, con tres posicións de liña e unha posición de transformador de potencia, segundo as especificacións de proxecto.

• Un transformador de intemperie de relación 132/30 kV e potencia 35/40MVA ONAN/ONAF.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas dos aeroxeradores e gabias para cableado.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (xullo de 2018) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (febreiro de 2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de febreiro de 2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Baralla, Baleira y Becerreá (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (logo da publicación no DOG), na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/monteiro

Lugo, 30 de xuño de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo