Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42689

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto-xefe do servizo, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocadas pola Resolución do 7 de decembro de 2011, en cumprimento e execución da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña, do 20 de decembro de 2016.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión dunha praza de arquitecto-xefe do servizo, vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral desta universidade, convocado pola Resolución do 7 de decembro de 2011 (DOG do 21 de decembro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor no prazo dun mes, ou directamente recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 26 de xullo de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto-xefe do servizo vacante na relación de postos de traballo de persoal laboral, convocada pola Resolución do 7 de decembro de 2011 (DOG do 21 de decembro), en cumprimento e execución da sentenza ditada
polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña,
do 20 de decembro de 2016

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación total

46898193X

Salgueiro Barrio, Roi

Libre

87,35