Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto do parque eólico Ligonde-San Simón, nos concellos de Guntín, Monterroso e Portomarín (Lugo) (expediente 119-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

– O 27.8.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou unha solicitude de modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Ligonde-San Simón, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro) e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

– O 31.8.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou unha corrección de erros da solicitude presentada o 27.8.2020.

– O 4.12.2020, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle un requirimento de documentación, e o 11.12.2020, en resposta ao devandito requirimento desta dirección xeral, a promotora achega documentación complementaria e a declaración responsable do EIA, P. execución, P. sectorial e a do estudo arqueolóxico, e o 16.12.2020 achega unha nova declaración responsable do P. de execución.

– O 25.1.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais admitiu a trámite a modificación substancial presentada o 27.8.2020.

– O 5.3.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle á promotora o informe sobre a relación de organismos que deben emitir informe sobre o estudo de impacto ambiental. O 29.3.2021, presenta un novo estudo de impacto ambiental.

– O 16.7.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle un requirimento de documentación e, o 2.8.2021, a promotora achegou un novo estudo de impacto ambiental. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, para continuar co procedemento, solicitou o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio o 2.2.2021.

– En resposta á citada solicitude de informe do 29.4.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– O 7.12.2021, a promotora presentou o xustificante de pagamento da tramitación do proxecto sectorial.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, o 8.2.2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía enviou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao dito centro directivo, conforme o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

– O 4.7.2022, a promotora desiste da declaración de utilidade pública solicitada o 27.8.2020.

– O 5.7.2022, a Xefatura Territorial de Lugo acepta a desistencia da declaración de utilidade pública presentada polo promotor.

Os datos do proxecto son os seguintes:

Solicitante/promotora: Enel Green Power España, S.L. (NIF B61234613).

Domicilio social: rúa Fernando de Casas Novoa, 35, portal B, 2º andar, Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: parque eólico Ligonde-San Simón.

Situación: concellos de Guntín, Monterroso e Portomarín (Lugo).

Potencia instalada: 14,4 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.

Produción neta anual: 39.427,4 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 15.976.021,16 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

A

601.833

4.747.525

B

602.626

4.748.046

C

604.950

4.744.673

D

603.151

4.743.832

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

LSS01 (WTG01)

602.418

4.747.294

LSS02 (WTG02)

602.639

4.746.830

LSS03 (WTG03)

603.029

4.746.363

Coordenadas da envolvente da subestación:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

A1

602.361

4.747.074

B1

602.361

4.747.032

C1

602.465

4.747.031

D1

602.466

4.747.073

Coordenadas da localización da torre meteorolóxica:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

TM

602.593

4.746.368

Características técnicas principais das instalacións:

– Tres (3) aeroxeradores modelo N155 de 4,8 MW de potencia nominal unitaria, con 120 m de altura da buxa, de 155 m de diámetro de rotor, cos seus correspondentes centros de transformación, instalados no interior da góndola do aeroxerador con potencia aparente nominal de 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/33 kV.

– Rede de media tensión soterrada para evacuación de enerxía a 33 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores 0,69/33 kV e a subestación transformadora 33/220 kV; composta por 2 circuítos con condutores tipo RH5Z1 18/30 kV Al de distintas seccións (95-500 mm2).

– Subestación transformadora do parque eólico Ligonde-San Simón 33/220 kV, para evacuación da enerxía producida no parque eólico, cunha posición de transformador 45/55 MVA ONAN/ONAF e un transformador de servizos auxiliares de 33/0,4 kV de 100 kVA.

– Unha (1) torre meteorolóxica de 120 m de altura.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, subestación, cimentacións, plataformas de aeroxeradores e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

– Proxecto de execución (visado COIIM nº202001744, o 25.8.2020).

– Estudo de impacto ambiental (EIA, asinado o 30.7.2021).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, visado nº V200212 o 22.6.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 56, así como nos concellos de Guntín, Monterroso e Portomarín (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/lingonde-san-simon

Lugo, 8 de xullo de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo