Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2022/3764-1 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo, ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes.

Para o coñecemento íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 1 de xullo de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto
administrativo

2022/3764-1

77095324Z

Requirimento da emenda da solicitude

1.6.2022

2022/2735-1

47401928D

Requirimento da emenda da solicitude

27.4.2022

2022/2096-1

34507995Z

Requirimento da emenda da solicitude

25.3.2022

2022/2109-1

76498387L

Requirimento da emenda da solicitude

31.3.2022

2022/2954-1

Y4781598G

Requirimento da emenda da solicitude

3.5.2022