Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO de rectificación de erro material na oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal.

Faise público que polo Decreto da Alcaldía, do 14 de xullo de 2022, se aprobou a rectificación do erro material na epígrafe primeira da parte resolutiva do Decreto do 20 de maio de 2022 polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do Concello de Xunqueira de Ambía ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (expediente 156/2022), cuxo anuncio foi publicado no DOG número 101, do 27 de maio de 2022, na páxina 31417, onde di:

Limpador/a do centro de saúde, casa do concello e outras instalacións municipais

1

Proceso estabilización emprego temporal Lei 20/2021

Disposición adicional sexta-Concurso

Xornada parcial

Debe dicir:

Limpador/a de centro de saúde, casa do concello e outras instalacións municipais

1

Proceso de estabilización do emprego temporal Lei 20/2021

Disposición adicional sexta-concurso

-------------

Xunqueira de Ambía, 14 de xullo de 2022

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde