Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42871

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno que aprobou a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes, convocado polo Acordo do 1 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo).

Dando cumprimento ao punto 2 do citado acordo,

RESOLVO:

Ordenar a publicación do Acordo da Comisión de Goberno do 26 de xullo de 2022 polo que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes do Consello de Contas de Galicia, convocado polo Acordo do 1 de marzo de 2022 e publicado no DOG núm. 53, do 17 de marzo, como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Acordo do 26 de xullo de 2022, da Comisión de Goberno, polo que
se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso
específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes
do Consello de Contas de Galicia, convocado polo Acordo do 1 de marzo
de 2022, publicado no DOG núm. 53, do 17 de marzo

O Acordo do 20 de xuño de 2022, da Comisión de Valoración encargada de valorar os méritos alegados polas persoas interesadas no concurso, aprobou a relación provisional de persoas admitidas e excluídas del e publicouna nos taboleiros de anuncios do Consello de Contas de Galicia e da súa sede electrónica.

Unha vez transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar as correspondentes alegacións sen que se presentase ningunha, a Comisión de Goberno dá por correcta a relación provisional de admitidos e excluídos publicada e

ACORDA:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do Consello de Contas de Galicia.

Ordenar a publicación deste acordo no DOG, na sede electrónica do Consello de Contas de Galicia e no taboleiro de anuncios desta institución. As relacións de persoas admitidas e excluídas poderanse consultar nos taboleiros de anuncios da institución e na súa sede electrónica https://consellodecontasgalicia.sedelectronica.gal, na epígrafe de emprego público.

Este acordo non pon fin á vía administrativa e contra el as persoas interesadas poderán presentar recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 91.2 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas.

Contra a resolución deste recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpor, de ser o caso, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.c) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.