Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 5 de agosto de 2022 Páx. 42856

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022 pola que se publica o resultado do proceso de selección dos proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, convocatoria 2022 (código de procedemento MR708A).

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2021 aprobáronse as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e convocáronse as correspondentes ao ano 2022 (DOG núm. 16, do 25 de xaneiro de 2022), modificada mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2022 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro).

A convocatoria ten unha dotación de 3.000.000 €, dos cales 700.000 € financiarán proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, coa seguinte distribución plurianual do crédito: 2022: 300.000 €; 2023: 400.000 €.

A dotación orzamentaria da convocatoria está cofinanciada con Feader (75 %), con fondos da Administración xeral do Estado (7,5 %) e da Xunta de Galicia (17,5 %).

O 27 de xullo de 2022, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, no exercicio das competencias atribuídas en virtude do Acordo do Consello de Dirección do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013; DOG núm. 148, do 5 de agosto), resolveu parcialmente a citada convocatoria e adxudicou as axudas aos proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas para os proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022, segundo o anexo.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Relación de proxectos subvencionados
Proxectos de posta en marcha de novas actividades empresariais
en aldeas modelo

Expediente

Solicitante

NIF

P. total

Orzamento aceptado

Axuda total

Axuda 2022

Axuda 2023

NA22-0806416A-0325

Luz Paloma Gallardo Macía

***5722**

57,20

192.069,55 €

86.431,30 €

24.693,42 €

61.737,88 €

NA22-0806416A-0143

Carlos Castro Rodríguez

***6783**

56,55

96.418,44 €

43.388,30 €

12.396,04 €

30.992,26 €

NA22-0806416A-0401

Aida Marcos Arias

***5920**

46,80

72.894,72 €

32.802,62 €

9.371,71 €

23.430,91 €