O Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia plena desta comunidade autónoma para o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, competencias que lle están atribuídas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos termos que figuran no artigo 2 do Decreto 114/1982, do 1 de setembro, sobre asunción de transferencias en materia educativa, e no artigo 1 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG do 4 de xullo).
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, foi modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, para a mellora da calidade educativa nalgúns aspectos concernentes ás ensinanzas de idiomas de réxime especial. Esta lei regula as ensinanzas de idiomas que se imparten nas escolas oficiais de idiomas como ensinanzas de réxime especial, e un dos principais obxectivos é o estudo dos idiomas europeos, así como o das linguas cooficiais do Estado. Esta lei establece no artigo 59 que as ensinanzas de idiomas se organizarán en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Así mesmo, o artigo 60.4 da dita lei dispón que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.
En consonancia co anterior, o Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, fixou as exixencias mínimas do nivel básico para os efectos de certificación e o currículo básico dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 dos idiomas impartidos nas escolas oficiais de idiomas.
Así mesmo, o Decreto 81/2018, do 19 de xullo, estableceu o currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.
A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, especifica que a Xunta de Galicia ditará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego, que é un obxectivo prioritario desta consellería.
Polo anteriormente exposto, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Formación Profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único. Oferta pública das escolas oficiais de idiomas
1. Facer pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas a partir do curso escolar 2022/23, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo
Autorízanse as persoas titulares da Dirección Xeral de Formación Profesional, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Secretaría Xeral de Política Lingüística para adoptaren todos os actos e medidas que sexan necesarias para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ANEXO
Provincia |
Concello |
Código centro |
Nome de centro |
Idiomas |
A Coruña |
A Coruña |
15023132 |
EOI da Coruña |
Alemán Árabe Chinés Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués Ruso Xaponés LAG Celga |
A Coruña |
Arteixo |
15023302 |
Sección de Arteixo IES Manuel Murguía |
Inglés |
A Coruña |
Carballo |
— |
Sección de Carballo Pazo da Cultura |
Alemán Francés Inglés |
A Coruña |
Cee |
15003224 |
Sección de Cee IES Fernando Blanco |
Inglés |
A Coruña |
Culleredo |
15005749 |
Sección de Culleredo IES Universidade Laboral |
Inglés |
A Coruña |
Melide |
15008817 |
Sección de Melide IES de Melide |
Inglés |
A Coruña |
Ferrol |
15026546 |
EOI Ferrol |
Alemán Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
A Coruña |
Cedeira |
15026376 |
Sección de Cedeira IES Punta Candieira |
Inglés |
A Coruña |
Pontes de García Rodríguez, As |
15021767 |
Sección das Pontes de García Rodríguez IES Castro da Uz |
Inglés |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
15032194 |
EOI de Santiago de Compostela |
Alemán Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
A Coruña |
Negreira |
15026391 |
Sección de Negreira IES Xulián Magariños |
Inglés |
A Coruña |
Noia |
15010812 |
Sección de Noia IES Virxe do Mar |
Francés Inglés |
A Coruña |
Ordes |
15027782 |
Sección de Ordes IES Nº1 |
Inglés |
A Coruña |
Ribeira |
15014568 |
Sección de Ribeira IES Nº1 |
Inglés |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
15027319 |
Sección de Santiago IES de Sar |
Inglés |
Lugo |
Lugo |
27015955 |
EOI de Lugo |
Alemán Chinés Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
Lugo |
Sarria |
27012036 |
Sección de Sarria IES Gregorio Fernández |
Inglés |
Lugo |
Monforte de Lemos |
27016421 |
EOI de Monforte de Lemos |
Alemán Francés Inglés Italiano |
Lugo |
Chantada |
27003151 |
Sección de Chantada IES Lama das Quendas |
Inglés |
Lugo |
Ribadeo |
27020690 |
EOI de Ribadeo |
Alemán Francés Inglés Italiano |
Lugo |
Viveiro |
27020628 |
EOI de Viveiro |
Alemán Francés Inglés Italiano |
Lugo |
Burela |
27013958 |
Sección de Burela IES Monte Castelo |
Inglés |
Ourense |
Ourense |
32016081 |
EOI de Ourense |
Alemán Español como lingua estranxeira Chinés Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
Ourense |
O Barco de Valdeorras |
32001725 |
Sección do Barco de Valdeorras IES Lauro Olmo |
Francés Inglés |
Ourense |
O Carballiño |
32015037 |
Sección do Carballiño IES Manuel Chamoso Lamas |
Inglés |
Ourense |
Celanova |
32016625 |
Sección de Celanova IES de Celanova |
Inglés |
Ourense |
Ourense |
32008941 |
Sección de Ourense IES Eduardo Blanco Amor |
Inglés |
Ourense |
Ribadavia |
32015475 |
Sección de Ribadavia IES de Ribadavia (Edificio Abrente) |
Inglés |
Ourense |
Verín |
32013582 |
Sección de Verín IES García Barbón |
Inglés |
Pontevedra |
Pontevedra |
36018689 |
EOI de Pontevedra |
Alemán Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |
Pontevedra |
A Estrada |
36002359 |
Sección da Estrada IES Antón Losada Diéguez |
Inglés |
Pontevedra |
Lalín |
36004137 |
Sección de Lalín IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Francés Inglés |
Pontevedra |
Pontevedra |
36006729 |
Sección de Pontevedra IES Valle Inclán |
Inglés |
Pontevedra |
Vigo |
36018941 |
EOI de Vigo |
Alemán Chinés Español como lingua estranxeira Francés Galego Inglés Italiano Portugués Xaponés LAG Celga |
Pontevedra |
Cangas |
36019475 |
Sección de Cangas IES de Rodeira |
Francés Inglés |
Pontevedra |
Nigrán |
36015184 |
Sección de Nigrán IES Escolas Proval |
Inglés |
Pontevedra |
Ponteareas |
36013692 |
Sección de Ponteareas IES Val do Tea |
Inglés |
Pontevedra |
Redondela |
36016656 |
Sección de Redondela IES Pedro Floriani |
Inglés |
Pontevedra |
Tui |
36009901 |
Sección de Tui IES San Paio |
Francés Inglés Portugués |
Pontevedra |
Vigo |
36011798 |
Sección de Vigo IES Alexandre Bóveda |
Francés Inglés Italiano |
Pontevedra |
Vilagarcía de Arousa |
36024598 |
EOI de Vilagarcía de Arousa |
Alemán Francés Galego Inglés Italiano Portugués LAG Celga |