Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO da aprobación de convocatoria e bases dunha praza de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 171, do 28 de xullo de 2022, publícanse a convocatoria e as bases que rexerán, polo sistema de oposición libre, o proceso selectivo dunha praza de auxiliar administrativo pertencente á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello do Vicedo.

O Vicedo, 29 de xullo de 2022

José Jesús Novo Martínez
Alcalde