Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente-e IN407A 2021/192-1).

Expediente-e: IN407A 2021/192-1.

Promotora:Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LAT 66 kV Bértoa-Carballo, segundo circuíto.

Concello: Carballo.

Feitos.

1. O 18 de outubro de 2021, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LAT 66 kV Bértoa-Carballo, segundo circuíto, coa finalidade de mellorar a instalación e calidade da subministración no concello de Carballo. Proxéctase a instalación dunha liña de alta tensión que enlazará a subestación Bértoa (IN407A 2011/29-1) coa subestación Carballo (IN407A 2020/129-1).

2. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LAT 66 kV Bértoa-Carballo, segundo circuíto, asinado por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 2.221 de Galicia, o 24 de setembro de 2021, con número de visado 20212925, do 28 de setembro de 2021.

– Proxecto de execución denominado anexo, asinado por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 2.221 de Galicia, o 17 de marzo de 2022, con número de visado 20220713, do 22 de marzo de 2022.

3. O/os proxectista/s realiza/n declaración responsable, segundo o establecido no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e a Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria (DOG de 19 de marzo).

4. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a presente instalación está exenta do trámite de información pública.

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

5. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo. Contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Carballo, Deputación Provincial da Coruña, Augas de Galicia, AXI, R-Cable, Telefónica, Nedgia e Jazztel.

UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse no concello de Carballo e as súas características técnicas son as seguintes:

LATS a 66 kV, de 3.811,67 m, condutor tipo Al 630+H165 mm2 Al, con orixe na posición 605 da subestación Bértoa (IN407A 2011/29-1) existente e remate na posición 609 da subestación Carballo (IN407A 2020/129-1).

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña