Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43098

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2022 polo que se modifica a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación en execución de sentenza.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación en execución da Sentenza 364/2019 do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 11.9.2019, pola que se lle recoñece o cambio de categoría a unha traballadora, xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, en execución de sentenza e por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de xullo de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de xullo de 2022, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, en execución da Sentenza 364/2019 do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 11.9.2019, pola que se lle recoñece o cambio de categoría a unha traballadora, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file