Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 20 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PS-DXIS-06-2021.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) emprázase a persoa interesada para proceder á notificación da proposta de resolución que se cita no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través de persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, Servizo de Coordinación Administrativa, situada na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida proposta de resolución, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar cantas alegacións e presentar os documentos e a información que xulgue pertinentes.

Vigo, 20 de xullo de 2022

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-06-2021.

Persoa interesada: NIE Z4340904.

Acto de notificación: proposta de resolución de expediente sancionador do 18.7.2022.

Órgano competente: órgano instrutor na Xefatura Territorial de Vigo.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.