Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2022, polo que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Farrapa II, sito nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento, S.L.U. (066-EOL).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2022, polo que se outorga a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Farrapa II, sito nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento, S.L.U. (066-EOL).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2022, polo que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións
relativas ao proxecto do parque eólico Farrapa II, sito nos concellos de
Abadín e A Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento, S.L.U. (066-EOL)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L.U., en relación coas autorizacións administrativas previa, de construción e declaración de utilidade pública do parque eólico Farrapa II, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 29 de xaneiro de 2007 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006 (DOG nº 102, do 30 de maio), admitiuse a trámite o parque eólico Farrapa II (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 20 MW.

Segundo. O 6.2.2007, Gamesa Energía, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico.

Terceiro. Mediante a Resolución do 18 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse a transmisión de titularidade do expediente administrativo do parque eólico, de Siemens Gamesa Renewable Energy Wind Farms a Norvento, S.L.U.

Cuarto. O 17.7.2020, Norvento, S.L.U presentou solicitude de modificación substancial para o proxecto denominado parque eólico Farrapa II (expediente 066-EOL) ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Quinto. O 19.1.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu o informe de referencia do artigo 33.4 da Lei 8/2009, en que indica o procedemento ambiental que se requirá e os organismos que se consultarán durante a fase de información pública.

Sexto. O 3.3.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m e se recollen os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.

Sétimo. O 16.3.2021, esta dirección xeral remitiulle a documentación técnica da modificación substancial do proxecto do parque eólico Farrapa II á Xefatura Territorial de Lugo para a continuación da tramitación.

Oitavo. Mediante o Acordo do 29 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, someteuse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo), (expediente 066-EOL).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 12 de maio de 2021 e no xornal El Progreso do 12 de maio. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Abadín e A Pastoriza), e nas dependencias da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xefatura Territorial de Lugo e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir, resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública, así como durante a tramitación do expediente, as cales se recollen no anexo deste acordo:

– Vulneración flagrante da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

– Impactos ambientais severos.

– Efectos acumulativos (aditivos, sumativos e globais) con parques eólicos próximos sen avaliar.

– Patrimonio cultural inmaterial sen avaliar.

– A totalidade das infraestruturas do proxecto eólico deberan estar incluídas para a súa consulta pública e avaliación global no presente documento de inicio e non noutros proxectos independentes, xa que se está a impedir á cidadanía a avaliación dos impactos ambientais globais do conxunto das infraestruturas do proxecto industrial.

– Actualmente, non existe normativa autonómica específica para regular a actividade eólica, xa que o Plan sectorial eólico de Galicia non está vixente.

– Preséntase a información pública un estudo de impacto ambiental que solo achega información bibliográfica, que ademais é incompleta, e ningunha información propia, sobre un dos grupos de fauna (quirópteros) que vai sufrir os impactos máis graves do conxunto do proxecto.

– Que se exixa ao promotor do proxecto a implementación dun programa de vixilancia ambiental rigoroso.

– Que se teña en conta que o Plan sectorial eólico de Galicia é un regulamento que non está adaptado á actual normativa de avaliación de impacto ambiental e que está desfasado, caduco e obsoleto e que carece de avaliación ambiental estratéxica.

– O rexeitamento das solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) en relación co proxecto do parque eólico Farrapa II, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (expediente 066-EOL), e a súa retirada definitiva pola súa incompatibilidade cos valores ambientais, patrimoniais, paisaxísticos e socioeconómicos presentes na área de afección do proxecto e a falla de licenza social.

– Que o estudo de impacto ambiental avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre: hábitats de conservación prioritaria, hábitats de interese comunitario e a paisaxe desde os miradoiros naturais máis coñecidos.

– Que o estudo de impacto ambiental avalíe a mortalidade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadenses, etc.) e nas liñas de evacuación e a adopción de medidas eficaces para mitigala.

– Que o estudo de impacto ambiental avalíe os impactos acumulativos e sinérxicos cos outros parques eólicos (autorizados ou proxectados, incluídas as repotenciacións), así como das restantes infraestruturas asociadas (tendidos eléctricos, subestacións, pistas de acceso, etc.), nun radio de 10-15 km.

– Vulneración da Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2003, relativa ao acceso do público á información ambiental, e do Convenio de Aarhus de 1998 sobre o acceso á información, a participación do público e o acceso á xustiza en materia de ambiente, que garanten o acceso público a información ambiental.

– Discrepancias sobre a titularidade de dúas parcelas identificadas na relación de bens e dereitos afectados (RBDA) polo proxecto do parque eólico.

Noveno. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, Cellnex Telecom, S.A., Concello de Abadín, Concello da Pastoriza, Deputación Provincial de Lugo, Axencia Turismo de Galicia, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Endesa Energía, Vodafone, Orange, Másmóvil Yoigo, Telefónica Movistar, e Viesgo.

De acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será dun mes desde a recepción da solicitude. De non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo. O 6.5.2021, a xefatura territorial emitiu informe en que indica que non existen dereitos mineiros vixentes afectados na área delimitada polas coordenadas perimetrais da poligonal do parque eólico Farrapa II.

Décimo primeiro. O 25.5.2021, a Deputación Provincial de Lugo emitiu un informe favorable condicionado ao cumprimento dos condicionantes técnicos relativos á instalación do parque eólico Farrapa II. Con data do 28.6.2021, o promotor presentou a súa conformidade.

Décimo segundo. O 2.6.2021, o Servizo de Montes de Lugo emitiu informe en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, en que indica que o proxecto afecta a:

• A CMVMC de Corda de Neda no Concello de Abadín.

• A CMVMC de Pico de Neda e Veiga de Pumariño (As Goás) no Concello de Abadín.

• A CMVMC de Pico de Neda (Cabaneiro) no Concello de Abadín.

Décimo terceiro. O 6.6.2021, Retegal S.A emitiu condicionado favorable á instalación do parque eólico Farrapa II. Con data do 7.7.2021, o promotor presentou a súa conformidade.

Décimo cuarto. O 7.6.2021, Telefónica Movistar emitiu condicionado favorable á instalación do parque eólico Farrapa II. Con data do 7.7.2021, o promotor presentou a súa conformidade.

Décimo quinto. O 11.6.2021, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou a instalación do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Décimo sexto. O 17.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Farrapa II (expediente 066-EOL), promovido por Norvento, S.L.U., e por Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Farrapa II (expediente 066-EOL), promovido por Norvento, S.L.U., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Décimo sétimo. O 8.11.2021, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil emitiu un informe favorable condicionado ao cumprimento dos condicionantes técnicos relativos á instalación do parque eólico Farrapa II. Con data do 25.11.2021, o promotor presentou a súa conformidade.

Décimo oitavo. O 2.9.2021, a Xefatura Territorial emitiu informe de referencia do artigo 33.16 da Lei 8/2009 relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.

Décimo noveno. O 16.9.2021, a Xefatura Territorial remitiu o expediente a esta dirección xeral para continuar coa tramitación do procedemento, de acordo co previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Vixésimo. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Axencia Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral do Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello de Abadín e Concello da Pastoriza.

Cuberta a tramitación ambiental, o 3.12.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 9 de decembro de 2021, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG nº 244, do 22 de decembro).

Vixésimo primeiro. O 3.3.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Corda de Neda, Pico de Neda e Veiga de Pumariño (As Goás), e Pico de Neda (Cabaneiro) de acordo co informe do Servizo de Montes de Lugo recollido no antecedente de feito décimo segundo, e concedéuselles un prazo de quince días para presentaren as alegacións que considerasen oportunas. Transcorrido o dito prazo, non se presentaron alegacións.

Vixésimo segundo. O 8.3.2022, Norvento, S.L.U. presentou a declaración responsable dos acordos alcanzados cos titulares dos bens e dereitos afectados, así como a relación dos titulares dos bens e dereitos afectados, cos cales non se chegou a acordos actualizada coa información das alegacións recibidas e os cambios de titularidade propostos derivados da investigación.

Vixésimo terceiro. O 11.4.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle ao promotor a documentación técnica refundida resultante como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública.

Vixésimo cuarto. O 12.5.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo do 11.5.2022, en relación ao artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que informou favorablemente sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais da modificación substancial do parque eólico Farrapa II.

Vixésimo quinto. O 18.5.2022, Norvento, S.L.U. presentou a documentación técnica refundida mencionada no antecedente de feito vixésimo terceiro.

Vixésimo sexto. O 31.5.2022, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe sobre o proxecto refundido do parque eólico.

Vixésimo sétimo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 20 MW, segundo o informe do xestor da rede do 15.10.2018.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo 1 deste acordo, e resumidas no antecedente de feito oitavo, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 3.12.2021, e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural, do Patrimonio Natural, de Emerxencias e Interior, e da Dirección Xeral de Saúde Pública, do Instituto de Estudos do Territorio, da Axencia Turismo de Galicia e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

3. Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública cabe remitirse ao indicado no antecedente de feito oitavo, en que se recollen as diferentes publicacións do Acordo do 29 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 12 de maio de 2021 e no xornal El Progreso do 12 de maio).

Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto da información pública estiveron a disposición de todas aquelas persoas interesadas nos concellos de Abadín e da Pastoriza e na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xefatura Territorial de Lugo e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial de Lugo.

Así mesmo, realizouse a notificación individual da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, aos titulares que figuraban na relación de bens e dereitos afectados.

4. As alegacións de carácter urbanístico, relativas á cualificación do solo correspondente aos terreos afectados, serán consideradas no momento de proceder á resolución da aprobación do proxecto de interese autonómico.

5. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, e publicouse o acordo no DOG do 15 de decembro de 1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3 de xaneiro de 2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Polo tanto este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

Cuarto. En relación coa compatibilidade entre o parque eólico e os dereitos mineiros que afectan á súa poligonal, a xefatura territorial emitiu informe o 6.5.2021 (antecedente de feito décimo). Neste último conclúese o seguinte:

• Non constan dereitos mineiros vixentes na provincia de Lugo na zona definida na documentación achegada.

• Non procede, en termos da vixente normativa en materia de minas, trámite de compatibilidade ningún.

Quinto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC de Corda de Neda, de Pico de Neda e Veiga de Pumariño (As Goás), e de Pico de Neda (Cabaneiro), o 12.5.2022, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remítelle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informe sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados, do 11.5.2022, realizado polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, que se transcribe a seguir:

«Finalizado o trámite de audiencia e sen ningún cambio no proxecto presentado e visto o informe do Distrito X, este servizo informa no sentido que non existen masas forestais de interese que resulten afectadas polo parque eólico Farrapa II.

Polo cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, infórmase favorablemente sobre a compatibilidade do parque eólico Farrapa II».

Sexto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Farrapa II, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 3.12.2021, e recollida no antecedente de feito vixésimo deste acordo:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Farrapa II, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que, exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Farrapa II.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Farrapa II, sito no concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo) e promovido por Norvento, S.L.U., para unha potencia de 20 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Farrapa II, composto polo documento proxecto de ejecución parque eólico Farrapa II, asinado polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro (colexiado nº 985/201 do Colexio Nacional de Enxeñeiros do ICAI) e visado no referido colexio co nº 0192/22, do 17.5.2022.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento, S.L.U.

Enderezo social: Ramón María Aller Ulloa, 23, 27003 Lugo.

Denominación: parque eólico Farrapa II.

Potencia instalada: 20 MW.

Potencia autorizada: 20 MW.

Produción neta: 81.695 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 4.085 horas.

Concellos afectados: Abadín e A Pastoriza (Lugo).

Orzamento de execución por contrata: 16.984.099,58 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, a que se circunscriben as autorizacións:

Vértice

poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

623.876

4.799.787

2

623.876

4.801.705

3

626.048

4.802.995

4

627.044

4.802.995

5

627.673

4.801.010

6

625.652

4.800.620

7

624.777

4.799.787

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

FAR1

624.095

4.800.810

FAR2

624.383

4.800.558

FAR3

624.548

4.800.237

FAR4

625.216

4.801.129

FAR5

625.207

4.800.669

Coordenadas da subestación do parque eólico:

Subestación

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

SUB

627.143

4.801.538

ENV A

627.099

4.801.557

ENV B

627.131

4.801.569

ENV C

627.157

4.801.557

ENV D

627.167

4.801.527

ENV E

627.126

4.801.513

ENV F

627.106

4.801.529

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 5 aeroxeradores de ata 4 MW de potencia nominal unitaria, de ata 114 m de altura de buxeiro, ata 155 m de diámetro de rotor e ata 180 m de punta de pa.

– 5 centros de transformación de ata 5.500 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, co seu correspondente equipamento de seccionamento, manobra e protección.

– Rede de media tensión soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores 0,69/30 kV e a subestación transformadora 30/132 kV, composta por 2 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV Al de distintas seccións (240-400 mm2).

– Subestación transformadora 30/132 kV, con edificio de control, para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador principal 30/132 kV, de 18,75/25 MVA ONAN/ONAF e un transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Van destensado de 65 m de lonxitude en condutor LA-280, de conexión entre o pórtico da subestación e o apoio existente da LAT 132 kV AP nº 35 LAT Sub. Mondoñedo-Sub. Meira/Sub. PE Farrapa I, Neda e Farrapa II.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, subestación, edificio de control, cimentacións, plataformas de aeroxeradores e gabias de cablaxe.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: (Corda de Neda, Pico de Neda e Veiga de Pumariño (As Goás), e Pico de Neda (Cabaneiro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 107.043 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

5. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por este acordo se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

6. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas neste acordo e as demais que sexan de aplicación.

7. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

8. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

10. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 3.12.2021, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO 1

Alegacións presentadas durante a tramitación do procedemento

Ismael Antonio López Pérez, en representación da Asociación Ambiental Petón do Lobo, o 22.5.2021, o 19.6.2021, o 4.9.2021 e o 22.12.2021; Pedro Rodríguez López, o 22.5.2021; Carlos Penedo Casmartiño, o 24.5.2021; Sociedade Galega de Historia Natural, o 27.5.2021; Miguel Varela Portas Castro, o 3.6.2021; Juan Jesús Juncal Caldas, o 10.6.2021; María Durán Beloso, en representación da Asociación Amigos da Terra, o 16.6.2021; Alicia López Pardo, o 22.6.2021; Asociación Española para a Conservación dos Morcegos (Secemu), o 24.6.2021 e o 11.8.2021; e María Pilar Seijo Leiras, o 25.8.2021.

ANEXO 2

Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Farrapa II

Nº parcela

Titular proposto

Parcela

Afeccións (m2)

Nome

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo (aero)

Servidume de voo (van)

Outras afeccións

Referencia catastral

Pol.

Parc.

Zap.-plat.

Sub.

Vial/vial-gabia

Gabia

OT

Concello de Abadín

1

González Oseira, Enriqueta

27001B503002650000UH

503

265

Barranca

Prado

 

 

 

 

 

 

151

2

Lorenzo Grandío, María Norma

27001B502001870000UE

502

187

Chao da Corda

Prado

 

 

 

 

 

 

162

Lorenzo Grandío, Adicta

Lorenzo Grandío, Oliva

3

Paz Paz, Darío

27001B502001830000UD

502

183

As Abelairas

Prado

 

 

 

 

 

 

67

4

García López, María Pilar

27001B502001840000UX

502

184

Fonte Sapo

Prado

 

 

 

 

 

 

285

5

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (entidade xestora do Banco de Terras de Galicia)

27001B502001400000UP

502

140

Chao do Rei

Prado

 

4.841

 

 

 

666

 

Lozano Prado, José Manuel
(arrendatario)

Barja Folgueira, Elia
(arrendataria)

6

Lozano Prado, José Manuel

27001B501000090000UR

501

9

Porto Coba

Prado

 

 

 

1.183

 

 

 

Barja Folgueira, Elia

7

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001A043000990000FO

43

99

A Corda

Prado

 

 

 

 

 

 

2.376

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

8

Lamela Gaute, María José

27001C502001810000QK

502

181

Campo Verde

Prado

 

 

2.215

 

3.178

 

764

Lamela Gaute, José María

Lamela Gaute, María Sagrario

10

Sistemas Energéticos Serra de Lourenzá, S.A.

27001C502001790000QR

502

179

O Campo Verde

Monte baixo

 

 

80

 

849

 

 

11

Pedreira Pedreira, Raimundo

27001C502001780000QK

502

178

O Campo Verde

Monte alto

 

 

 

 

18

 

22

Gómez Aira, María Carmen

12

Lende Vidal, María del Pilar

27001C502001770000QO

502

177

O Campo Verde

Monte baixo

 

 

87

 

 

 

 

13

Lamela Gaute, María José

27001C502001740000QT

502

174

Fonte Faixal

Monte alto

 

 

567

1.193

685

 

 

Lamela Gaute, José María

Lamela Gaute, María Sagrario

14

Coira Requeijo, Claudio

27001C502001760000QM

502

176

Curro da Corda

Monte alto

 

 

652

 

 

 

 

15

Herdeiros de Souto Gaute, Santiago

27001C502001750000QF

502

175

Campo Verde

Monte alto

 

 

236

 

 

 

 

Herdeiros de Souto Gaute, Salvador

16

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001A041001220000FI

41

122

A Corda

Prado

 

 

 

834

300

 

 

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

17

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001A041001200000FD

41

120

A Corda

Prado

 

 

 

241

 

 

 

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

18

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001A041001180000FX

41

118

A Corda

Prado

85

 

 

 

891

 

1.448

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

19

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001C502001730000QL

502

173

A Corda

Prado

4.361

 

1.303

495

10.206

 

864

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

20

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001C502001720000QP

502

172

A Corda

Prado

 

 

 

 

327

 

 

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

21

Coira Requeijo, Claudio

27001C502001670000QG

502

167

Prado da Corda

Monte alto

 

 

 

484

 

 

 

22

Rivas Goás, Estrella Ramona

27001B501000300000UB

501

30

Creixal

Monte alto

 

 

 

1.184

 

 

 

Gaute Rivas, Armando

Gaute Rivas, María del Pilar

Gaute Rivas, María José

23

Herdeiros de Pardiño Castiñeira, Escelina

27001B501000850000US

501

85

Os Melaos

Monte baixo

 

 

 

14

 

 

 

24

Rodríguez García, Amadora

27001A053000920000FT

53

92

As Costas de Abadín

Monte baixo

 

 

 

 

331

 

 

25

Iglesias Fernández, María Yolanda

27001A053000930000FF

53

93

Costa de Abadín

Monte baixo

 

 

 

 

2.500

 

 

26

Descoñecido

27001A053000940000FM

53

94

Costa de Abadín

Monte baixo

 

 

 

 

395

 

 

27

Descoñecido

27001A053001650000FI

53

165

Costa de Abadín

Monte baixo

 

 

 

 

1.352

 

 

28

López Rico, Alicia

27001A053000140000FW

53

14

O Curro da Carballa

Prado

 

 

 

 

1.303

 

 

29

Oseira Lorenzo, Tomás

27001A053000150000FA

53

15

Curro de Riba

Prado

593

 

 

 

2.732

 

1.410

30

Sistemas Energéticos Mondoñedo-Pastoriza, S.A.

27001A053000160000FB

53

16

O Curro dos Chaos

Monte baixo

3.347

 

65

 

2.869

 

31

31

Seijo Leiras, María Pilar

27001A053001600000FO

53

160

Prado dos Chaos

Monte alto

 

 

1.361

 

388

 

418

32

Rey Souto, Jaime

27001A053000170000FY

53

17

Chao Grande

Prado

 

 

1.319

 

1.943

 

 

Barrela Vázquez, María Hilda

34

Iglesias Fernández, María Yolanda

27001A053000190000FQ

53

19

Curro Medio

Prado

 

 

231

 

 

 

 

35

Pardo Insua, María Cruz

27001A053000200000FY

53

20

Chaos do Cabaneiro

Monte alto-
monte baixo

 

 

247

 

1.901

 

 

36

Iglesias Fernández, María Yolanda

27001A053000210000FG

53

21

Curro de Riba dos Chaos

Prado

 

 

107

 

3.984

 

 

37

Expósito López, José Jandito

27001A053000220000FQ

53

22

Chaos

Prado

3.647

 

831

 

4.700

 

1.700

38

Rey Souto, Jaime

27001A053001520000FP

53

152

Chaos

Prado

 

 

1.255

 

2.918

 

1.144

Barrela Vázquez, María Hilda

39

Rodríguez Portela, María del Carmen

27001A053000230000FP

53

23

Roza dos Chaos

Monte baixo

 

 

360

 

 

 

 

40

Rego Souto, Emilio

27001A053000240000FL

53

24

Monte Rocha

Monte baixo

 

 

407

 

 

 

 

41

Rey Barrela, José

27001A053000480000FB

53

48

Roza da Capilla

Prado

 

 

122

 

 

 

 

Rodríguez París, Tania

42

Oseira Lorenzo, Albino

27001A053001530000FL

53

153

Capilla

Prado

 

 

128

 

 

 

 

43

Herdeiros de Basanta Ares, José

27001A053000510000FB

53

51

Roza da Capilla

Prado

 

 

238

 

 

 

 

44

Barrela Vázquez, María Hilda

27001A053000520000FY

53

52

Curro de Riba

Prado

 

 

279

 

 

 

 

45

Herdeiros de Basanta Ares, José

27001A053000530000FG

53

53

A Roza

Prado

 

 

624

 

 

 

 

46

Iglesias Fernández, Argimiro Faustino

27001A053000550000FP

53

55

Villagala

Monte baixo

 

 

246

 

 

 

 

47

Díaz Reinante, Elvira

27001A053000560000FL

53

56

Cadaval

Monte baixo

 

 

339

 

 

 

 

48

Iglesias Méndez, Antonia

27001A053000570000FT

53

57

Roza Moura

Monte baixo

 

 

1.406

 

1.815

 

 

Herdeiros de Iglesias Méndez, Basilisa

49

González Rivas, Amadeo

27001A053001440000FA

53

144

Roza Moura

Monte baixo

 

 

4

 

 

 

 

Díaz Carracedo, Albina

Díaz Otero, Maribel

Otero Bouso, Josefa

50

González Rivas, Amadeo

27001A053001110000FW

53

111

Roza Moura

Monte baixo

 

 

71

 

 

 

 

Díaz Carracedo, Albina

Díaz Otero, Maribel

Otero Bouso, Josefa

51

Lende Pardiño, Manuel Raúl

27001A053001120000FA

53

112

Curro da Corda

Monte baixo

 

 

698

 

 

 

98

Anello Balseiro, María Carmen

52

Seijas Leiras, Raimundo

27001A053001130000FB

53

113

O Curro da Corda

Monte baixo

 

 

1.441

 

1.997

 

562

53

Barrela Vázquez, María Hilda

27001A053001140000FY

53

114

Roza Moura

Prado

1.673

 

387

 

4.207

 

412

56

Verdes Fernández, María de los Ángeles

27001A053001180000FL

53

118

Cadaval

Monte baixo

 

 

27

 

 

 

 

57

Lende Pardiño, Manuel Raúl

27001A053001190000FT

53

119

Cadaval

Monte baixo

 

 

605

 

 

 

 

Barro Pedreira, Maria del Carmen

58

Rivera de Soto, José María

27001A053001200000FP

53

120

Cadaval

Monte baixo

 

 

954

 

 

 

 

59

Verdes Fernández, María Ángeles

27001A053001210000FL

53

121

Cadaval

Monte baixo

 

 

374

 

 

 

 

Afeccións en pleno dominio

– Zap.-plat.: zapata-plataforma aeroxeradores.

– Sub.: subestación.

Afeccións por servidume de paso:

– Vial/vial-gabia: servidume de paso dos viais.

– Gabia: servidume de paso soterrado de enerxía eléctrica.

Afeccións por servidume de voo: afeccións por servidume de voo.

Outras afeccións:

– OT: ocupación temporal.