Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 10 de agosto de 2022 Páx. 43449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Rubiá.

Mediante o Acordo do 29.6.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida á información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Rubiá (expediente IN407A 2022/91-3), a cal foi publicada no DOG do 22 de xullo de 2022, realizándoselles ao mesmo tempo a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na rúa Curros Enríquez nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 28 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/91-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LAT, 132 kV, San Martín-Carucedo DAR AP.100.

Termo municipal: Rubiá.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: A Pinguela.

Cultivo: monte alto.

Titulares: hrdos. de Aurora Fernández Núñez.

Afeccións: apoio núm. 100N, cunha superficie de ocupación de 13,39 m².