Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: regulamentación SDM711 do apoio A2UV1VW3//D54-11 ao A2W6FL8U//54-15.
Situación: Vigo.
Características técnicas: substitución de catro apoios con matrícula A2UV1VW3//D54-11, A2V59RJF//D54-12, A2VSGIBS//D54-14 e A2W6FL8U//D54-15 por tres apoios metálicos tipo C-1000-14 e un apoio metálico tipo C-1000-16. Retirada do apoio existente con matrícula A2VOPAXD//D54-13. Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56 de 434 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A2ULB671//D54-10 e final no apoio proxectado A2W6FL8U//D54-15. As instalacións están situadas no lugar de Cedeiras, na parroquia de Sárdoma, no concello de Vigo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 18 de xullo de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2022/126-4.
Denominación: regulamentación SDM711 do apoio A2UV1VW3//D54-11 ao A2W6FL8U//54-15.
Concello: Vigo.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m2 |
|||||
1 |
Cerdeiras |
Viña |
54057A030002070000AK |
María del Pilar Álvarez Simón |
A2UV1VW3//D54-11 |
2 |
2 |
Cerdeiras |
Prado |
54057A030002160000AE |
Carmen Costa Iglesias |
A2V59RJF//D54-12 |
2 |
3 |
Sanín |
Prado |
54057A030001560000AS |
Rosa Vilar Iglesias |
A2VSGIBS//D54-14 |
2 |
4 |
Bandeira |
Prado |
54057A029004870000AI |
Hdos. Manuel Estévez |
A2W6FL8U//D54-15 |
2 |