Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 43875

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 30 de marzo de 2022, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial, e convocar para o ano 2022 as ditas actuacións en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes de axuda e, se é o caso, préstamo, comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Terceiro. O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Liña

Ano 2022

Ano 2023

Ano 2024

2017 00014

06.A1.741A.7701

Axudas e tramos non reembolsables de préstamos aos proxectos de investimento empresarial xerais

300.000 €

1.200.000 €

1.500.000 €

Axudas e tramos non reembolsables de préstamos aos proxectos de investimento no sector de aloxamento

Axudas e tramos non reembolsables de préstamos aos proxectos de investimento en equipamento produtivo

300.000 €

3.300.000 €

400.000 €

06.A1.741A.8310

Tramos reembolsables dos préstamos

1.000.000 €

2.500.000 €

500.000 €

No caso de esgotamento do crédito dunha das liñas da partida orzamentaria 06.A1.741A.7701, incrementarase co remanente da outra, se o houber, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape publicada para o efecto.

De igual xeito, no caso de esgotamento dalgunha das liñas da partida orzamentaria 06.A1.741A.8310 (ben a da presente convocatoria ou a da convocatoria da liña de préstamos directos para o financiamento empresarial) incrementarase co remanente da outra, se o hoube, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape publicada para o efecto.

Así mesmo, o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 3 meses desde a data de presentación de solicitude de axuda e, se é o caso, de préstamo. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de setembro de 2024.

A beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda ou, se é o caso, de liquidación da parte non reembolsable do préstamo, dentro do prazo de xustificación fixado na resolución de concesión. Para estes efectos:

– Imputaranse á anualidade 2022 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación, remate ata o 30 de setembro de 2022, así como os tramos non reembolsables dos préstamos que sexan dispostos no exercicio 2022. Os gastos executados a partir do 1 de outubro de 2022 poderán impultarse con cargo á xustificación da anualidade 2023.

– Imputaranse á anualidade 2023 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación, remate ata o 29 de setembro de 2023, así como os tramos non reembolsables dos préstamos que sexan dispostos no exercicio 2023. Os gastos executados a partir do 30 de setembro de 2023 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2024.

– Imputaranse á anualidade 2024 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación e de solicitude de cobramento ou liquidación, remate ata o 30 de setembro de 2024.

O prazo para solicitar a disposición do préstamo determinarase na resolución de concesión para cada caso, e non poderá superar o 30 de novembro de 2023. O tramo non reembolsable terá a consideración de pagamento anticipado de subvención.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial

O Igape, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúen a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

O obxecto das axudas e dos préstamos regulados nestas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, e coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Para alcanzar estes obxectivos, o Instituto Galego de Promoción Económica entende que as ditas medidas de estímulo deben coordinarse coas xa implementadas polo Estado mediante a Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais e o seu regulamento, modificado mediante o Real decreto 303/2015, do 24 de abril, así como o Real decreto 304/2015, do 24 de abril, polo que se modifica o Real decreto 161/2008, do 8 de febreiro, polo que se delimita a zona de promoción económica de Galicia que, na actualidade, está a ser obxecto de revisión como consecuencia da entrada en vigor, o 1 de xaneiro de 2022, das novas directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para o período 2022-2027, e da aprobación, por parte da Comisión Europea, o pasado 17 de marzo de 2022, do novo Mapa de España de axudas rexionais para o citado período.

Os apoios diríxense ás pequenas e medianas empresas pola súa función decisiva na creación de emprego e por constituír un factor de estabilidade social e de desenvolvemento económico, así como polas especiais dificultades para acceder ao capital e ao financiamento.

Por outra banda, respectando a horizontalidade, as axudas focalízanse nos sectores industriais ou vinculados á industria, con maior capacidade de xerar valor engadido e de provocar un efecto tractor sobre o resto de actividades.

As presentes bases reguladoras incorporan novidades importantes respecto ás dos exercicios precedentes, destacando as seguintes:

– Rebaixouse o límite superior de investimento subvencionable, con respecto a convocatorias anteriores, de 2.000.000 € a 900.000 €, co obxectivo de dar perfecto cumprimento ao criterio de complementariedade cos incentivos rexionais estatais, programa que establece o límite inferior de investimento subvencionable dos proxectos nos citados 900.000 €.

– Fíxose unha clasificación dos tipos de proxectos en función do seu grao de complexidade e características. Así, as axudas a proxectos máis sinxelos (proxectos de ampliación de capacidade consistentes exclusivamente na adquisición de un ou varios equipos produtivos) poderán ser resoltas a un mellor ritmo e sen agardar á resolución das axudas a outros proxectos de maior complexidade, xeralmente intensivos en obra civil, que habitualmente requiren de numerosas aclaracións e ampliacións de información posteriores á presentación da solicitude. Separouse, así mesmo, a categoría dos investimentos en establecementos de aloxamento, por ter unhas características claramente diferenciadas ao resto.

– As solicitudes de axuda presentadas ao abeiro destas bases, que teñan un investimento subvencionable superior a 500.000 €, poderán tramitar conxuntamente no mesmo expediente unha solicitude de préstamo parcialmente reembolsable para o financiamento do proxecto. Estes préstamos terán un tramo reembolsable e outro non reembolsable. O tramo non reembolsable o constituirá a subvención concedida en aplicación das presentes bases, e será disposto mediante o seu pagamento anticipado.

Con carácter xeral, as presentes bases ampáranse nas novas directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para o período 2022-2027, que non incorporan cambios substanciais con respecto ás do anterior marco, pero si permiten incrementar a intensidade de axuda en 5 puntos porcentuais na Comunidade Autónoma de Galicia, designada como zona «c» non predeterminada no Mapa de España de axudas rexionais aprobado para o citado período. Ampáranse, así mesmo, no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE.

O 8 de abril de 2022 foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, establecendo o marco de desenvolvemento da política de I+D+i de Galicia neste período. Os seus obxectivos estratéxicos céntranse na configuración dun ecosistema de innovación máis integrado, a procura dun equilibrio entre o nivel de exixencia requirido para a investigación e a aplicabilidade exixida pola innovación empresarial próxima ás necesidades do mercado, o pulo ao desenvolvemento das cadeas de valor estratéxicas para Galicia, o desenvolvemento das capacidades das persoas con especial enfoque na atracción e retención do talento e o impulso á Marca Galicia que permita acadar investimento privado e situar Galicia no mundo. Os proxectos que persigan obter a condición de innovadores ao abeiro destas bases reguladoras e da correspondente convocatoria deberán encadrarse dentro do marco da RIS3 de Galicia 2021-2027.

Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións e, se é o caso, préstamos, outorgaranse a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados o que, de ser o caso, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de investimento empresarial que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases, se poida levar adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables e, se é o caso, financiables, poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

Sección 1ª. Obxecto, procedemento, persoas beneficiarias, actividades, proxectos e conceptos subvencionables, e requisitos da solicitude

Artigo 1. Obxecto, modalidades e tipoloxías de proxectos obxecto de apoio

1. Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas e, se é o caso, de préstamos parcialmente reembolsables, para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

I.2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.

I.3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

No anexo I ás presentes bases desenvólvense, nun cadro de especificacións, os requisitos, condicións e características de cada unha destas modalidades.

2. Tipoloxías de proxectos obxecto de apoio.

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das tipoloxías de proxecto subvencionables establecidas na epígrafe A.1) do cadro de especificacións, para cada unha das modalidades incluídas no anexo I.

Así mesmo, deberán cumprir os requisitos específicos establecidos, para cada tipoloxía de cada modalidade do anexo I, na epígrafe A.2) do cadro de especificacións.

3. Dimensión do proxecto de investimento e acumulación de solicitudes:

O importe do investimento subvencionable dos proxectos para os que se solicita a axuda e, se é o caso, préstamo, deberá estar incluído dentro dos límites indicados para cada modalidade do anexo I, na epígrafe A.3) do cadro de especificacións.

No caso de que o investimento subvencionable dunha solicitude, determinado logo do cumprimento dos demais requisitos establecidos nas presentes bases, supere o límite máximo fixado na epígrafe A.3) do cadro de especificacións para cada modalidade do anexo I, para os efectos da concesión, axustarase o investimento subvencionable a esa contía máxima.

As pemes interesadas poderán presentar un máximo de dúas solicitudes de axuda ao abeiro das liñas reguladas nas presentes bases reguladoras. En todo caso, o importe de investimento subvencionable acumulado para todas as solicitudes dun mesmo solicitante nesta convocatoria non excederá o 1.200.000 €. Para estes casos, será aplicable, cando proceda, o previsto no parágrafo anterior, e a contía máxima acumulada a que será axustado o investimento subvencionable será a de 1.200.000 €.

Artigo 2. Procedemento

1. O procedemento de concesión destas subvencións e préstamos tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións ou préstamos por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007).

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas e préstamos son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 13 destas bases.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. Antes de conceder e pagar a axuda, deberá constar no expediente unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.

2. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

No caso das agrupacións, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído segundo o disposto no artigo 5.2 das presentes bases.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Para estes efectos, poderán ter a condición de beneficiarias as empresas que non se atopaban en situación de crise o 31 de decembro de 2019, pero pasaron a ser empresas en crise no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2021, salvo que a causa da situación de crise se refira a que a solicitante se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos na normativa nacional aplicable para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

d) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei.

4. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 18 do artigo 2, do Regulamento (UE) nº 651/2014, coas limitacións previstas na letra c) do punto 3 anterior, para considerar unha empresa en crise.

Artigo 5. Actividades subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos proxectados para o desenvolvemento das actividades relacionadas, para cada modalidade do anexo I, na alínea B) do cadro de especificacións.

2. De acordo coa normativa aplicable, en todo caso, exclúense as seguintes actividades:

a) As recollidas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1388/2014 da Comisión, do 16 de decembro de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas a empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

b) As actividades de produción e primeira comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea en produtos agrícolas enumerados no dito anexo I.

c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas e a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

Artigo 6. Investimento subvencionable

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, que estean vinculados ao proxecto para o que se solicita a axuda e, se é o caso, o préstamo, e que se materialicen nos conceptos que se relacionan para cada modalidade do anexo I, na alínea C) do cadro de especificacións.

2. Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente na alínea C) do cadro de especificacións do anexo I.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade pola beneficiaria, admitíndose, como excepción e de xeito expreso, a obra civil en terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados nos casos en que así se prevexa na alínea C) do cadro de especificacións do anexo I. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da beneficiaria antes do remate do prazo de execución do proxecto, e deberá constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

• Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

• Os custos de traslado de bens equipo que xa sexan propiedade da empresa.

• Os custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.

• A adquisición das instalacións en que a solicitante viña desenvolvendo a súa actividade en réxime de aluguer ou dereito de uso de calquera tipo.

Artigo 7. Condicións dos proxectos

1. A beneficiaria deberá realizar unha aportación financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.

Non se consideran exentos de apoio público, entre outros, os préstamos bonificados, os préstamos de valores ou capital públicos, as participacións públicas que non cumpran o principio de investidor nunha economía de mercado, as garantías estatais que conteñan elementos de axuda ou o apoio público outorgado dentro do ámbito da norma de minimis.

2. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento da empresa de modo que esta non emprendería o proxecto obxecto de solicitude sen a axuda, ou que só a emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación en que a empresa incorrería en calquera caso.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda e, se é o caso, de préstamo. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención e, se é o caso, préstamo, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

3. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión. Este prazo estará baseado no proposto polo solicitante no plan de investimentos e, con carácter xeral, rematará dentro dos 12 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión, sen que poida exceder a data establecida para o efecto na resolución de convocatoria. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

4. Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases), a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, excepto que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referise á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas no poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, errores idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

5. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Todos os elementos do investimento proxectados deberán estar vinculados e responder á tipoloxía de proxecto para a que se solicita a axuda. Non serán subvencionables os elementos non relacionados ou que non contribúan á dita tipoloxía.

7. Os proxectos deberán estar vinculados a unha das actividades subvencionables establecidas nas presentes bases reguladoras.

No caso de establecementos en que a solicitante desenvolva ou vaia desenvolver máis dunha actividade económica, soamente serán subvencionables os investimentos vencellados á actividade para a que se propón o proxecto, a cal deberá ser subvencionable e non terá por que ser, necesariamente, a actividade principal que desenvolva a empresa.

Cando un ou varios elementos integrantes do proxecto estea ou estean vencellados a máis dunha actividade da empresa, para os efectos de determinar o investimento subvencionable, considerarase exclusivamente o importe proporcional á vinculación do elemento en cuestión á actividade subvencionable para a que se propón o proxecto. Nestes casos:

a) Se o concepto de investimento é obra civil, construción ou reforma, ou adquisición de edificacións, e están claramente diferenciados os metros cadrados asignados a cada actividade, para os efectos de determinar o investimento subvencionable deste concepto aplicarase a proporción de metros cadrados correspondentes á actividade subvencionable.

b) Se o concepto de investimento é obra civil, construción ou reforma, ou adquisición de edificacións, e non están claramente diferenciados os metros cadrados ou corresponden a zonas comúns, considerarase subvencionable o importe do investimento proporcional á porcentaxe de facturación da empresa que supoña a actividade subvencionable nese establecemento.

c) Para os restantes elementos integrantes do proxecto de uso non exclusivo para a actividade subvencionable, considerarase subvencionable o importe do investimento proporcional á porcentaxe de facturación da empresa que supoña a actividade subvencionable nese establecemento.

8. Os proxectos deberán esta vinculados a un único establecemento e a un único titular. Non serán subvencionables os investimentos que vaian ser utilizados por empresas distintas á solicitante ou noutros establecementos, salvo no previsto nas excepcións previstas nos dous seguintes parágrafos.

Poderá ser subvencionable a adquisición de «útiles para provedores», entendidos estes como máquinas, ferramentas ou equipos e aplicacións informáticas conexas, non para o uso da solicitante no establecemento, senón para poñelos á disposición de provedores seleccionados para a produción de produtos por parte do provedor que servirán como materias primas ou produtos intermedios no proceso de produción da solicitante. Estes activos serán propiedade da empresa solicitante, pero póñense á disposición do provedor para as tarefas e nas condicións definidas nun contrato de subministración ou acordo similar.

Igualmente poderá ser subvencionable a adquisición de equipamento para cuxa utilización sexa necesaria e imprescindible a súa instalación nos establecementos dos clientes da solicitante. Estes activos serán propiedade da empresa solicitante e soamente localizaranse nas instalacións do cliente mentres permaneza vixente a súa relación comercial.

9. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Artigo 8. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As persoas interesadas solicitantes de axuda poderán solicitar, adicionalmente, un préstamo parcialmente reembolsable para o financiamento do proxecto, mediante a formalización das epígrafes correspondentes dentro do formulario de solicitude. Nestes casos, a solicitude será conxunta e o expediente será único.

2. Forma e lugar de presentación das solicitudes:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, coas limitacións previstas na letra c) do punto 3 do artigo 4 das presentes bases reguladoras.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

e) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, se é o caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, e poderanse impoñer as seguintes sancións:

1. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2. Cando o importe do prexuízo económica correspondente á infracción exceda dos 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do punto 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, os infractores poderán ser sancionados, ademais:

i. Coa perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou outros entes públicos.

ii. Coa prohibición durante un prazo de ata cinco anos para celebrar contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii. A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

f) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable aa beneficiaria en cada caso.

i) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de 5 ou 3 anos segundo o establecido no artigo 30.1.a) das bases reguladoras.

j) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

3. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización do dito prazo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se lles terá por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.

4. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá, necesariamente, anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento deberá estar asinado electronicamente por cada un dos autorizantes.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación relacionada para cada modalidade do anexo I, na alínea E) do cadro de especificacións.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitarlle de maneira motivada que presente unha copia autenticada electrónica.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

i) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e da creación do emprego.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo II) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Sección 2ª. Regulación específica das subvencións aos proxectos de investimento empresarial

Artigo 12. Réxime de aplicación

As axudas reguladas nestas bases ampáranse no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014) e, en particular, no seu artigo 14, que regula as axudas rexionais ao investimento.

Artigo 13. Contía da axuda

A contía da axuda será a indicada para cada modalidade do anexo I, na alínea D) do cadro de especificacións.

Non se concederá unha axuda superior á solicitada no formulario de solicitude.

Artigo 14. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Investimento do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Investimento é o órgano competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 15. Instrución dos procedementos

1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos á solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada. Logo do informe dos servizos técnicos, as solicitudes serán avaliadas por un comité de avaliación formado pola persoa titular da Dirección da Área de Investimento, a persoa titular da Subdirección de Investimento e a persoa técnica responsable do Programa. Así mesmo, poderanse convocar o persoal dos servizos técnicos, representantes das consellerías sectoriais, así como persoas técnicas especializadas.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer:

a) Se a documentación non achegada corresponde á exixida para o expediente administrativo, terase por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

b) Se a documentación non achegada corresponde á relativa aos investimentos, detraerase ou axustarase, segundo corresponda, o importe dos investimentos afectados para os efectos da determinación do investimento subvencionable.

c) Se a documentación non achegada corresponde á acreditación dos criterios baremables, non se obterá puntuación ningunha nos correspondentes criterios.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, xustificadamente, poderá requirirse a solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, en que se indicarán as causas desta.

5. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 16. Resolución

1. A Área de Investimento do Igape ditará proposta de resolución con base neste procedemento, e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, que resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan á entidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 17. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, se for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Investimento, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Sección 3ª. Regulación específica dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial

Artigo 18. Réxime de aplicación

Os préstamos parcialmente reembolsables ampáranse no Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo), e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro), que habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

Artigo 19. Requisitos para a súa solicitude

Adicionalmente aos demais requisitos establecidos nas seccións 1ª e 2ª anteriores, así como na presente sección, poderán solicitar o préstamo parcialmente reembolsable as persoas solicitantes que acometan un proxecto un investimento subvencionable igual ou superior a 500.000 €.

Artigo 20. Características dos préstamos

1. Características do préstamo: os préstamos concedidos contarán cun tramo reembolsable e outro non reembolsable. O tramo non reembolsable constituirao a subvención concedida ao abeiro das presentes bases, e cobrarase por anticipado coa disposición do préstamo.

Preverase a posibilidade de solicitar e realizar varias disposicións. As distintas disposicións atenderán ao ritmo de execución do proxecto subvencionado e financiado.

Os anticipos do tramo non reembolsable ou subvención concederanse mediante resolución motivada e non superarán o importe previsto en cada anualidade orzamentaria, de acordo co indicado no artigo 63.1.dous do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

2. Importe do financiamento: a suma dos tramos reembolsable e non reembolsable (subvención) será, como máximo, do 75 % do investimento subvencionable.

3. Duración e reembolso: o tramo reembolsable será reintegrable nun prazo que, axustado ao plan económico-financeiro presentado pola solicitante, non exceda os 12 anos, dentro dos que poderase incluír un período de carencia na amortización do principal. O tramo non reembolsable será amortizado coa liquidación da axuda, conforme o establecido no artigo 32 destas Bases.

4. Tipo de xuro: será fixo, determinado conforme o establecido no anexo IV destas bases, sen que en ningún caso o tipo resultante sexa inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme a seguinte fórmula:

(C ×R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual que se pagará trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude do contrato de préstamo, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

5. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas en función da dispoñibilidade da prestataria e das características do proxecto. O tramo non reembolsable, que terá a consideración de subvención cobrada anticipadamente, estará exento de presentación de garantías con base no punto 4 do artigo 67 do Decreto 11/2009, sen perxuízo de que se poida prever unha colateralización conxunta co tramo reembolsable.

6. Reembolso anticipado voluntario: a beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira, con anterioridade ao seu vencemento, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

7. Liquidación: os pagamentos da beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras, serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben, mediante domiciliación na conta que a beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar debidamente cuberto o formulario Orde de domiciliación de débito directo SEPA que se incorpora no anexo IX. As liquidacións periódicas dos importes para ingresar ou para cargar na conta de domiciliación, serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, ao enderezo de correo electrónico sinalado no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá a titular da obriga de pagamento nos prazos establecidos. O pagamento da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros de mora conforme o pactado no contrato de financiamento.

8. Dereito privado: os contratos mediante os que se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado.

Artigo 21. Custo do financiamento

Os préstamos previstos nestas bases reguladoras obrigarán a beneficiaria ao pagamento de xuros sobre a débeda viva, ata o total reembolso, calculados a un tipo determinado conforme á Comunicación da Comisión Europea de revisión do método de fixación de tipos de referencia e actualización 2008/C 14/02 (DOCE 19 de xaneiro), con base na cualificación de risco de crédito da titular e das garantías que o Igape tome, de acordo coa metodoloxía descrita no anexo IV.

Artigo 22. Criterios de selección de proxectos

1. Os proxectos que cumpran as condicións e requisitos previstos nos artigos anteriores serán avaliados conforme os seguintes criterios:

a) Cualificación do risco de crédito: conforme a metodoloxía de avaliación descrita no anexo V, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: «excelente (AAA-A)», «boa (BBB)», «satisfactoria (BB)», «deficiente (B)», ou «mala/dificultades (CC)».

b) Cualificación da garantía, conforme os criterios descritos no anexo VI, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: «alta», «normal» e «baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas na letra a) do punto anterior, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos no citado anexo V. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos, o préstamo será denegado.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no punto anterior deste artigo serán aprobadas por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 23. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión do préstamo será a Área de Investimento do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Investimento é o órgano competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

A competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación e logo da autorización do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 24. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos de solicitude conxunta de axuda e de préstamo rexeranse polo previsto no presente artigo.

2. As solicitudes serán avaliadas polos servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos á solicitante e ao proxecto declarados na solicitude, no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que para a cualificación do risco de crédito se poida solicitar información da solvencia da solicitante e dos seus avalistas, para o que se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, a Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que, se é o caso, participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

3. Logo do informe dos correspondentes servizos técnicos, a parte da solicitude correspondente á axuda ao investimento será avaliada por un comité de avaliación formado pola persoa titular da Dirección da Área de Investimento, a persoa titular da Subdirección de Investimento e a persoa técnica responsable do Programa. Convocaranse, así mesmo, a persoa titular da Subdirección de Financiamento e, de xeito potestativo, o persoal dos servizos técnicos, representantes das consellerías sectoriais, así como persoas técnicas especializadas.

4. Logo da avaliación da solicitude de axuda ao investimento polo Comité de Avaliación e do informe dos correspondentes servizos técnicos, a parte da solicitude correspondente ao préstamo será avaliada por un comité de riscos formado por un número impar de membros, que incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e das correspondentes consellerías sectoriais. Adicionalmente, poderá solicitarse a presenza, como persoas asesoras, de persoal de calquera Administración pública, que non participará nas votacións. Para esta avaliación, contarán cun informe técnico específico, que incluirá a cualificación de risco de crédito, o grao de colateralización e a determinación das condiciones financeiras.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións dos proxectos incluídas no informe técnico específico, e poderá acordar axustes cualitativos na puntuación sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución favorable ou desfavorable ou, alternativamente, poderá pospoñer a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación.

5. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer:

a) Se a documentación non achegada corresponde á exixida para o expediente administrativo, terase por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

b) Se a documentación non achegada corresponde á relativa aos investimentos, detraerase ou axustarase, segundo corresponda, o importe dos investimentos afectados para os efectos da determinación do investimento subvencionable.

c) Se a documentación non achegada corresponde á acreditación dos criterios baremables, non se obterá puntuación ningunha nos correspondentes criterios.

d) Se a documentación non achegada corresponde á exixida para a avaliación da solicitude de préstamo, terase por desistido da solicitude de préstamo e tramitarase exclusivamente o expediente de solicitude de axuda ao investimento.

6. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, xustificadamente, poderá requirirse a solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

7. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 25. Resolución conxunta

1. A resolución das solicitudes conxuntas de axuda e de préstamo será única e rexerase polo previsto no presente artigo.

2. Respecto da axuda ao investimento, a Área de Investimento do Igape ditará proposta de resolución con base neste procedemento e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

Respecto do préstamo parcialmente reembolsable, a Área de Investimento do Igape ditará proposta de resolución e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape que, pola súa vez, a elevará ao Consello de Dirección, que será o órgano que adoptará a decisión de concesión ou denegación da solicitude, e autorizará a persoa titular da Dirección Xeral para a súa resolución.

Logo da proposta e decisión previstas nos parágrafos anteriores, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape ditará resolución conxunta sobre a axuda ao investimento e sobre o préstamo parcialmente reembolsable, que revestirá unha das seguintes formas:

– De concesión da axuda e do préstamo.

– De concesión da axuda e denegatoria ou, se é o caso, de arquivamento do préstamo.

– Denegatoria da axuda e do préstamo.

A denegación da axuda ao investimento será motivo de denegación do préstamo.

3. A resolución de concesión conterá a seguinte información:

a) Identificación da beneficiaria.

b) Contía da subvención e obrigas que correspondan á entidade beneficiaria.

c) Importe e descrición do investimento considerado subvencionable e non subvencionable, que coincidirá en todo caso co investimento financiable e non finaciable do préstamo.

d) Requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que se deban obter coa actuación subvencionada.

e) O calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación.

f) Importe do préstamo concedido.

g) O tipo de xuro aprobado.

h) O prazo de vixencia e, se é o caso, de carencia.

i) O prazo de disposición dos fondos.

j) A descrición das garantías que se constituirán a favor do Igape.

k) Outras obrigacións e compromisos que se poidan requirir á prestameira.

4. Na resolución denegatoria farase constar o motivo da denegación.

No caso de resolución de concesión da axuda ao investimento e denegatoria do préstamo, incluirase a información recollida nas letras a) a d), ambas incluídas, do punto anterior, e o motivo de denegación do préstamo.

5. As notificacións dos actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificación de recepción electrónico).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. O prazo máximo para resolver e notificar o acordo será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia acordo expreso, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015.

Artigo 26. Réxime de recursos

As resolucións conxuntas ditadas ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, se for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Investimento, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 27. Formalización das operacións financeiras

1. As empresas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos na resolución de concesión.

A solicitude de formalización por parte da beneficiaria deberá de presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o formulario normalizado que figura como anexo VII, a través do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es

Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen formalización, decaerá a concesión do préstamo, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

2. Serán por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición, se é o caso, de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que a dita operación devindique.

Artigo 28. Disposición dos fondos

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións serán os establecidos na resolución de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria, conforme o modelo do anexo VIII.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo VIII), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e deberán acreditar os requisitos e achegar a documentación sinalados de seguido, así como aqueles outros que, se é o caso, se establezan na resolución individual de concesión:

a) Será necesario acreditar previamente a existencia de débeda cos provedores dos bens para financiar mediante facturas, contratos, facturas pro forma ou orzamentos debidamente aceptados.

b) En proxectos xa iniciados, e sempre para a segunda e posteriores disposicións, será necesario acreditar documentalmente a realización e pagamento dos investimentos executados mediante facturas, xustificantes de pagamento e extractos bancarios.

c) Con carácter xeral, a parte do proxecto financiada con fondos propios ou con outros fondos alleos será executada e pagada con anterioridade á utilización do préstamo ou simultaneamente. En caso de pagamento simultáneo, a prestameira deberá acreditar, mediante certificación bancaria, a dispoñibilidade líquida para o pagamento da parte non financiada co préstamo.

d) Conforme o punto dous do artigo 54 da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2022, a prestameira deberá acreditar que se atopa ao día no pagamento das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante certificación do órgano competente, ou cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

Non será necesario acreditar os requisitos e achegar a documentación establecidos nas letras a), b) e c) cando o reembolso dun tramo do préstamo figure avalado mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca.

Os avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca achegados pola beneficiaria en garantía da execución e correcta xustificación ante o Igape dos investimentos ou gastos aprobados no acordo de concesión serán liberados unha vez conste xustificado o proxecto ou actuación conforme o establecido no artigo 31 das presentes bases.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada, e será requisito que as garantías que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto, o Igape emitirá resolución en que anula o compromiso pola parte non disposta.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pagamento dos conceptos de gasto financiables aprobados na resolución de concesión.

Sección 4ª. Modificación das resolucións, obrigas das persoas beneficiarias, xustificación, incumprimentos e efectos dos incumprimentos

Artigo 29. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases relativas ao gasto subvencionable, á data de execución do proxecto, á localización, ao emprego se é o caso, e á titularidade do proxecto, sempre e cando estes cambios non alteren ou desvirtúen o proxecto. Nomeadamente, non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

A solicitude de modificación de elementos integrantes do proxecto de investimento deberá ser presentada con anterioridade á súa realización. Ningún dos custos alegados dos novos elementos incorporados ao proxecto coa modificación poderán ser incorridos nin contratados con carácter previo á presentación da solicitude de modificación. De terse incorrido nalgún dos custos ou contratado con anterioridade á solicitude de modificación, os elementos en cuestión non serán admitidos como subvencionables.

En canto á modificación da data de execución do proxecto, só se poderá autorizar por un prazo máximo da metade do prazo inicial e exclusivamente nos casos en que se acredite que o atraso non é por causa imputable á beneficiaria, sen que poida exceder o prazo máximo de execución establecido no punto cuarto do resolvo da convocatoria.

2. A solicitude de modificación deberá ser presentada cun mes, como mínimo, de antelación á data de finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, agás que se trate de modificación da titularidade do proxecto, para a que non operará o prazo anterior.

3. No caso dos préstamos, os prazos para a formalización das operacións e para a disposición dos fondos poderán ser modificados, logo da solicitude das persoas interesadas, cunha antelación de 15 días á data de finalización dos correspondentes prazos.

4. A beneficiaria deberá comunicar ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. Para solicitar a modificación deberá cubrir previamente o formulario electrónico sinalado no artigo 8 das bases e presentar a instancia de modificación xerada pola aplicación, dirixida á persoa titular da Dirección Xeral do Igape. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

Artigo 30. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigas das beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención e, se é o caso, do préstamo, no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos e, se é o caso, o emprego durante os seguintes prazos:

1º. Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto, salvo que se trate de bens inscritibles nun rexistro público, que deberán manterse durante 5 anos. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o período mencionado, e esta substitución non poderá ser obxecto de subvención. No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os que exista un dereito de uso, deberá manterse o arrendamento ou o uso ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa durante 5 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

2º. No caso de compromiso de mantemento de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, manter a cifra de emprego determinada, se é o caso, segundo o disposto na alínea D) do cadro de especificacións, para cada modalidade do anexo I das presentes bases durante todo o período de execución do proxecto e durante os 2 anos posteriores ao dito prazo. A empresa deberá contar coa cifra de mantemento establecida na resolución de concesión na data de finalización do prazo de execución do proxecto.

3º. No caso de compromiso de creación de emprego estable deberán crearse, na Comunidade Autónoma de Galicia, durante o prazo de execución do proxecto, os postos de traballo comprometidos e contar, na data de finalización do prazo de execución do proxecto fixada na resolución de concesión, con ese incremento neto de postos de traballo indefinidos con respecto á cifra de emprego que se deberá manter establecida. Así mesmo, deberán manter o emprego acadado na data de finalización do prazo de execución do proxecto (o que está obrigado a manter, se é o caso, máis o de nova creación) durante os 2 anos posteriores á finalización do dito prazo.

O mantemento do emprego comprometido durante o prazo de execución do proxecto, e o compromiso de creación de emprego, comprobaranse á finalización do prazo de execución do proxecto, e a creación neta de postos de traballo con contratos indefinidos, a tempo completo ou a tempo parcial, deberase acreditar segundo proceda.

Para a comprobación do mantemento da cifra de emprego establecida na resolución de concesión e, se é o caso, a creación de emprego comprometido, calcularase a media correspondente ao prazo de execución do proxecto. Ao final do dito prazo a beneficiaria deberá acreditar os postos de traballo que se van manter máis os de nova creación para o emprego indefinido. Así mesmo, nos dous anos seguintes ao fin do prazo de execución do proxecto terase que manter a media do emprego para os empregos indefinidos.

A axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte a natureza do investimento, o cesamento da actividade ou os postos de traballo. A axuda está condicionada ao cumprimento desas condicións durante o prazo de execución e, se é o caso, o prazo posterior de mantemento, e será obxecto dun procedemento de inicio de expediente de incumprimento, que poderá derivar en reintegro, noutro caso.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos custos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados coa axuda.

e) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En relación á acumulación de axudas, será de aplicación o establecido no artigo 8 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e no Mapa de España de axudas rexionais para o período 2022-2027.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape e a Xunta de Galicia segundo o establecido no anexo X.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

2. Adicionalmente, no caso de formalización de préstamo, é obriga da beneficiaria prestameira proceder ao reintegro anticipado da operación financeira, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Artigo 31. Xustificación da actuación subvencionable

1. Para os efectos do presente artigo e cando exista préstamo concedido, as referencias a «solicitude de cobramento» entenderanse feitas a «solicitude de liquidación».

2. Para a xustificación da actuación subvencionable que fundamenta a concesión da subvención e, se é o caso, do préstamo, e para a solicitude de cobramento, a beneficiaria, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

3. A beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo III) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presenta en prazo ou se a xustificación é incorrecta, requirirase a beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados, no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

6. Xunto coa solicitude de cobramento, a beneficiaria da axuda presentará documentación relacionada para cada modalidade do anexo I, na alínea F) do cadro de especificacións.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

A beneficiaria tamén deberá cubrir, na ficha resumo de facturas do formulario de liquidación, os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 30.1.d): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

A beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 9 para a presentación da documentación complementaria á solicitude.

A beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo ca copia electrónica presentada.

7. En todos os casos, as beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a beneficiaria se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda e, se é o caso, préstamo, poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

9. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de investimento aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

10. Cando a beneficiaria da subvención e, se é o caso, do préstamo, poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da actuación subvencionable, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 29 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime a beneficiaria das sancións que lle poidan correspondere conforme a Lei 9/2007.

Artigo 32. Aboamento ou liquidación das axudas

1. O aboamento ou a liquidación da axuda, segundo proceda, realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a beneficiaria os presente, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

2. No caso de concesión de subvención exclusivamente, procederase ao seu aboamento, logo da realización dos trámites indicados no punto anterior.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

3. No caso de préstamos parcialmente reembolsables, considerarase cumpridas as condicións da subvención cobrada anticipadamente, logo da realización dos trámites indicados no punto 1 anterior, e a débeda reducirase á que resulte vixente no tramo reembolsable, así como a base que se considere para o cálculo e liquidación dos xuros.

No caso de que a beneficiaria xa non fose titular do devandito préstamo ou de que o importe da subvención que se liquide exceda o saldo vivo do préstamo, procederase ao aboamento da subvención na contía resultante da diferenza entre a subvención que se liquide e o saldo vivo do préstamo.

Artigo 33. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de liquidación, total ou parcial da subvención, no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento ou liquidación da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento ou liquidación da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de axuda pública de, polo menos, un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido para cada modalidade do anexo I, na epígrafe A.3) do cadro de especificacións ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no punto 4 seguinte.

h) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

i) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 30.1.f) destas bases.

j) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

k) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados coa axuda.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables e deberase reintegrar, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supere o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de mora.

No caso de condicións referidas ao mantemento e creación de emprego dentro do período de execución do proxecto, o incumprimento suporá a perda dos puntos porcentuais concedidos ao emprego non mantido ou non creado no período.

5. No período de mantemento dos investimentos e do emprego, nos casos en que se aplique o previsto no artigo 30.1. destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indica a continuación:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 30.1.f) destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

b) Non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

c) No que se refire ao mantemento do emprego no período posterior á data de execución do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente atendendo á media de emprego non mantido durante o período e aplicándolle a mesma ponderación outorgada na resolución de concesión nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

Artigo 34. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O incumprimento total ou parcial, determinado de acordo co previsto no artigo anterior, dará lugar á declaración de incumprimento, total ou parcial, segundo corresponda, de condicións de concesión do préstamo.

2. O Igape poderá resolver o contrato de financiamento, declarando vencido anticipadamente o seu crédito cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Declaración de incumprimento total de condicións nos supostos recollidos no artigo anterior.

b) A falta de pagamento pola prestameira de principal e xuros do préstamo por importe equivalente a tres cotas trimestrais.

c) A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade de información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que tivese sido determinante para a súa aprobación.

3. A prestameira quedará obrigada ao pagamento das obrigacións procedentes do contrato no termo de cinco días naturais contados desde a data da notificación da resolución. Se a prestameira incumpre a obrigación de pagamento no prazo antes sinalado, poderá o Igape, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital, como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son exixibles.

4. O Igape poderá modificar o calendario de amortización do préstamo, declarando vencida anticipadamente parte do principal cando se produza o incumprimento parcial de condicións. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Sección 5ª. Réxime sancionador, fiscalización e control, comprobacións, transparencia e bo goberno, e remisión normativa

Artigo 35. Réxime sancionador

Ás beneficiarias das subvencións regulados nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 36. Fiscalización e control

As beneficiarias das subvencións e dos préstamos regulados nestas bases someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos da beneficiaria fixados no artigo 30, e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 37. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención e, se é o caso, do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a súa concesión ou o seu desfrute.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de 4 anos desde a súa presentación.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 38. Transparencia e bo goberno

1. Respecto das axudas concedidas deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias da subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1. da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 39. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para o período 2022-2027 (DOUE C 153/1, do 29 de abril de 2021) e Mapa de España de axudas rexionais para o citado período aprobado pola Comisión Europea o 17 de marzo de 2022.

c) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo), e 155/2019, do 28 de novembro (DOG nº 234, do 10 de decembro), que habilita ao Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

d) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización 2008/C 14/02 (DOCE 19 de xaneiro).

e) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) No resto da normativa que resulte de aplicación.

ANEXO I

Modalidades de proxectos de investimento obxecto de solicitude de axuda e, se é o caso, de préstamo

I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

Cadro de especificacións:

A) Tipoloxías, requisitos específicos e dimensión dos proxectos subvencionables.

A.1) Tipoloxía de proxectos subvencionables.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan a unha das seguintes tiploxías:

i. Creación dun novo establecemento.

ii. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

iii. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel.

iv. Cambio fundamental no proceso global de produción do produto ou produtos afectados polo investimento no establecemento.

A.2) Requisitos específicos da tipoloxía de proxecto.

i. Os proxectos de creación dun novo establecemento deberán responder a algunha das situacións seguintes:

i.a) Creación dun primeiro establecemento.

i.b) Creación dun novo establecemento por traslado con ampliación de capacidade. Deberán cumprir o previsto no seguinte punto ii.

i.c.) Creación dun novo establecemento con ampliación da capacidade produtiva. Deberán cumprir o previsto no seguinte punto ii.

ii. Nos proxectos de ampliación de capacidade dun establecemento existente deberá acadarse, unha vez finalizados os investimentos, un incremento mínimo dun 10 % da capacidade produtiva medida en unidades vendidas ou en valor da produción.

iii. Nos proxectos de diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel, o investimento subvencionable deberá superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado na data de presentación da solicitude.

iv. Os proxectos de cambio fundamental no proceso global de produción suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

A.3) Dimensión do proxecto de investimento:

Os proxectos desta tipoloxía para os que se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 € e non superior a 900.000 €.

B) Actividades subvencionables:

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

CNAE 2009

Descrición

Observacións

08.

Outras industrias extractivas

09.

Actividades de apoio ás industrias extractivas

10.

Industria da alimentación

11.

Fabricación de bebidas

13.

Industria téxtil

14.

Confección de prendas de vestir

15.

Industria do coiro e do calzado

16.

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría

17.

Industria do papel

18.

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

20.

Industria química

21.

Fabricación de produtos farmacéuticos

22.

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

23.

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

24.

Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaleacións

25.

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo

26.

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

27

Fabricación de material e equipo eléctrico

28

Fabricación de maquinaria e equipo n.c.o.p

29.

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

30.

Fabricación doutro material de transporte

31.

Fabricación de mobles

32.

Outras industrias manufactureiras

33.

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

38.2

Tratamento e eliminación de residuos

38.31

Separación e clasificación de materiais

38.32

Valorización de materiais xa clasificados

45.2

Mantemento e reparación de vehículos de motor

45.4

Venda, mantemento e reparación de motocicletas e dos seus recambios e accesorios

Soamente mantemento e reparación. Exclúese a venda.

52.10

Depósito e almacenamento

52.24

Manipulación de mercadorías

59.

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

61.

Telecomunicacións

71.20

Ensaios e análises técnicas

77.31

Aluguer de maquinaria e equipamento de uso agrícola

Soamente maquinaria e equipamento de uso forestal.

77.32

Aluguer de maquinaria e equipamento para a construción e enxeñaría civil

77.39

Aluguer doutra maquinaria, equipamentos e bens tanxibles n.c.n.

Soamente motores, turbinas, máquinas ferramenta, equipamentos de extracción mineira, equipamentos de radio, televisión e comunicación, equipamentos profesionais de produción cinematográfica, equipos de medición e control, e outra maquinaria de uso industrial.

82.30

Organización de convencións e feiras de mostras

82.92

Actividades de envase e empaquetamento

Serán subvencionables, así mesmo, os proxectos de carácter innovador levados a cabo por pemes que desenvolvan calquera actividade, excepto as excluídas relacionadas no punto 2 do artigo 5 das bases reguladoras. Para estes efectos, para que a actividade se poida considerar subvencionable, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) que acredite o carácter innovador do proxecto, debendo enmarcarse este dentro dos retos, prioridades e obxectivos estratéxicos da RIS3 de Galicia 2021-2027. O informe pronunciarase expresamente sobre se todos os elementos integrantes do proxecto de investimento son necesarios para levar a cabo o desenvolvemento da innovación do proxecto ou se, pola contra, tan só parte deses elementos se poden considerar vinculados á innovación do proxecto, os cales deberán ser indicados.

C) Conceptos de investimento subvencionables:

1. Serán subvencionables os seguintes conceptos de investimento:

1.1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:

a. Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da solicitante, ou sobre os que a solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa –outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante– cunha vixencia mínima de 5 anos contados desde a data estimada de finalización do proxecto indicada pola solicitante.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil nova será o que resulte da aplicación dos seguintes módulos:

Concepto

Valor do módulo

Acondicionamento e urbanización1

36 €/m2

Aparcadoiros externos

36 €/m2

Aparcadoiros situados no edificio

252 €/m2

Nave de uso industrial2 distinta de nave frigorífica

252 €/m2

Nave frigorífica

315 €/m2

Oficinas, laboratorios e zonas comúns en naves de uso industrial

303 €/m2

Edificios distintos das naves de uso industrial3

730 €/m2

1 A superficie considerada subvencionable por este concepto, nos casos en que exista construción de inmoble, será a menor das dúas seguintes:

– 5 veces a superficie construída en planta baixa.

– A superficie da parcela non construída.

2 Espazos ou construcións habilitadas para a produción, manufactura, almacenaxe, e distribución, entre outros.

3 Espazos ou construcións características das actividades de servizos que non estean situadas en naves de uso industrial.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil en reforma ou rehabilitación será o que resulte da aplicación dos módulos anteriores multiplicados por 0,60.

b. Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados. O arrendamento deberá ter una vixencia mínima de 5 anos contados desde a data estimada de finalización do proxecto indicada pola solicitante.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento da reforma será o que resulte da aplicación dos módulos detallados no punto anterior multiplicados por 0,60.

c. Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. Unicamente será subvencionable o valor da construción; en ningún caso será subvencionable o valor do terreo. Para tal efecto, deberá indicarse, separadamente, a parte do prezo de adquisición que corresponde ao solo e a que corresponde á construción. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado. O importe da construción que se poderá considerar subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición.

Admitirase a adquisición da edificación ou construción sen terreo cando exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa dos cales a solicitante pase a ser titular –outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante– cunha vixencia mínima de 5 anos contados desde a data estimada de finalización do proxecto indicada pola solicitante.

No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

d. Nos casos de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o custo subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios recollidos nos puntos anteriores, e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade do solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente. Se dentro do prazo de execución do proxecto ou do de mantemento dos investimentos establecidos na resolución de concesión fosen alleadas as instalacións da antiga localización do solicitante, e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos do cálculo da subvención, deberá notificarse ao Igape tan pronto se produza a transmisión e procederase ao reaxuste do importe da subvención concedida.

A obra civil debe ser executada e facturada por terceiros. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola solicitante.

1.2. Bens de equipamento: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, ferramenta (incluídos os moldes, modelos e cuños), equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

En ningún caso terán a consideración de bens de equipamento as obras necesarias para a súa instalación, nin outros gastos accesorios, distintos do propio equipamento, facturado directamente polo provedor.

1.3. Outros investimentos en activos fixos: mobiliario, equipos para procesos de información, e envases ou embalaxes que, polas súas características, se deban considerar como inmobilizado.

1.4. Aplicacións informáticas directamente vinculadadas co proceso produtivo, que cumpran os seguintes requisitos:

• Utilización exclusiva no establecemento beneficiario da axuda.

• Ser amortizables.

• Adquisición en condicións de mercado a terceiros non vinculados co comprador.

• Deben formar parte do activo da empresa e permanecer vinculados ao proxecto subvencionado durante, polo menos, 3 anos.

2. Os proxectos deberán acadar a seguinte simetría entre o investimento infraestrutural (obra civil e outros conceptos inmobiliarios), que denominaremos «O», e o investimento subvencionable en bens de equipamento, que denominaremos «M». O importe que se subvencionará no conxunto de investimento «O» será, como máximo, do triplo de «M».

3. Cada unha das partidas integrantes do proxecto de investimento deberá ter un custo individual igual ou superior a 15.000 €. Enténdese por partida o elemento ou grupo de elementos que subministre ou execute un mesmo provedor e que se inclúan nunha mesma oferta ou orzamento.

Excepcionalmente, en proxectos cun investimento subvencionable inferior a 100.000 €, admitiranse ata un máximo de 3 partidas cun custo individual inferior a 15.000 €.

D) Contía da axuda:

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable pola porcentaxe de subvención, que será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

Criterio

Micro empresa

Pequena empresa

Mediana empresa

1. Tamaño de empresa

24 %

24 %

15 %

2. Mantemento de emprego1

3 %

3 %

3 %

3. Creación de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia2:

– Por cada posto de traballo para ocupar por persoas con discapacidade3

– Por cada posto de traballo distinto do anterior

Puntuación máxima para o criterio4

3 %

1,5 %

3 %

2 %

1 %

3 %

1 %

0,5 %

2 %

4. Achega de certificación ambiental relacionada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo5

5 %

5 %

5 %

1 Determinarase con base na cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación da solicitude de axuda (cadro de persoal fixo da empresa), de acordo coa información obtida do informe de vida laboral da empresa.

2 Determinarase con base no compromiso de creación neta de postos de traballo de carácter indefinido na Comunidade Autónoma de Galicia e durante o prazo de execución do proxecto.

3 Considéranse persoas con discapacidade as que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % recoñecido polo órgano competente.

4 No caso dos novos establecementos en que non exista emprego que manter e, por tanto, a puntuación do criterio 2. da táboa anterior fose igual a cero, a puntuación máxima para o criterio 3. de creación de emprego elevaríase ao 6 % no caso das microempresas e pequenas empresas, e ao 5 % no caso das medianas empresas.

5 Certificacións de xestión ambiental global, economía circular, eficiencia enerxética, redución de emisións, entre outras.

Para os efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo o derivado de contratos de carácter indefinido a tempo completo. No caso de contratos a tempo parcial, computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

En todo caso, a porcentaxe de subvención resultante non excederá o 35 % no caso das microempresas e pequenas empresas e o 25 % no caso das medianas empresas.

E) Documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e, se é o caso, de préstamo:

a) Documentación do expediente administrativo:

1. Certificado de situación censual expedido pola AEAT e/ou, no caso de novas actividades ou novos establecementos, compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

2. Documentación xurídica da personalidade da solicitante:

i) Para sociedades ou entidades xa constituídas:

– Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades inscritas no Rexisto Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

– No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

– No caso de suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do imposto sobre sociedades do último exercicio impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

– No caso de persoas físicas ou entidades que non sexan suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do IRPF do empresario e/ou dos socios, segundo o caso, referida ao último período impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

ii) Para sociedades en constitución:

– Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

– Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade á emisión da proposta de resolución. Para tal fin, a documentación establecida no punto i) anterior, deberá ser presentada no Igape con anterioridade á resolución do expediente. Se non é presentada, de oficio ou logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

3. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude.

No caso dos proxectos de carácter innovador que deban ser avaliados pola Axencia Galega de Innovación, a memoria deberá conter unha descrición dos seguintes aspectos:

i) Contido tecnolóxico do proxecto:

– Obxectivos xerais e técnicos do proxecto.

– Antecedentes e estado da arte da tecnoloxía a nivel nacional e internacional en relación cos investimentos proxectados.

– Carácter innovador do proxecto dentro do seu sector de actividade.

ii) Interese, beneficios e impacto económico que os investimentos proporcionarán á empresa, sobre todo de cara á diversificación da produción e/ou mellora significativa no proceso global de produción. Incremento da produtividade e mellora da conta de resultados.

iii) Capacidade técnica e experiencia da empresa para o desenvolvemento de proxectos de innovación. Recursos e experiencia da empresa e capacitación do persoal para desenvolver proxectos de innovación.

iv) Encadre dentro dos retos, prioridades e obxectivos estratéxicos da RIS3 de Galicia 2021-2027.

4. No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes, deberán achegar o inventario de inmobilizado que serviu de base para a formulación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado con indicación, para cada elemento do inventario, da data de adquisición ou incorporación, valor ou custo de adquisición, importe da amortización acumulada na data do inventario e, se é o caso, doutras depreciacións por perda de valor, así como o valor neto contable na data do inventario. Así mesmo, deberá achegar un informe dun experto independente colexiado que indique os activos do inventario que se pretende reutilizar, os cales deberán figuran identificados no inventario de inmobilizado.

5. Declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

6. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións delas.

b) Documentación relativa aos investimentos:

1. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado o solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.4 destas bases reguladoras.

No caso de elementos para os que, polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os subministren: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo desta circunstancia.

No caso de elementos para os que se pretenda a subvencionalidade dunha oferta económica distinta da de menor importe: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo de que foi escollida a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e explicación dos criterios previstos e do modo en que estes foron valorados.

2. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os que non sexa de aplicación o previsto no apartado anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

3. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

4. No caso de obra civil deberán presentar os seguintes planos:

i) Esbozo de localización dentro do termo municipal.

ii) Plano xeral acoutado das instalacións, en que se diferencien a situación anterior da posterior á realización do investimento –en que se deberá poder verificar a superficie correspondente a cada concepto de obra civil previsto nos módulos incluídos na epígrafe C) 1.1.a) do presente cadro de especificacións.

iii) Planos de distribución en planta, en que se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipo.

Para estes efectos, cando se trate de obras menores, como as necesarias para a instalación dos equipos subvencionables, entre outras, non será preceptiva a achega dos planos referidos anteriormente.

5. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións relacionadas con inmobles, deberán presentar:

i) No caso de obra civil de construción en terreo propio: título de propiedade do terreo.

ii) No caso de obra civil de construción en terreo con concesión administrativa ou dereito de superficie: documento acreditativo da concesión ou do dereito de superficie, que deberá ter unha duración superior a 5 anos contados desde a data de finalización estimada do proxecto que figure no formulario de solicitude.

iii) No caso de reforma dun inmoble (nave, edificio, local…) propio: documentación acreditativa da titularidade do inmoble.

iv) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os que exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data de finalización estimada do proxecto que figure no formulario de solicitude.

v) No caso de adquisición de edificacións xa construídas novas: certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado dos bens que se adquiran, no que deberán aparecer separados o valor do terreo do da construción.

vi) No caso de adquisición de edificacións xa construídas usadas:

– Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

– Certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado dos bens que se adquiran, en que deberán figurar desagregados o valor do terreo e o valor da construción.Esta taxación deberá certificar, así mesmo, que o valor de mercado dos bens que se adquiran é inferior ao custo de bens novos similares.

vii) No caso de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, con abandono de instalación propiedade da empresa solicitante ou dos seus socios maioritarios: certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado das instalacións que se abandonen, en que deberán figurar desagregados o valor do terreo e o valor da construción.

No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á resolución da solicitude: contrato de compravenda.

6. No caso de investimentos vencellados a máis dunha actividade económica da empresa: declaración responsable da vinculación proporcional, de cada un dos elementos do investimento proxectado, á actividade para a que se propón o proxecto.

7. No caso de investimentos en «útiles para provedores» ou equipamento que se localicen nas instalacións dos clientes: informe emitido por persoa independente e experta na materia, xustificativo da necesaria localización dos elementos obxecto de investimento nas instalacións do provedor ou do cliente, segundo corresponda.

c) Documentación relativa aos criterios baremables:

1. Criterios de mantemento e creación de emprego:

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do informe de vida laboral, deberán achegar o informe de vida laboral na data da solicitude e o certificado de estaren ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

No caso de creación de emprego para ocupar por persoas con discapacidade, deberán presentar unha declaración responsable das persoas con discapacidade que ten contratadas a empresa con carácter indefinido na data da solicitude. Computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

2. Criterios de aliñamento cos obxectivos do Pacto Verde Europeo: achegarase certificación ambiental da empresa relacionada cos obxectivos e propostas do Pacto Verde Europeo. Poderá estar relacionada, entre outras, coa xestión ambiental global, a economía circular, a eficiencia enerxética, ou a redución de emisións.

d) Se se solicita préstamo parcialmente reembolsable, documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de préstamo:

1. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivamento en formato PDF asinado electronicamente, que a solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

2. Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidos a unha data e período recentes, respectivamente.

3. Memoria para a cualificación do risco de crédito co seguinte contido:

– Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa.

– Capacidades básicas: estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control.

– Capacidade técnica da entidade: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais.

– Capacidade tecnolóxica da entidade: recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i.

– Capacidade económica da entidade: análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade.

4. Acreditación da dispoñibilidade do financiamento necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

5. Plan económico financeiro da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto de solicitude.

Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega de calquera outra documentación xustificativa para os efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

F) Documentación para a xustificación do proxecto que se debe presentar xunto coa solicitude de cobramento ou liquidación:

a) Documentación xustificativa do investimento:

1. Documentos acreditativos dos investimentos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que a permita relacionar co gasto xustificado.

2. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións relacionados con inmobles, deberán presentar:

i) No caso de obra de nova construción, rehabilitación ou reforma: licenza municipal de obra ou comunicación previa, segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (en diante, Lei 9/2013), no caso de obras acollidas a este sistema de comunicación previa.

Nos casos en que sexa preceptivo, certificado de final de obra expedido polas persoas facultativas responsables da dirección da obra e da súa execución.

ii) No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade: escritura pública en que conste o importe da subvención concedida e que o ben se destinará ao fin concreto para o que se concedeu a subvención ata finalizado o prazo de obrigado mantemento deses bens, e estes requisitos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007.

iii) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os que exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

iv) No caso de adquisición de edificacións xa construídas, de non se ter achegado na fase de instrución: certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado dos bens adquiridos, en que deberán aparecer separados o valor do terreo do da construción.

No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á liquidación da axuda e sempre que non se achegase con anterioridade á resolución: contrato de compravenda.

3. No caso de investimentos en aplicación informáticas, deberán acreditarse as condicións establecidas no punto 1.4 da alínea C) do presente cadro de especificacións, mediante informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que verifique o cumprimento das condicións incluídas no citado punto.

4. Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 7.4 das bases reguladoras, no caso de non a ter achegado xunto coa solicitude da axuda.

5. Nos casos de creación dun novo establecemento ou de inicio dunha nova actividade: comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013.

6. Memoria técnica, que deberá cubrirse no formulario electrónico de xustificación.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a data de pagamento, o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que se deberá manifestar sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Nos casos de mantemento e/ou creación de emprego indefinido por conta allea e, sempre que a beneficiaria se opoña á consulta do informe de vida laboral: informe da vida laboral de todas as contas de cotización da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia durante todo o prazo de execución do proxecto.

Para xustificar a creación de emprego de persoas con discapacidade, a beneficiaria deberá achegar o certificado ou resolución expedida polo Instituto de Migracións e Servicios Sociais (Imserso) ou polo órgano competente da Comunidade Autónoma, segundo corresponda.

d) Documentación acreditativa da publicidade do financiamento público: copia, que permita a súa lectura, do material onde se aprecie que se cumpriu a obriga de publicidade do financiamento público segundo o previsto no artigo 30.1.f) e anexo X das bases reguladoras.

I.2. Proxectos de investimento empresarial no sector de aloxamento.

Cadro de especificacións:

A) Tipoloxías, requisitos específicos e dimensión dos proxectos subvencionables.

A.1) Tipoloxía de proxectos subvencionables.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que correspondan a unha das seguintes tipoloxías:

i. Creación dun novo establecemento.

ii. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

iii. Modernización de establecementos existentes.

A.2) Requisitos específicos da tipoloxía de proxecto:

i. Os proxectos de creación dun novo establecemento deberán consistir na creación de establecementos hoteleiros de, como mínimo, unha categoría de 4 estrelas (ou de 3 estrelas superior) cando se sitúen nos termos municipais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol, ou de 3 estrelas (ou de 2 estrelas superior), no resto do territorio da Comunidade Autónoma Galega.

ii. Nos proxectos de ampliación de capacidade dun establecemento existente deberán levarse a cabo en establecementos que conten, como mínimo, coas categorías indicadas no punto i. anterior, e os establecementos deberán acadar, unha vez finalizados os investimentos, un incremento mínimo dun 10 % da capacidade medida en número de prazas ofertadas.

iii. Os proxectos de modernización deberán consistir nos investimentos necesarios para o incremento de categoría dun establecemento hoteleiro existente, sempre que a categoría acadada sexa igual ou superior ás indicadas no parágrafo anterior para as zonas xeográficas indicadas.

Poderán ser subvencionables, así mesmo, os seguintes proxectos das tres tipoloxías anteriores consistentes en:

a) Apartamentos turísticos. Para estes efectos, as categorías mínimas que se creen, amplíen ou alcancen, segundo corresponda, serían de 3 chaves nas 7 principais cidades galegas relacionadas no punto i.) anterior, e de 2 chaves no resto do territorio galego. Deberán contar cun informe favorable da Axencia Turismo de Galicia sobre a subvencionalidade da actividade proxectada e a categoría do establecemento.

b) Instalacións de aloxamento singulares, tipo cabanas ou burbullas, entre outros. Deberán contar cun informe favorable da Axencia Turismo de Galicia sobre a singularidade do establecemento e, para os efectos da aplicación dos módulos previstos nos distintos subpuntos da alínea C) seguinte, deberá conter unha equivalencia á categoría de estrelas ou chaves, segundo corresponda.

A.3) Dimensión do proxecto de investimento:

Os proxectos desta tipoloxía para os que se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 50.000 € e non superior a 900.000 €.

B) Actividades subvencionables:

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

CNAE 2009

Descrición

55.1

Hoteis e aloxamentos similares

55.2

Aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de curta estadía

C) Conceptos de investimento subvencionables:

1. Serán subvencionables os seguintes conceptos de investimento:

1.1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:

a. Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da solicitante, ou sobre os que a solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa –outorgados por entidades non vinculadas á solicitante– cunha vixencia mínima de 5 anos contados desde a data estimada de finalización do proxecto indicada pola solicitante.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil nova será o que resulte da aplicación dos seguintes módulos:

Concepto

Valor do módulo

Acondicionamento e urbanización1

36 €/m2

Aparcadoiros externos

36 €/m2

Aparcadoiros situados no edificio

252 €/m2

Edificación hotel 5 estrelas (ou 4 estrelas superior)

1.003 €/m2

Edificación hotel 4 estrelas (ou 3 estrelas superior)

821 €/m2

Edificación hotel 3 estrelas (ou 2 estrelas superior)

730 €/m2

Apartamentos turísticos

730 €/m2

1 A superficie considerada subvencionable por este concepto, en casos nos que exista construción dun inmoble, será a menor das dúas seguintes:

– 5 veces a superficie construída en planta baixa.

– A superficie da parcela non construída.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento de obra civil en reforma ou rehabilitación será o que resulte da aplicación dos módulos anteriores multiplicados por 0,60. O anterior coeficiente non será de aplicación cando se trate de rehabilitacións de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico español.

b. Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados. O arrendamento deberá ter una vixencia mínima de 5 anos contados desde a data estimada de finalización do proxecto indicada pola solicitante.

O límite de custo subvencionable por cada concepto de investimento da reforma será o que resulte da aplicación dos módulos detallados no punto anterior multiplicados por 0,60.

c. Adquisición de edificacións ou construcións usadas para a súa reforma ou rehabilitación. Unicamente será subvencionable o valor da construción; en ningún caso será subvencionable o valor do terreo. Para tal efecto, deberá indicarse, separadamente, a parte do prezo de adquisición que corresponde ao solo e a que corresponde á construción. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado. O importe da construción que se poderá considerar subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición.

A obra civil debe ser executada e facturada por terceiros. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola solicitante.

1.2. Outros investimentos en activos fixos tanxibles ou intanxibles como, entre outros, o mobiliario, a decoración, o enxoval, televisores, domótica, menaxe, etc., co límite de custo subvencionable que se mostra a seguir:

Concepto

Valor do módulo

Edificación hotel 5 estrelas

16.672 €/habitación

Edificación hotel 4 estrelas (ou 3 estrelas superior)

11.670 €/habitación

Edificación hotel 3 estrelas (ou 2 estrelas superior)

8.336 €/habitación

Apartamentos turísticos – primeira habitación

16.672 €/habitación

Apartamentos turísticos – habitacións adicionais á primeira

8.336 €/habitación

Os activos intanxibles deberán reunir os seguintes requisitos:

• Utilización exclusiva no establecemento beneficiario da axuda.

• Ser amortizables.

• Adquisición en condicións de mercado a terceiros non vinculados co comprador.

• Deben formar parte do activo da empresa e permanecer vinculados ao proxecto subvencionado durante, polo menos, 3 anos.

2. Cada unha das partidas integrantes do proxecto de investimento deberá ter un custo individual igual ou superior a 15.000 €. Enténdese por partida o elemento ou grupo de elementos que subministre ou execute un mesmo provedor e que se inclúan nunha mesma oferta ou orzamento.

Excepcionalmente, en proxectos cun investimento subvencionable inferior a 100.000 €, admitiranse ata un máximo de 3 partidas cun custo individual inferior a 15.000 €.

D) Contía da axuda:

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable pola porcentaxe de subvención, que será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

Criterio

Micro empresa

Pequena empresa

Mediana empresa

1. Tamaño de empresa

24 %

24 %

15 %

2. Mantemento de emprego1

3 %

3 %

3 %

3. Creación de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia2:

– Por cada posto de traballo para ocupar por persoas con discapacidade3

– Por cada posto de traballo distinto do anterior

Puntuación máxima para o criterio4

3 %

1,5 %

3 %

2 %

1 %

3 %

1 %

0,5 %

2 %

4. Achega de certificación ambiental relacionada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo5

5 %

5 %

5 %

1 Determinarase con base na cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación da solicitude de axuda (cadro de persoal fixo da empresa), de acordo coa información obtida do informe de vida laboral da empresa.

2 Determinarase con base no compromiso de creación neta de postos de traballo de carácter indefinido na Comunidade Autónoma de Galicia e durante o prazo de execución do proxecto.

3 Considéranse persoas con discapacidade as que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % recoñecido polo órgano competente.

4 No caso dos novos establecementos en que non exista emprego que manter e, por tanto, a puntuación do criterio 2 da táboa anterior fose igual a cero, a puntuación máxima para o criterio 3 de creación de emprego elevaríase ao 6 % no caso das microempresas e pequenas empresas, e ao 5 % no caso das medianas empresas.

5 Certificacións de xestión ambiental global, economía circular, eficiencia enerxética, redución de emisións, entre outras.

Para os efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo o derivado de contratos de carácter indefinido a tempo completo. No caso de contratos a tempo parcial, computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

En todo caso, a porcentaxe de subvención resultante non excederá o 35 % no caso das microempresas e pequenas empresas e de 25 % no caso das medianas empresas.

E) Documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e, se é o caso, de préstamo:

a) Documentación do expediente administrativo:

1. Certificado de situación censual expedido pola AEAT ou, no caso de nova actividade ou novos establecementos, compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

2. Documentación xurídica da personalidade da solicitante:

i) Para sociedades ou entidades xa constituídas:

– Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades inscritas no Rexistro Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

– No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría, no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

– No caso de suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do imposto sobre sociedades do último exercicio impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

– No caso de persoas físicas ou entidades que non sexan suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do IRPF do empresario e/ou dos socios, segundo o caso, referida ao último período impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

ii) Para sociedades en constitución:

– Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

– Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade á emisión da proposta de resolución. Para tal fin, a documentación establecida no punto i) anterior, deberá ser presentada no Igape con anterioridade á resolución do expediente. Se non é presentada, de oficio ou logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

3. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude.

4. Declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

5. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións delas.

6. No caso de actuacións sobre establecementos existentes: resolución da Axencia Turismo de Galicia, ou entidade equivalente, respecto da cualificación ou categoría do establecemento na data de solicitude da axuda.

b) Documentación relativa aos investimentos:

1. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado o solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.4 destas bases reguladoras.

No caso de elementos para os que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de provedores que os subministren: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo desta circunstancia.

No caso de elementos para os que se pretenda a subvencionalidade dunha oferta económica distinta da de menor importe: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo de que foi escollida a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e explicación dos criterios previstos e do modo en que estes foron valorados.

2. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os que non sexa de aplicación o previsto no punto anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

3. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

4. No caso de obra civil deberán presentar os seguintes planos:

i) Esbozo de localización dentro do termo municipal.

ii) Plano xeral acoutado das instalación, en que se diferencien a situación anterior da posterior á realización do investimento, en que se deberá poder verificar a superficie correspondente a cada concepto de obra civil previsto nos módulos incluídos na epígrafe C) 1.1.a) do presente cadro de especificacións.

iii) Planos de distribución en planta, en que se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos equipamentos.

Para estes efectos, cando se trate de obras menores, como as necesarias para a instalación dos equipos subvencionables, entre outras, non será preceptiva a achega dos planos referidos anteriormente.

5. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións relacionadas con inmobles, deberán presentar:

i) No caso de obra civil de construción en terreo propio: título de propiedade do terreo.

ii) No caso de obra civil de construción en terreo con concesión administrativa ou dereito de superficie: documento acreditativo da concesión ou do dereito de superficie, que deberá ter unha duración superior a 5 anos contados desde a data de finalización estimada do proxecto que figure no formulario de solicitude.

iii) No caso de reforma dun inmoble (nave, edificio, local…) propio: documentación acreditativa da titularidade do inmoble.

iv) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os que exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data de finalización estimada do proxecto que figure no formulario de solicitude.

v) No caso de adquisición de edificacións xa construídas novas: certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado dos bens que se adquiran, en que deberán aparecer separados o valor do terreo do da construción.

vi) No caso de adquisición de edificacións xa construídas usadas:

– Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

– Certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado dos bens que se adquiran, en que deberán figurar desagregados o valor do terreo e o valor da construción. Esta taxación deberá certificar, así mesmo, que o valor de mercado dos bens que se adquiran é inferior ao custo de bens novos similares.

vii) No caso de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, con abandono de instalación propiedade da empresa solicitante ou dos seus socios maioritarios: certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado das instalación a abandonar, en que deberán figurar desagregados o valor do terreo e o valor da construción.

No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á resolución da solicitude: contrato de compravenda.

viii) No caso de actuacións de rehabilitación de inmobles integrantes do patrimonio histórico español: acreditación de tal circunstancia.

c) Documentación relativa aos criterios baremables:

1. Criterios de mantemento e creación de emprego:

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do informe de vida laboral, deberán achegar o informe de vida laboral na data da solicitude e o certificado de estaren ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

No caso de creación de emprego para ocupar por persoas con discapacidade, deberán presentar unha declaración responsable das persoas con discapacidade que ten contratada a empresa con carácter indefinido na data da solicitude. Computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

2. Criterios de aliñamento cos obxectivos do Pacto Verde Europeo: achegarase certificación ambiental da empresa relacionada cos obxectivos e propostas do Pacto Verde Europeo. Poderá estar relacionada, entre outras, coa xestión ambiental global, a economía circular, a eficiencia enerxética, ou a redución de emisións.

d) Se se solicita préstamo parcialmente reembolsable, documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de préstamo:

1. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivamento en formato PDF asinado electronicamente, que a solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

2. Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidos a unha data e período recentes, respectivamente.

3. Memoria para a cualificación do risco de crédito co seguinte contido:

– Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa.

– Capacidades básicas: estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control.

– Capacidade técnica da entidade: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais.

– Capacidade tecnolóxica da entidade: recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i.

– Capacidade económica da entidade: análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade.

4. Acreditación da dispoñibilidade do financiamento necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

5. Plan económico financeiro da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto de solicitude.

Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega daqueloutra documentación xustificativa para os efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

F) Documentación para a xustificación do proxecto que se deberá presentar xunto coa solicitude de cobramento ou liquidación:

a) Documentación xustificativa do investimento:

1. Documentos acreditativos dos investimentos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberá conter suficiente información que a permita relacionar co gasto xustificado.

2. Adicionalmente, para os seguintes tipos de actuacións realacionadas con inmobles, deberán presentar:

i) No caso de obra de nova construción, rehabilitación ou reforma: licenza municipal de obra ou, comunicación previa, segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013, no caso de obras acollidas a este sistema.

Nos casos en que sexa preceptivo, certificado de final de obra expedido por polas persoas facultativas responsables da dirección da obra e da súa execución.

ii) No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade: escritura pública en que conste o importe da subvención concedida e que o ben se destinará ao fin concreto para o que se concedeu a subvención ata finalizado o prazo de obrigado mantemento deses bens, e estes requisitos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007.

iii) No caso de reforma en inmobles arrendados ou sobre os que exista un dereito de uso: contrato de arrendamento do inmoble, ou documento que acredite o dereito de uso da instalación, cunha duración mínima de 5 anos contados desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

iv) No caso de adquisición de edificacións xa construídas, de non se ter achegado na fase de instrución: certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da Lei 9/2007, que certifique o valor de mercado dos bens adquiridos, en que deberán aparecer separados o valor do terrero do da construción.

No caso de alleamento das instalacións que se abandonan con anterioridade á liquidación da axuda e sempre que non se achegase con anterioridade á resolución: contrato de compravenda.

3. No caso de investimentos en activos intanxibles, deberán acreditarse as condicións establecidas no punto 1.2 da alínea C) do presente cadro de especificacións, mediante informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que verifique o cumprimento das condicións incluídas no citado punto.

4. Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 7.4 das bases reguladoras, no caso de non as ter achegado xunto coa solicitude da axuda.

5. Nos casos de creación dun novo establecemento ou de inicio dunha nova actividade: comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013.

6. Memoria técnica, que se deberá cubrir no formulario electrónico de xustificación.

7. Resolución da Axencia Galega de Turismo respecto da categoría do establecemento na data de finalización do prazo execución do proxecto.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a data de pagamento, o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que se deberá manifestar sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Nos casos de mantemento e/ou creación de emprego indefinido por conta allea e, sempre que a beneficiaria se opoña á consulta do informe de vida laboral: informe da vida laboral de todas as contas de cotización da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia durante todo o prazo de execución do proxecto.

Para xustificar a creación de emprego de persoas con discapacidade, a beneficiaria deberá achegar o certificado ou resolución expedida polo Instituto de Migracións e Servicios Sociais (Imserso) ou polo órgano competente da Comunidade Autónoma, segundo corresponda.

d) Documentación acreditativa da publicidade do financiamento público: copia, que permita a súa lectura, do material onde se aprecie que se cumpriu a obriga de publicidade do financiamento público segundo o previsto no artigo 30.1.f) e no anexo X das bases reguladoras.

I.3. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Cadro de especificacións:

A) Tipoloxías, requisitos específicos e dimensión dos proxectos subvencionables.

A.1) Tipoloxía de proxectos subvencionables.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que impliquen unha ampliación de capacidade dun establecemento existente.

A.2) Requisitos específicos da tipoloxía de proxecto:

Nos proxectos de ampliación de capacidade dun establecemento existente deberá acadarse, unha vez finalizados os investimentos, un incremento mínimo dun 10 % da capacidade produtiva medida en unidades vendidas ou en valor da produción.

A.3) Dimensión do proxecto de investimento:

Os proxectos desta tipoloxía para os que se solicita a axuda deberán ter un importe de investimento subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 900.000 €.

B) Actividades subvencionables:

Serán subvencionables os proxectos para o desenvolvemento das seguintes actividades:

CNAE 2009

Descrición

Observacións

08.

Outras industrias extractivas

09.

Actividades de apoio ás industrias extractivas

10.

Industria da alimentación

11.

Fabricación de bebidas

13.

Industria téxtil

14.

Confección de prendas de vestir

15.

Industria do coiro e do calzado

16.

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestaría e espartaría

17.

Industria do papel

18.

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

20.

Industria química

21.

Fabricación de produtos farmacéuticos

22.

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

23.

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

24.

Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaleacións

25.

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo

26.

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

27

Fabricación de material e equipo eléctrico

28

Fabricación de maquinaria e equipo n.c.o.p

29.

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

30.

Fabricación doutro material de transporte

31.

Fabricación de mobles

32.

Outras industrias manufactureiras

33.

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

38.2

Tratamento e eliminación de residuos

38.31

Separación e clasificación de materiais

38.32

Valorización de materiais xa clasificados

45.2

Mantemento e reparación de vehículos de motor

45.4

Venda, mantemento e reparación de motocicletas e dos seus recambios e accesorios

Soamente mantemento e reparación. Exclúese a venda.

52.10

Depósito e almacenamento

52.24

Manipulación de mercadorías

59.

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

71.20

Ensaios e análises técnicas

C) Conceptos de investimento subvencionables:

Bens de equipamento: maquinaria de proceso, ferramenta (incluídos os moldes, modelos e cuños) e outros bens de equipamento relacionados co proceso produtivo e co proxecto de ampliación de capacidade presentado.

En ningún caso terán a consideración de bens de equipamento as obras necesarias para a súa instalación nin outros gastos accesorios, distintos do propio equipamento facturado directamente polo provedor.

O número de bens de equipamento incluídos na solicitude de axuda non poderá ser superior a 3.

Un ben de equipamento poderá levar incorporados accesorios que, en todo caso, formarán parte do mesmo contrato, e deberán ser incluídos na oferta ou orzamento conxuntamente co equipo vinculado.

D) Contía da axuda:

A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable polas seguintes porcentaxes:

– 30 %, no caso das pequenas empresas.

– 20 %, no caso das medianas empresas.

E) Documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e, se é o caso, de préstamo:

a) Documentación do expediente administrativo:

1. Certificado de situación censual expedido pola AEAT ou, no caso de novas actividades ou novos establecementos, compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

2. Documentación xurídica da personalidade da solicitante:

– Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de agrupacións, referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

No caso de sociedades inscritas no Rexistro Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

– No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, achegará as contas anuais consolidadas. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

– No caso de suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do imposto sobre sociedades do último exercicio impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

– No caso de persoas físicas ou entidades que non sexan suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades, autoliquidación do IRPF do empresario e/ou dos socios, segundo o caso, referida ao último período impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

3. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude.

4. Declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude, con datos das contas anuais do último exercicio pechado na data da solicitude.

5. En relación coa declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións delas.

b) Documentación relativa aos investimentos:

1. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado o solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.4 destas bases reguladoras.

No caso de elementos para os que, polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os subministren: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo desta circunstancia.

No caso de elementos para os que se pretenda a subvencionalidade dunha oferta económica distinta da de menor importe: informe emitido por persoa independente e experta na materia, acreditativo de que foi escollida a oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta criterios adicionais ao prezo. Deberá conter unha descrición e explicación dos criterios previstos e do modo en que estes foron valorados.

2. Para cada un dos elementos integrantes do investimento proxectado para os que non sexa de aplicación o previsto no punto anterior, deberá achegarse, como mínimo, unha oferta ou orzamento.

3. Cadro de ofertas segundo o modelo que figura no formulario de solicitude.

4. No caso de investimentos vencellados a máis dunha actividade económica da empresa: declaración responsable da vinculación proporcional, de cada un dos elementos do investimento proxectado, á actividade para a que se propón o proxecto.

5. No caso de investimentos en «útiles para provedores» ou equipamento que se localicen nas instalacións dos clientes: informe emitido por persoa independente e experta na materia, xustificativo da necesaria localización dos elementos obxecto de investimento nas instalacións do provedor ou do cliente, segundo corresponda.

c) Se se solicita préstamo parcialmente reembolsable, documentación complementaria que se debe presentar xunto coa solicitude de préstamo:

1. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIRBE) correspondente ao último período disponible, consistente nun arquivamento en formato PDF asinado electrónicamente, que a solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

2. Balance de situación e conta de perdas e ganancias referidos a unha data e período recentes, respectivamente.

3. Memoria para a cualificación do risco de crédito co seguinte contido:

– Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa.

– Capacidades básicas: estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control.

– Capacidade técnica da entidade: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais.

– Capacidade tecnolóxica da entidade: recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i.

– Capacidade económica da entidade: análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade.

4. Acreditamento da dispoñibilidade do financiamento necesario para levar a cabo o proxecto, respectando, como mínimo, o 25 % de contribución financeira exenta de apoio público.

5. Plan económico financiero da empresa, que deberá incorporar proxeccións da conta de perdas e ganancias e dos fluxos de efectivo previsionais anualizados para un mínimo dos 5 anos seguintes, cunha descrición razoada das hipóteses en que se fundamentan as previsións e, en particular, cunha análise do impacto do proxecto obxecto de solicitude.

Complementariamente e con carácter facultativo, o Igape poderá solicitar, motivadamente, a achega daqueloutra documentación xustificativa para os efectos da valoración da subvencionalidade do proxecto ou da avaliación do risco de crédito.

F) Documentación para a xustificación do proxecto que se debe presentar xunto coa solicitude de cobramento ou liquidación:

a) Documentación xustificativa do investimento:

1. Documentos acreditativos dos investimentos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberá conter suficiente información que a permita relacionar co gasto xustificado.

2. Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 7.4 das bases reguladoras, no caso de non as ter achegado xunto coa solicitude da axuda.

3. Nos casos de inicio dunha nova actividade: comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no artigo 24 da Lei 9/2013.

4. Memoria técnica, que deberá cubrirse no formulario electrónico de xustificación.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados a data de pagamento, o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Documentación acreditativa da publicidade do financiamento público: copia, que permita a súa lectura, do material onde se aprecie que se cumpriu a obriga de publicidade do financiamento público segundo o previsto no artigo 30.1.f) e no anexo X das bases reguladoras.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Determinación do tipo de xuro de mercado

Naqueles proxectos que cumpran as condicións necesarias, o órgano instrutor realizará un estudo e cualificación de risco coa metodoloxía descrita no anexo V, do cal resultarán encadrados nunha das categorías «excelente (AAA-A)», «boa (BBB)», «satisfactoria (BB)», «deficiente (B)», ou «mala/dificultades (CC)». Conforme os criterios descritos no anexo VI, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveles de colateralización: «alta», «normal» e «baixa».

Con base nestas categorías, determinarase o tipo de xuro de mercado que correspondería a cada unha das operacións de préstamo, determinado conforme o seguinte método:

a) Tipo base: determinarase con base na media do euribor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses anteriores se desvíe en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícase pola Comisión Europea na ligazón seguinte:

http://ec.europa.eu/competition/state_aid/legislation/reference_rates.htm

b) Marxes: determinaranse para cada operación con base na súa cualificación de risco e nas garantías da operación de acordo coa á seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior ao que sería aplicable á empresa matriz.

ANEXO V

Metodoloxía de cualificación do Risco de Crédito

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

0

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia

0-2

1

Calidade da xestión operativa

0-10

0

Capacitación técnica xeral

0-15

5

Risco de produto

0-9

3

Risco de mercado

0-9

3

Capacidade financeira

0-20

5

Risco por complexidade técnica

0-5

1

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

5

Factores atenuantes do risco

 

 

Cualificación do risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinados cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos previsto no artigo 24.4, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias.

Utilizar sistemas de información ERP ou prever a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades.

Retribución media ao persoal adecuada.

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral.

Xerencia e administradores/consello de administración cualificado, achegando currículo.

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila.

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos.

Experiencia no produto/servizo.

Dispoñer de persoal cualificado en persoal.

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade.

Dispoñer de certificados ambientais.

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica.

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada.

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións.

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo.

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos).

Grao de novidade do produto / razoablemente existirá boa demanda.

Competitividade en prezo.

Competitividade en calidade.

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado.

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulatorios en relación co produto.

O produto non está contrastado tecnicamente.

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo.

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos.

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica.

Grao de diversificación da carteira de clientes.

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...).

Existencia dun plan de márketing.

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo.

Dispoñer de rede comercial adecuada.

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas.

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo.

Barreiras de entrada que afecten o proxecto.

Inestabilidade nos prezos.

Dependencia de intermediarios.

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente fondos propios/pasivo total.

Cociente Endebedamento financeiro/EBITDA.

Rotacións de circulante coherentes/fondo de manobra apropiado.

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow.

Gastos financeiros contidos.

Resultado do exercicio/fondos propios.

Magnitude do proxecto en relación á estrutura previa.

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente débeda total/ fondos propios.

Financiamento a conceder/fondos propios.

Financiamento a conceder/débeda total.

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas a capitalizar.

Cociente fondos propios/pasivo total inferior ao limiar.

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise.

Adiamentos de débedas con administracións.

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto).

O proceso carece de complexidade técnica.

Experiencia exitosa en proxectos de similares.

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir.

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria.

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial.

Viabilidade económica e financeira da actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións.

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente.

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesouraría claro e con detalle suficiente.

Achéganse balances de situación previsionais.

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda.

Achéganse datos suficientes para o cálculo da TIR, e esta polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas.

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento.

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados.

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto.

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados levará unha puntuación total de cero puntos, e supoñerá a denegación da solicitude presentada.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá alcanzar polo menos o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo supoñerá a desestimación da solicitude presentada.

5. A puntuación do risco así obtida, dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, de acordo coa seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

ANEXO VI

Criterios de valoración das garantías

O nivel de garantías ofrecidas valorarase con base nunha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, de acordo coa seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

<30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

>60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme os seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 × (patrimonio neto conforme os seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida)

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Garantías consistentes en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 × (valor de taxación)/(importe operación garantida)

4. Garantías consistentes en hipotecas ou peza sen desprazamento sobre bens mobles: Considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente

Puntos = 60 × (valor de peritación)/(importe operación garantida)

5. Garantías consistentes en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou pignoración activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito: considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) /(importe operación garantida) × 100

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, acumulándose as puntuacións que correspondan.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas para proxectos de investimento empresarial en Galicia

Responsabilidade da beneficiaria.

As axudas e, se é o caso, os préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial están financiados polo Igape polo que as persoas beneficiarias deberán cumprir o seguinte requisito de publicación e comunicación:

Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento e/ou do emprego, deberán:

a) Incluír unha breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape e a marca Xacobeo 21-22, para o que se pode utilizar o seguinte formato:

missing image file

b) Colocar, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente de tamaño significativo (mínimo A3) na data límite de execución do proxecto. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación, e o formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

Para o caso de que a empresa sexa beneficiaria de axuda e de préstamo parcialmente reembolsable, o termo «Axudas» das actuacións de comunicación previstas no presente anexo deberá ser substituído por «Axudas e financiamento»

Para dar publicidade do financiamento atenderase o establecido no Decreto 112/2021, do 22 de xullo, polo que se aproba o uso dos elementos básicos da identidade corporativa da Xunta de Galicia (DOG nº 146, do 2 de agosto).

Os logos poderanse descargar no enderezo da internet https://igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto