Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 29 de xullo de 2022 polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 2022, polo que se aproba a modificación do anexo ao Plan de transporte público de Galicia sobre a área de transporte de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 21 de xullo de 2022, adoptou o acordo polo que se aproba a modificación do anexo ao Plan de transporte público de Galicia sobre a área de transporte de Galicia.

Para o coñecemento xeral da dita modificación do anexo ao Plan de transporte público de Galicia sobre a área de transporte de Galicia, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade resolve dispor a publicación do documento aprobado, que estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transporte-de-viaxeiros/plan-transporte-publico/documentos

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade