Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44119

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 8 de agosto de 2022 pola que se modifica parcialmente e se publica a ampliación de crédito da Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301V).

A Orde do 21 de outubro de 2021, publicada no DOG núm. 209, do 29 de outubro, estableceu os principios xerais contidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no relativo á concesión de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

O seu obxecto é regular o réxime da concesión directa de subvencións, por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola referida consellería, código de procedemento TR301V, e establecer aquelas tipoloxías de formación que quedan fóra do marco regulador da norma, como é o caso dos programas integrados de emprego e os obradoiros de emprego.

Con posterioridade á publicación da orde, e como consecuencia do escenario postpandemia e da dispoñibilidade de novos fondos de financiamento, desenvolvéronse novas liñas formativas non reguladas na Orde do 21 de outubro para as que cómpre determinar a súa inclusión ou exclusión no vixente réxime de concesión de bolsas e axudas, polo que, para estes efectos, é necesario modificar o artigo 1.1 para os efectos de regrar estes supostos.

Así mesmo, o artigo 2.5 da dita orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado o elevado volume de solicitudes de bolsas e axudas presentadas e resoltas, cómpre ampliar, con crédito incorporado e coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles, o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 21 de outubro de 2021.

Consecuentemente con todo o anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, DOG núm. 23, do 21 de marzo, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 21 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022

Modificación do número 1 do artigo 1, da Orde do 21 de outubro de 2021, relativo ao obxecto.

O artigo 1.1, queda redactado do seguinte xeito:

«1. A presente orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego, obradoiros de emprego e accións formativas financiadas con fondos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia».

Artigo 2. Ampliación de crédito

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás bolsas e axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de outubro de 2021, nas seguintes contías e con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da seguinte aplicación e proxectos:

Crédito

Aplicación

Proxecto

Importe

2021

2022

Inicial

11.05.323A.480.0

2013 00545

100.000 €

600.000 €

2021 00149

400.000 €

5.900.000 €

Ampliación

11.05.323A.480.0

2013 00545

2021 00149

600.000 €

Total

11.05.323A.480.0

2021 00149

500.000 €

7.100.000 €

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade