Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de agosto de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/94/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de marzo de 2022, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na construción dunha edificación illada de tipoloxía residencial, de planta baixa e alta e unha edificación auxiliar, no lugar de Casares de Refoxos, no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada con documento nacional de identidade número 45149371A, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística