Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44392

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de sección de Calidade, convocada pola Resolución do 4 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 22 de abril).

Convocada pola Resolución do 4 de abril de 2022 (DOG nº 77, do 22 de abril) a provisión do posto de xefe de sección de Calidade, esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de sección de Calidade, convocado pola Resolución do 4 de abril de 2022 (DOG nº 77, do 22 de abril).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro años desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de sete días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convócante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Denominación do posto: xefe de sección de Calidade.

Nome e apelidos: Agustín García Costa.

DNI: ***3995** (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.