Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44383

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 4 de agosto de 2022 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 8 de xuño de 2022 (DOG do 20 de xuño), convocouse o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Logo de realizada a valoración inicial pola Comisión de Selección, ao abeiro do artigo 6 da citada orde, o 22 de xullo de 2022 publicouse no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades http://www.edu.xunta.gal o baremo provisional dos méritos xunto coa proposta de adxudicación provisional das prazas.

Unha vez consideradas as renuncias e valoradas as reclamacións á resolución provisional, de conformidade co disposto no artigo 7 da citada convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso de méritos específico convocado pola referida Orde do 8 de xuño de 2022.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da dita orde, as persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro de 2022 e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

Terceiro. As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos e con reserva do posto de traballo de orixe, por un período que, incluída a comisión de servizos inicial e as eventuais prórrogas, non poderá superar os 6 anos de duración, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Adxudicación definitiva de prazas sometidas a convenio

Denominación do posto

Apelidos e nome

DNI oculto

1.1. E.E.F. A Graña (590105)

Pajares Núñez, María Cristina

***3952**

1.2. E.E.F. A Graña (590109)

Espeso Lence, Ramiro Antonio

***4024**

1.3. E.E.F. A Graña (590109)

Martínez Couce, Ana

***6816**

2.1. E.E. Antonio Escaño (590105)

Díaz Rodríguez, Emilio

***3515**

2.4. E.E. Antonio Escaño (590124)

Rodríguez Crespo, Iria

***9009**

2.7. E.E. Antonio Escaño (591202)

Méndez Sacochos, Miguel

***1412**

3. Centro Integrado de Formación Profesional Santiago (591216)

García Blanco, Fernando

***1885**

4. Centro Integrado de Formación Profesional Coia-Vigo (591211)

Rodríguez Rouco, Iván

***1930**

5. Centro Montealegre de Ourense

Armada Rodríguez, Isabel

***4691**

6. Centros Aspanaes

Castro Cancela, Laura

***5751**

7. Centro ASPAS Santiago de Compostela

Vega Romero, David

***0644**

8. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Sobrino Fernández, Mª Elena

***1854**

10. Coordinador/a escolarización poboación marxinada (Lugo)

Lapido Sánchez, Paula

***4756**

11.1. Asesor Abalar de Zona: A Coruña

Fariña García, José Leonardo

***2592**

11.2. Asesor Abalar de Zona: Lugo

Martínez Rama, Óscar

***1324**

11.3. Asesor Abalar de Zona: Marín

Pidre Mosquera, José Manuel

***2420**

11.4. Asesor Abalar de Zona: Ordes

Viña Vilanova, Ana Isabel

***0073**

12. IES de Sabón (Arteixo-A Coruña)

Pita Graña, José Alberto

***6151**