Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de apoio técnico para a elaboración de plans específicos para a xestión do risco de inundación en áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de grupo IV da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, e para a delimitación de nova cartografía de inundabilidade nas ARPSI (expediente OH.788.428).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311000-1 (servizos de consultoría en enxeñaría civil).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES111 A Coruña, ES112 Lugo e ES114 Pontevedra.

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de apoio técnico para a elaboración de plans específicos para a xestión do risco de inundación en áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de grupo IV da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa, e para a delimitación de nova cartografía de inundabilidade nas ARPSI, clave do expediente OH.788.428.

O obxecto comprende os traballos de apoio e asistencia técnica a Augas de Galicia nun marco de colaboración consistente no estudo, seguimento e asesoramento nos traballos de implantación da planificación hidrolóxica das inundacións no ámbito territorial de Galicia Costa, no tocante ao cumprimento da Directiva 2007/60/CE relativa á avaliación e xestión do risco de inundación, así como respecto á normativa derivada desta directiva, en especial o Real decreto 903/2010, do 9 de xullo, de avaliación e xestión do risco de inundación.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 935.466,14 euros. Importe total: 1.131.914,03 euros.

8. Valor estimado do contrato: 935.466,14 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 18 meses.

10. Criterios de adxudicación

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos (ponderación 37 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 4 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 16 de febreiro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 5

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 5.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 21 de marzo de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE Aquática Ingeniería Civil, S.L. & Aquatec Proyectos para el Sector del Agua, S.A.U., Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

14.2. NIF: U09861394.

14.3. Enderezo: r/ Santa Leonor, 39, 2º andar, 28037 Madrid.

14.4. Código NUTS: ES300.

14.5. Correo electrónico: ingenieria@aquatec.es

14.6. Fax: 913 62 10 00.

14.7. Teléfono: 628 87 06 00.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si, unha das empresas que forma parte da UTE (Aquática Ingeniería Civil, S.L.).

15. Valor da oferta seleccionada:

Importe neto: 781.020,68 euros. Importe total: 945.035,02 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 «Medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa» (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación «Resto de medidas para a prevención do risco de inundación na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa».

Polo tanto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación, de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2021/S157-416229, do 16 de agosto de 2021.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de agosto de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de agosto de 2021.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 16 de agosto de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 16 de febreiro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 21 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de marzo de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 25 de marzo de 2022.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia