Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Ourense.

Mediante o Acordo do 4 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/94-3), a cal foi publicada no DOG do 27 de xullo de 2022, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/94-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA SAC803 entre o apoio núm. 21 e o núm. 36.

Termo municipal: Ourense.

Predio núm. en proxecto: 3.

Lugar: Rego.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio núm. 23, cunha superficie de ocupación de 2 m2.

Predio núm. en proxecto: 6.

Lugar: Gandareira.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio núm. 26, cunha superficie de ocupación de 2 m2.

Predio núm. en proxecto: 10.

Lugar: Suventana.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio núm. 31, cunha superficie de ocupación de 2 m2.

Predio núm. en proxecto: 11.

Lugar: Souto do Carreiros.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio núm. 32, cunha superficie de ocupación de 2 m2.