Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2022/113-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.

Situación: Meaño.

Descricións técnicas: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P por un apoio tipo C-1000/14 e outro tipo C-1000/16, respectivamente. Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 107 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 e final no apoio proxectado C-1000/16. As instalacións están situadas no lugar de Coirón, na parroquia de Dena, no concello de Meaño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/113-4.

Denominación: substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803.

Concello: Meaño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Revoltiña

Agrario

36027A008000530000MW

Dolores Varela Castro

1

10,24

2

Molar

Agrario

36027A008000440000MJ

Descoñecido/a

8,35

12,00

3

Molar

Agrario

36027A008000430000MI

Descoñecido/a

2,75

5,62

5

Molar

Agrario

36027A008000410000MD

Descoñecido/a

1,15

7,28

5

Molar

Agrario

36027A008000390000MX

Descoñecido/a

7,90

31,20

6

Molar

Agrario

36027A008000420000MX

Descoñecido/a

16,30

22,10

7

Casiñas

Agrario

36027A008000380000MD

Descoñecido/a

6,25

9,93

8

Casiñas

Agrario

36027A008000330000MF

Descoñecido/a

2

13,12

55,25

104,30