Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTA LAL811 e substitución CTI Gate.
Situación: Lalín.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 46 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1600/15 e final no apoio proxectado C-1000/14, que substitúe o AVD0FS98//9-10CT. LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 12 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 e final no apoio proxectado C-2000/12. Centro de transformación intemperie, situado no apoio proxectado C-2000/12, a 100 kVA con RT 20 kV/400 V. A instalación está situada en Covás, Catasós, no concello de Lalín (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 26 de xullo de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2022/220-4.
Denominación: LMTA LAL811 e substitución CTI Gate.
Concello: Lalín.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||
nº |
m2 |
ml aér. |
m2 aér. |
|||||
2 |
Eira Darriba |
Agrario |
36024A087003310000AT |
María Manuela Taboada Fernández |
1 |
2,87 |
28,35 |
|
3 |
A Eira |
Agrario |
36024A087003320000AF |
Consuelo Rodríguez Blanco |
5,1 |