Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS SDM711 e substitución CT avenida Aeroporto Vigo 543.

Situación: Vigo.

Características técnicas: substitución do centro de transformación (CT) avenida Aeroporto Vigo 543 (36CGU1) de 160 kVA por un centro de transformación de manobra exterior 2L1P TC TG de 250 kVA en envolvente prefabricada de formigón conectado ao tramo SDM7111351 mediante un paso aéreo subterráneo no apoio existente A2J66XGU//D54-24-4. LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ, de 23 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A2J66XGU//D54-24-4 e final na cela do CT proxectado. A instalación está situada na rúa Rinxela-Cabral, na parroquia de Cabral, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/223-4.

Denominación: LMTS SDM711 e substitución CT avenida Aeroporto Vigo 543.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titulares

Afeccións

Canaliz. subt.

CT sup.

(m²)

Lonx. (m)

Sup. (m²)

1

Albítez

Agrario

36024A087003310000AT

Hrdos. Manuel Alonso Vilaboa Suárez

16

27,45

13,92