Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20210964EA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 7 de xullo de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20210964AE-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 3 de agosto de 2022

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Artigos 18.3 e 19.1.a) do Decreto 136/2019,
do 10 de outubro; DOG do 31 de outubro)
Enrique Victorino Rodríguez Díez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº de expediente: 20210964AE-LU.

DNI da persoa interesada: 76563289S.

Último enderezo coñecido: avenida de Ferrol, 37, 1º A, 27850 Viveiro.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 42.bis.d) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021.

Tipificación provisional: unha infracción grave.

Sanción proposta: tres mil un euros (3.001,00 €).