Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44599

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2022 pola que se modifica a Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se convocan para a anualidade 2022 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, para os efectos de ampliar o prazo de presentación de solicitudes (código de procedemento VI406B).

O 27 de maio de 2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se convocan para a anualidade 2022 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B).

O ordinal sexto da citada resolución dispón que o prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de setembro de 2022.

O número de solicitudes presentadas aconsella ampliar o prazo inicialmente establecido coa finalidade de que a subvención se dirixa ao maior número posible de persoas beneficiarias.

De conformidade con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Ampliar o prazo para a presentación de solicitudes de axudas financeiras do Programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, previsto no ordinal sexto da Resolución do 11 de maio de 2022, ata o 2 de novembro de 2022.

Esta resolución producirá efectos o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo