Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 247/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 247/2022 (procedemento abreviado) de David Lubián Espinosa, contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 19 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información (DOG núm. 22, do 2 de febreiro), que o exclúe con carácter definitivo do concurso-oposición convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 na categoría de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos