Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 44713

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (código de procedemento IN422N).

Mediante a Resolución do 21 de marzo de 2022, que foi publicada no DOG núm. 63, do 31 de marzo, aprobouse a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (código de procedemento IN422N).

O artigo 4.2 da convocatoria prevé que «os orzamentos por tecnoloxía renovable poderán ser redistribuídos pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes» .

Transcorrido o dito prazo, nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutras das epígrafes existe listaxe de espera, polo que é de aplicación o establecido no artigo 4.2 citado anteriormente.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúe entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxías renovables térmicas,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos do Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía (IN422N) para as anualidades 2022-2023, en función do volume de solicitudes recibido, e modificar a táboa do artigo 4.2 da Resolución do 21 de marzo de 2022 da seguinte maneira:

Tecnoloxía renovable térmica

Fondos iniciais (€)

Modificación (€)

Fondos finais (€)

Biomasa

2.300.000,00

1.250.000,00

3.550.000,00

Xeotermia e hidrotermia

1.500.000,00

200.000,00

1.700.000,00

Aerotermia

2.300.000,00

-1.500.000,00

800.000,00

Solar térmica

45.270,60

50.000,00

95.271,00

Total

6.145.270,60

0,00

6.145.270,60

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia