Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 29 de xullo de 2022 polo que se notifican a resolución de arrendamento de predios e o requirimento de emenda relativos ao procedemento de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a resolución sobre o arrendamento de predios e o requirimento de emenda relativos ao procedemento de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

A persoa interesada pode coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI/CIF

Acto que se notifica

20142700094-2020-10662

Arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia

33333326R

Resolución de arrendamento de predios

20072700473-2020-10661

Arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia

33333326R

Requirimento de emenda de solicitude de arrendamento