No Boletín Oficial da provincia número 120, do 27 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade de cinco prazas de policía local (4 por acceso libre e 1 por concurso) de Administración especial, subescala servizos especiais, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición e concurso, grupo C1.
No Boletín Oficial da provincia número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Culleredo, 29 de xullo de 2022
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde