De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de se intentar sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao non ser posible efectuar a comunicación á cal se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para o que se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas (Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Logo de considerar que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada das especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no DOG, dos datos catastrais da parcela.
Logo de considerar que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutindo os custos ás persoas responsables.
Logo de considerar que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Acto que se notifica: orde de execución (expediente 342-2022).
Interesado: Manuel Ramiro Pereira Orge.
Referencia catastral: 36043A043009840000JY (polígono 43-parcela 984).
Prazo: 15 días naturais.
Ponte Caldelas, 27 de xullo de 2022
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente