Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45648

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2022 pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante os cursos 2022/23 e 2023/24.

Coa finalidade de proceder á implementación nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, para os cursos 2022/23 e 2023/24, resolvo anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante os cursos 2022/23 e 2023/24.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2022 (incluído).

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude de nova incorporación no programa a través da aplicación informática: www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

A persoa responsable da dirección do centro, ou persoa autorizada, será quen teña o permiso de creación e presentación da solicitude. O documento que recolla a solicitude de cada centro xerado pola aplicación informática non ten que remitirse por ningunha vía.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2022

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Delegación sinatura do 29.7.2022)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia