Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45653

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2022 de convocatoria pública, mediante vinculación temporal, para a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do Centro de Transfusión de Galicia (na actualidade, Axencia de Doazón de Órganos e Sangue).

Convocada mediante o Anuncio do 1 de xuño de 2022 (DOG nº 112, do 13 de xuño) a provisión, mediante vinculación temporal, para a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade, ADOS), esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a cobertura dunha praza da categoría de médico xeral do CTG (na actualidade, ADOS), convocada mediante o Anuncio do 1 de xuño de 2022 (DOG nº 112, do 13 de xuño).

Segundo. De conformidade coa base sétima da convocatoria, convocar o/a aspirante seleccionado/a que se indica no anexo desta resolución para, en único chamamento e acto, a asignación da praza, que terá lugar o xoves 1 de setembro de 2022, ás 10.00 horas, na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela.

Terceiro. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar ao finalizar o acto de elección de destino.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2022

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Total 1ª fase

Total 2ª fase

Total suma fases

Gándara Martínez, Alba

****3670*

0,626

2,000

2,626

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.