Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2022/275-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 na LMT CII808-CII809.

Situación: Moaña.

Características técnicas: substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 por dous apoios de tipo C-2000/16 no tramo CII8081798 do circuíto aéreo da liña de media tensión CII808-CII809. Desmontaxe de tres apoios de formigón e de 131 metros de condutor LC-80 desde o apoio 9VJ4OR5W//D54 ata o apoio proxectado C-2000/16 (9VL42LVI//D56). LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 131 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9VJ40R5W//D54 da LMTA CII808 e final no apoio proxectado C-2000/16 na LMTA CII808. LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 131 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9VJ40R5W//D54 da LMTA CII809 e final no apoio proxectado C-2000/16 na LMTA CII809. As instalacións están situadas en Seara, no concello de Moaña (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/275-4.

Denominación: substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 na LMT CII808-CII809.

Concello: Moaña.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

1

Veiga Darca

Rústico

36029A064001900000IL

Descoñecido/a

1

1,69

2

Seara

Urbana

36029A064001890001OG

Begoña Tirgo Maldivo e Rodrigo Oya Martínez

2

1,69