Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 46043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira para a praza de técnico/a de museos.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía número 438/2022, que se emitiu o 19 de agosto de 2022, resolveuse o nomeamento de Diana Rodríguez Rodríguez, con DNI ***9606**, como funcionaria de carreira do Concello de Valdoviño, para a praza de técnico/a de museos, incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2021, coas seguintes características: grupo A, subgrupo A2, encadrada na escala de Aministración especial, subescala de servizos especiais.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Valdoviño, 19 de agosto de 2022

Alberto González Fernández
Alcalde