Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 29 de agosto de 2022 Páx. 46094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Monte Agrelo e Muriño, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña) (expediente IN408A 2020/58).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: EDP Renovables España, S.L.U. (CIF: B91115196).

Domicilio social: r/ Serrano Galvache, nº 56-3º andar, Edificio Encina, parque empresarial Parque Norte, 28033 Madrid.

Domicilio para efectos de notificacións: r/ Amio, nº 114, parque empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Agrelo e Muriño (expediente IN408A 2020/58).

Concellos afectados: Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña).

Potencia a instalar: 42 MW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 7 unidades × 6 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 134,52 GWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes á potencia nominal: 3.203 horas.

Orzamento de execución material: 29.672.467,80 € + 1.766.534,70 € = 31.439.002,50 €.

Prazo de execución: sesenta e cinco (65) semanas.

Localización (área de afección):

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

A.D.E.

G17 e Silvarredonda

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

505.203,695

4.778.785,629

Zas

2

507.333,781

4.781.436,734

Cabana de Bergantiños

3

509.098,310

4.780.483,457

Cabana de Bergantiños

4

509.175,157

4.779.285,643

Cabana de Bergantiños

5

510.310,743

4.779.285,646

Cabana de Bergantiños

6

509.872,347

4.781.368,094

Cabana de Bergantiños

7

508.501,328

4.782.162,180

Cabana de Bergantiños

8

508.556,225

4.783.365,364

Cabana de Bergantiños

9

508.003,332

4.785.377,677

Cabana de Bergantiños

10

507.166,048

4.785.378,543

Cabana de Bergantiños

11

507.490,928

4.783.336,667

Cabana de Bergantiños

12

502.970,656

4.779.382,275

Zas

13

503.475,140

4.778.785,623

Zas

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

AGM-01

503.873,30

4.779.146,86

Zas

AGM-02

505.031,29

4.780.207,54

Zas

AGM-03

507.740,79

4.785.119,60

Cabana de Bergantiños

AGM-04

507.748,86

4.784.244,91

Cabana de Bergantiños

AGM-05

507.941,40

4.783.658,62

Cabana de Bergantiños

AGM-06

507.233,53

4.782.411,05

Cabana de Bergantiños

AGM-07

508.117,43

4.781.555,31

Cabana de Bergantiños

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

AGM-TM

503.894,00

4.778.803,00

Zas

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

Torre meteorolóxica provisional

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TM calibración

503.873,30

4.779.146,86

Zas

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

Torre de comunicación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

TC

507.375

4.781.846

Cabana de Bergantiños

Parque eólico Monte Agrelo e Muriño

Vértices da subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

V01

507.323

4.781.897

Cabana de Bergantiños

V02

507.374

4.781.858

Cabana de Bergantiños

V03

507.325

4.781.794

Cabana de Bergantiños

V04

507.274

4.781.834

Cabana de Bergantiños

Características técnicas da instalación:

• Sete (7) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG-155 ou similar, de potencia nominal unitaria 6 MW, paso variable, altura ata a buxa de 122,5 m e diámetro do rotor de 155 m.

• Sete (7) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, de potencia aparente unitaria 6.500 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.

• Unha torre meteorolóxica de 122,5 m de altura.

• Unha subestación eléctrica transformadora, denominada SET Monte Agrelo e Muriño 30/220 kV, coa seguinte configuración:

– Sistema de 220 kV (simple barra, intemperie): dúas (2) posicións de liña 220 kV, unha (1) posición de transformador de potencia 220/30 kV e un (1) transformador de potencia trifásico 37,5/50 MVA.

– Sistema de 30 kV en intemperie: un (1) transformador de servizos auxiliares de potencia nominal 100 kVA e relación de transformación 30/0,42 kV, unha (1) reactancia trifásica de posta á terra na saída de 30 kV do transformador de potencia, unha (1) batería de condensadores, un (1) interruptor trifásico con mando monopolar para batería de condensadores e tres (3) transformadores de intensidade para batería de condensadores.

– Sistema de 30 kV en interior: dúas (2) celas de protección entrada/saída de liña, unha (1) cela de protección de secundario de transformador de potencia, unha (1) cela de protección de secundario de transformador de potencia (cela de reserva), unha (1) cela de protección de transformador de servizos auxiliares, unha (1) cela de medida de tensión de barras e unha (1) cela de batería de condensadores.

– Tamén disporá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos.

• Unha torre de comunicacións de 80 m de altura, nas proximidades da SET, para a transmisión dos datos.

• Un sistema colector de media tensión (MT) formado por tres circuítos de 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto canalizar a enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET. O tipo de cable utilizado para esta rede será o condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV Al, de diferentes seccións (150, 240 e 630 mm2).

• A posta á terra da rede de MT está constituída por un condutor de cobre nu, de sección 50 mm2, tendido ao longo da canalización de MT, no fondo desta. A rede de terras xeral do parque eólico forma un circuíto equipotencial.

• Pola mesma gabia que as liñas de MT instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para a monitorización e control do parque.

• A evacuación da enerxía do parque desde a SET Monte Agrelo e Muriño 220/30 kV realizarase a través dunha liña aérea 220 kV, sendo o punto final de entrega da enerxía a subestación de Meirama. Nin a mencionada liña nin a subestación de Meirama son obxecto do presente proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución (xuño 2021-visado 31.5.2022).

1.1. Plano xeral do parque eólico.

2. Estudo de impacto ambiental (EIA) (outubro 2021-asinado 30.5.2022).

3. Proxecto de interese autonómico (PIA) (novembro 2021-asinado 30.11.2021).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos casas do concello de Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 19 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña