Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46333

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

BDNS (Identif.): 644844.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia. Estas entidades poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades.

Segundo. Obxecto

Accións formativas, financiados polo FEMP, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 3 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).

Cuarto. Contía

O financiamento destas axudas concederase con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.422K.770.0 (600.900,00 €) e 15.03.422K.780.0 (106.100,00 €), código de proxecto 20160289, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. O importe máximo das subvencións que se concedan no 2022 será de 707.000,00 €, repartidos en dúas anualidades, correspondéndolle 257.000,00 € á anualidade 2022 e 450.000,00 € á anualidade 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
P.A. (Artigo 9.1 do Decreto 50/2021, do 11 de marzo)
María Dolores Novo Gutiérrez
Vicesecretaria xeral da Consellería do Mar