Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46591

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 25 de agosto de 2022 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 31 de xaneiro).

Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2022 convocáronse procedementos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nas bases décimo primeira, décimo oitava e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas dos corpos de inspectores de educación, de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres, as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 4 de agosto de 2022, publicada no DOG do 23 de agosto, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro).

Segundo. Nomear persoal funcionario en prácticas, ao ter concedido o correspondente adiamento da fase de prácticas, do corpo de profesores de ensino secundario a Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, que superou o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Terceiro. Nomear persoal funcionario en prácticas, ao ter concedido o correspondente adiamento da fase de prácticas, do corpo de profesores de artes plásticas e deseño a Berta Secall Pons, DNI ***1805**, especialidade Danza Clásica; do corpo de profesores de ensino secundario a Diego Villaverde Varela, DNI ***0955**, especialidade Lingua Castelá e Literatura, a Eleonora Giunchi, NIE ***2837**, especialidade Grego, a Iria Ameixeiras Cundíns, DNI ***0213**, especialidade Lingua Galega e Literatura, a Lorena González Gil, DNI ***0943**, especialidade Análise e Química Industrial, a Alejandro Otero Zarraquiños, DNI ***3118**, especialidade Matemáticas, a Géraldine Maynadier, pasaporte ***K749**, especialidade Francés, a Tamara Varela Vila, DNI ***8033**, especialidade Francés, a Kevin Samir Djourdem, NIF ***5546** , especialidade Francés, e a Yolanda Martínez Suárez, DNI ***3394**, especialidade Produción de Artes Gráficas; do corpo de profesores técnicos de formación profesional a Raíña María Mariño Gómez, DNI ***6996** especialidade de Operacións e Equipos de Elaboración de Produtos Alimentarios, e a María Torres Cubeiro, DNI ***1742**, especialidade de Procesos de Xestión Administrativa, e do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas a María Verónica Fernández Domínguez, DNI ***3246**, especialidade Alemán, que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro).

Cuarto. Publicar a relación de adiamentos da fase de prácticas concedidos para o curso académico 2022/23 ás seguintes persoas:

A Beatriz Álvarez Díaz, DNI ***8207**, especialidade Matemáticas, a Lucía Fraga Viñas, DNI ***3749**, especialidade Inglés, a Antía Monteagudo Alonso, DNI ***5290**, especialidade Lingua Galega e Literatura, e a Gabriela Rivera Rodríguez, DNI ***8726**, especialidade de Lingua Castelá e Literatura, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro).

Quinto. Publicar o adiamento da fase de prácticas concedido para o curso 2022/23 a Emilio José Suárez Canedo, DNI ***6298**, especialidade Matemáticas, que superou o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG do 25 de xaneiro).

Sexto. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2022 ata o 31 de agosto de 2023.

Sétimo. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE de 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Oitavo. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Noveno. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que considere oportunas para o correcto desenvolvemento e execución desta orde.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades