A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 2022, acordou iniciar o procedemento de expropiación da parcela que ocupa a beirarrúa propiedade da Comunidade de Propietarios do edificio situado na rúa Beiramar, 20, Campelo, San Xoán, e que forma parte da parcela con referencia catastral 6178004NG2967N, de 38,7 m2, que consta no informe e plano xeorreferencial entregado no Concello o 30 de decembro de 2020 por ALP.
Publícase a relación concreta e individualizada da parcela que é necesario ocupar, durante o prazo de 15 días hábiles, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Diario de Pontevedra, e no taboleiro de anuncios do Concello, de conformidade co disposto nos artigos da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957. Os interesados poden facer no prazo de 15 días hábiles, contados a partir da última publicación, as alegacións que consideren oportunas para os efectos de emendar posibles erros que se produzan na relación do ben afectado.
O expediente de expropiación pódese consultar no Servizo de Urbanismo ou oficina técnica municipal do concello.
A parcela 6178004NG2967N, estrema sur-frente, estrada de Campelo, hoxe rúa Beiramar; norte-fondo, irmáns L.G. e P.O.; leste-dereita entrando, casa de A.G.P.; e oeste-esquerda, casa de R.S.
Superficie afectada pola expropiación 38,7 m2, o terreno que ocupa a beirarrúa.
Relación de propietarios:
Alfonso José López Gamallo ¼ de propiedade.
Javier López Gamallo ¼ de propiedade.
María López Gamallo ¼ de propiedade.
Gumersindo López Gamallo ¼ de propiedade.
Poio, 27 de xullo de 2022
Luciano Sobral Fernández
Alcalde


