Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46571

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan os cursos correspondentes ao segundo semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Con data do 27 de abril de 2022 a entón Consellería de Emprego e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública subscribiron un convenio para a organización do Plan anual 2022 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia que forma parte do proxecto «Plan de Formación Permanente para o persoal do SNE (2021-2023)», financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O citado proxecto enmárcase no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, e está incluído na Política Panca VIII. «Nova economía dos coidados e políticas de emprego», Compoñente 23. «Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo», Investimento 5. «Gobernanza e impulso ás políticas de apoio á activación para o emprego».

Este plan anual contribúe ao cumprimento do obxectivo nº 348 incluído na «Proposta de decisión de execución do consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España», do 16 de xuño de 2021, aprobada definitivamente polo Consello da Unión Europea o 13 de xullo de 2021. Ademais, este plan ten en conta todos os requirimentos establecidos nas disposicións operativas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o citado obxectivo.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As accións formativas que se ofertan para as persoas empregadas públicas teñen por obxecto mellorar as súas competencias e prestar un apoio máis eficaz aos solicitantes de emprego.

Estas actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal> e no enderezo web <https://emprego.xunta.gal/portal/gl/formacion-mrr.html>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 9 de setembro de 2022.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236 do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación nas accións formativas convocadas a través desta resolución, así como aqueles outros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola EGAP e pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade na súa condición de responsables do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nas anteditas accións formativas serán publicados conforme ao detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos a súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

Os datos de carácter persoal dos participantes nas accións formativas convocadas mediante esta resolución recadados polos diferentes servizos públicos de emprego quedan protexidos polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), de acordo co establecido nos artigos 2 e 3, así como pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Os referidos datos serán cedidos ao Servizo Público de Emprego Estatal para o exercicio dos poderes públicos que se lle encomendan e no cumprimento das obrigas legais derivadas da aplicación dos fondos do mecanismo de recuperación y resiliencia.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración a través do enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia e o seguimento das actividades formativas

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Seguimento das actividades formativas:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade

Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación. As persoas inscritas que completen a acción formativa obterán o certificado oficial correspondente.

Décima. Facultades da EGAP e da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade

1. A EGAP e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade resolverán aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e poden suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A EGAP e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade poderán modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas. Todas as modificacións que afecten ao desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

3. Naquelas actividades en que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade reserva para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, ou agrupar varias edicións, caso no que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

5. A EGAP e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Prazas

Horas

Modalidade

Cualificación

Data
de inicio

Data
de fin

Data e hora do exame en liña

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: Emprego

CV22003

Avanzado de intermediación laboral

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

31.10.2022

29.11.2022

2.12.2022 18.00 h

CV22049

Atención á cidadanía no Servizo Público de Emprego

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

19.9.2022

18.10.2022

21.10.2022 17.00 h

CV22050

Certificados de profesionalidade: que son e para que serven

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

19.9.2022

18.10.2022

21.10.2022 17.00 h

CV22051

Claves da prospección de emprego

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

26.9.2022

25.10.2022

28.10.2022 18.00 h

CV22052

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica do Servizo Público de Emprego

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

26.9.2022

25.10.2022

28.10.2022 19.00 h

CV22053

Fundamentos da Orientación Laboral Aberta

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

10.10.2022

10.11.2022

14.11.2022 18.00 h

CV22054

Iniciacion á intermediación laboral

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

10.10.2022

10.11.2022

14.11.2022 17.00 h

CV22055

Inscrición das persoas estranxeiras no servizo público de emprego de Galicia

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

24.10.2022

22.11.2022

25.11.2022 17.00 h

CV22056

Introdución ás prestacións por desemprego

Persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

50

30

Teleformación

Aproveitamento

24.10.2022

22.11.2022

25.11.2022 18.00 h