Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 46860

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 6 de xuño de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

En virtude da Resolución do 6 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

DISPOÑO:

Incluír na relación definitiva de persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***2116**

Louzán Sambad, Rosa María

Estimación recurso administrativo

A persoa anteriormente indicada queda excluída da relación definitiva de persoas aspirantes excluídas ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública