Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 47036

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo correspondente á oferta de emprego público de 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 636/2021, do 27 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021, anuncia a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato de remuda indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico/a de Facturación (GII BII N6).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.

Vigo, 9 de agosto de 2022

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo