Esta reitoría, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na sesión do día 29 de xuño de 2022 resolve convocar concurso público para a provisión das prazas de persoal docente e investigador contratado con vinculación non permanente que figuran no anexo I.1 desta resolución, de conformidade coas seguintes
Bases da convocatoria
1. Normas xerais.
1.1. Este concurso réxese, ademais de polo disposto nas bases desta convocatoria:
– Pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (en diante, LOU).
– Pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP).
– Pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).
– Pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
– Polo Decreto 266/2002, do 6 de setembro, sobre contratación de profesorado universitario.
– Polos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro.
– Polo Regulamento de selección de profesorado non permanente, aprobado polo Acordo do Consello de Goberno da USC do 7 de febreiro de 2020 (en diante, Regulamento).
– Polo II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador laboral das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, subscrito con data do 26 de xaneiro de 2011 (DOG do 14 de abril), prorrogado con data do 12 de xullo de 2013 (DOG do 29 de xullo) (en diante, Convenio).
1.2. Naquelas áreas de coñecemento onde se oferte máis dunha praza da categoría de profesorado axudante doutor reservarase unha delas para as persoas que teñan recoñecido legalmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento. As prazas reservadas ás persoas con discapacidade que queden desertas poderán proverse co resto das reservadas ás persoas candidatas que superasen o concurso e consten na proposta de provisión formulada pola Comisión de Selección.
1.3. As referencias que para cada posto de traballo se conteñen nesta convocatoria en relación coas obrigas docentes e de investigación que deberán asumir as persoas seleccionadas non suporán en ningún caso para quen obteña estes postos un dereito de vinculación exclusiva a esas actividades, nin limitarán a competencia da Universidade para asignarlles unhas tarefas docentes e investigadoras diferentes. Do mesmo xeito, a referencia ao centro en que se deberá desenvolver a actividade docente non suporá o dereito a non exercer actividade docente ou investigadora noutro centro dependente da propia universidade, aínda no caso de que radique en localidade distinta, de acordo, en todo caso, co que estableza o convenio colectivo e demais normas de aplicación.
1.4. Cando os prazos a que fai referencia esta convocatoria se expresen en días entenderase que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados e domingos e os declarados festivos, segundo o disposto no artigo 30 da LPACAP. Consideraranse festivos para estes efectos os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo, e ampliarase en calquera caso en ambos os dous campus o prazo establecido por un número de días igual ao dos festivos existentes.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
O mes de agosto será inhábil para a publicación de convocatorias e para a reunión das comisións de selección.
1.5. O prazo máximo para a resolución do concurso será de 3 meses contados a partir da data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2. Requisitos das persoas aspirantes.
2.1. Requisitos de carácter xeral para poderen ser admitidas neste concurso:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro que, nos termos previstos no artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao emprego público.
b) Estar en posesión da titulación e demais requisitos exixidos na convocatoria para cada tipo de praza.
c) Ter feitos os 16 anos de idade.
d) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
e) Acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente.
f) Non ter sido despedido ou separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional a que pertencía.
No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
g) Aboar as taxas previstas na base 3.5 dentro do prazo de presentación de solicitudes.
2.2. Requisitos de carácter específico.
2.2.1. Categoría de profesorado axudante doutor:
a) Posuír o título de doutor.
b) Contar coa avaliación positiva para a figura de profesor/a axudante doutor/a ou para outra categoría superior, expedida pola ACSUG, pola ANACA ou por calquera outro órgano de avaliación, sempre que exista un convenio ou concerto previo coa Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non ter esgotado o tempo máximo de oito anos de duración conxunta como contratado nas figuras de profesor/a axudante e profesor/a axudante doutor/a nesta ou noutra universidade.
d) No caso de obter a praza, estar en condicións de cumprir o requisito de poder asumir as obrigas do contrato na figura de profesor/a axudante doutor/a por un período mínimo dun ano.
2.3. O cumprimento destes requisitos, tanto de carácter xeral como específico, agás o sinalado no número 2.1.e), estará referido sempre á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ao longo de todo o proceso selectivo.
3. Solicitudes.
3.1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude, acompañada da documentación correspondente, unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación de probas selectivas do PDI (en diante, aplicación de concursos) á cal se pode acceder a través da seguinte ligazón na sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/114/ver.htm), para o que deberán empregar os medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/informacion/aspectosTecnicos.htm).
No caso de que as persoas aspirantes desexen participar en máis dun concurso, deberán cubrir na aplicación de concursos unha solicitude para cada un deles. Neste suposto, o sistema ofrecerá a posibilidade de executar un duplicado da solicitude presentada nesta aplicación nun concurso anterior. A persoa aspirante deberá comprobar nesta nova solicitude a incorporación efectiva dos datos e méritos que se pretenden duplicar e alegar. A documentación acreditativa, en formato PDF, deberá engadirse unicamente no suposto de conter información distinta e/ou actualizada da achegada na solicitude de orixe.
De xeito excepcional para este procedemento e unicamente as persoas de nacionalidades distintas da española poderán usar medios de identificación electrónicos alternativos.
A non presentación da solicitude a través dos procedementos e formularios descritos nesta epígrafe será causa de exclusión e non poderá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.
3.2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal e empregando o formato de arquivo PDF. As copias dixitalizadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia presentada.
A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial de calquera dato ou información na declaración, así como a non presentación da documentación cando lle sexa requirida, determinará a non selección e/ou a non formalización do contrato de traballo, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procederen.
3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán xustificar esta circunstancia e poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver o procedemento selectivo.
Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición e motivalo.
3.4. As solicitudes deberán presentarse no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
3.5. Dereitos de exame.
As persoas aspirantes deberán aboarlle á USC, por cada concurso en que soliciten participar, a cantidade de 44,17 euros en concepto de dereitos de exame.
Estarán exentas do pagamento da totalidade da taxa por dereitos de exame:
1) Aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
2) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame:
1) As persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.
2) As persoas que figurasen como demandantes de emprego desde polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da USC, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
Todas as circunstancias que supoñen unha bonificación total ou parcial das taxas por dereitos de exame deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude e incorporar na epígrafe que corresponda da aplicación de concursos a copia en PDF da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda. As relativas á condición de demandante de emprego, así como ao feito de non estar percibindo a prestación ou subsidio por desemprego, deberanse acreditar mediante o correspondente PDF dos certificados expedidos polo Servizo Público de Emprego e incorporalos na epígrafe que corresponda.
A persoa solicitante deberá realizar a liquidación de taxas na aplicación de concursos e o seu aboamento a través dun dos seguintes medios e sempre dentro do prazo de solicitude:
1) Pagamento presencial a través do impreso de autoliquidación. Para iso, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria.
2) Pagamento electrónico mediante cartón de crédito. Para iso deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico e realizar o pagamento a través da pasarela bancaria a que se lle dea acceso a través da aplicación informática.
Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen a totalidade dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que as persoas aspirantes se acollesen a unha exención ou bonificación e non o xustifiquen, serán excluídas do procedemento por non ter completado o pagamento da totalidade das taxas dentro do prazo de presentación de solicitudes.
Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.
En ningún caso a presentación e pagamento da taxa suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.
3.6. Para calquera aclaración ou información sobre a tramitación electrónica, as persoas solicitantes poderanse poñer en contacto co Centro de atención aos/as usuarios/as seguindo o procedemento indicado na páxina http://www.usc.gal/gl/servizos/atic/cau/
No caso de non poder formalizar a solicitude mediante a aplicación de concursos dentro dos prazos establecidos, e sempre que o motivo sexa por causas técnicas non imputables ao interesado que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede, observarase o que a USC estableza nesta materia para tal fin.
4. Documentación acreditativa de requisitos e méritos.
Xunto coa solicitude, e sempre a través da aplicación de concursos, presentarase a documentación acreditativa de requisitos e méritos alegados no currículo. Os documentos acreditativos de requisitos e méritos deberán estar en formato PDF e emitidos en español, galego ou en calquera dos idiomas cooficiais das comunidades autónomas do Estado que así o recollan nos seus estatutos de autonomía. Os méritos dos números 3 e 4 dos anexos II e III poderanse acreditar na lingua en que están publicados e tamén naquela lingua ou linguas de uso habitual na área de coñecemento da praza convocada a concurso.
4.1. Acreditación de requisitos de carácter xeral.
A documentación que en todo caso debe presentarse é a seguinte:
a) Copia dixitalizada en formato PDF do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.
As/os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e, de ser o caso, do feito de viviren a expensas ou estaren a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, con que teña o dito vínculo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos para algunha das linguas oficiais da USC.
b) Copia dixitalizada en formato PDF do título universitario oficial que se requira para as categorías de profesorado axudante doutor. No caso de ter realizado o depósito do título universitario oficial no último ano e non estar expedido, poderá presentarse a copia dixitalizada da certificación supletoria do título correspondente.
Os títulos expedidos por universidades ou autoridades estranxeiras deberán ser acreditados por algún dos seguintes procedementos:
1º. Títulos de grao e máster oficiais necesarios para exercer unha profesión regulada: resolución de homologación ditada polo ministerio competente na materia conforme o Real decreto 967/2014, do 21 de novembro.
2º. Títulos de grao: resolución de equivalencia ditada polo ministerio competente na materia conforme a citada normativa.
3º. Títulos de doutor: declaración de equivalencia ao nivel académico de doutor conforme a disposición adicional quinta do Real decreto 967/2014, do 21 de novembro.
4º. Mediante calquera outro procedemento de acreditación que regulamentariamente se determine.
c) De acordo co indicado no número 2.1.e), as persoas aspirantes deberán acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente. O coñecemento do español acreditarase mediante certificado de lingua española como lingua estranxeira de nivel B2 ou superior. As persoas que sexan nacionais de Estados que teñen o español como lingua oficial non terán que acreditar o seu coñecemento. A acreditación do coñecemento do idioma galego farase mediante o certificado de lingua galega Celga3 ou equivalente.
A falta de acreditación documental deste requisito non será causa de exclusión. De non acreditar o coñecemento das linguas oficiais da USC antes da sinatura do contrato, a persoa candidata proposta terá un prazo máximo de dous anos para facelo a través dos documentos citados no parágrafo anterior ou a través dunha proba específica.
4.2. Acreditación de requisitos de carácter específico.
4.2.1. Prazas da categoría de profesorado axudante doutor:
Copia dixitalizada en formato PDF da resolución de certificación da avaliación positiva para a figura de profesorado axudante doutor ou para outra categoría superior, expedida pola ANACA, pola ACSUG ou por calquera outro órgano de avaliación, sempre que exista un convenio ou concerto previo coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Non presentar os documentos especificados nos números 4.1.a) e b) e 4.2 será causa de exclusión, que deberá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.
4.3. Acreditación de méritos e historial académico.
Os méritos deberán estar debidamente acreditados a través de copias dixitalizadas en formato PDF, relacionados individualmente e anexados na epígrafe correspondente da aplicación de concursos, segundo o indicado no anexo III.
A non relación e acreditación dos méritos alegados segundo o indicado non determinará a exclusión da persoa aspirante ao concurso, pero impedirá o cómputo e valoración de tales méritos por parte da Comisión de Selección do concurso de que se trate.
Serán obxecto de valoración exclusivamente os méritos relacionados polas persoas concursantes para cada epígrafe, sempre que se posúan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e que dentro do dito prazo estean correctamente acreditados.
Non se admitirá ningunha documentación acreditativa de méritos unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, nin sequera no prazo de emenda de documentación a que se refire a base 5.2.
Co fin de garantir a igualdade de oportunidades, teranse en conta as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo, lactación e paternidade. Para estes efectos, a persoa aspirante deberá incorporar na epígrafe correspondente a documentación acreditativa destas situacións. O feito de non presentar a citada documentación acreditativa non será causa de exclusión, pero suporá que non se teña en conta a situación alegada.
Os períodos en que as persoas aspirantes permaneceran nalgunha das situacións citadas teranse en conta para os efectos de compensar ese período na valoración dos méritos correspondentes aos números 3 (Calidade docente) e 4 (Experiencia investigadora) dos baremos recollidos nos anexos II e III.
5. Admisión de aspirantes.
5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, nun prazo máximo de dez días hábiles, a Vicerreitoría de Profesorado publicará no taboleiro electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm) unha resolución que aprobe a lista provisoria de aspirantes admitidos e excluídos, coa indicación, de ser o caso, das causas de exclusión.
5.2. Contra esta resolución, e nun prazo máximo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación perante o reitor para repararen os defectos que motivaron a exclusión ou omisión da devandita listaxe. Se non o fan, serán excluídos definitivamente do proceso selectivo sen teren dereito á devolución das taxas aboadas.
5.3. Co fin de reparar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión da listaxe, a persoa aspirante deberá realizar este trámite de emenda a través da aplicación de concursos, formulando as alegacións pertinentes e incorporando, de ser o caso, e na epígrafe que corresponda, a documentación requirida.
5.4. Rematado o prazo para reparar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión das persoas aspirantes, a Vicerreitoría de Profesorado aprobará e publicará, no prazo máximo de dez días hábiles, a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, no lugar indicado na base 5.1. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderanse interpor os recursos oportunos.
5.5. A inclusión na listaxe definitiva de admitidos/as non prexulga o cumprimento dos requisitos normativamente exixidos para a sinatura do correspondente contrato na categoría docente de que se trate. O cumprimento dos requisitos exixidos terá que acreditarse no seu momento.
6. Comisións de selección e desenvolvemento dos concursos.
6.1. Os concursos obxecto desta convocatoria serán resoltos polas comisións relacionadas no anexo I.2 e realizaranse con carácter xeral no centro que se sinala no anexo I.1. Se por causas xustificadas o concurso non pode realizarse no centro previsto, a nova localización deberá publicarse no taboleiro electrónico cun mínimo de dous días de antelación con respecto á data prevista de reallización daquelas probas que requiran da presenza dos candidatos.
Estas comisións rexeranse polo disposto no Regulamento de selección de profesorado non permanente da USC.
6.2. As comisións de selección constituiranse no prazo máximo de dous meses desde o día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
No acto de constitución, e antes de acceder á documentación achegada polos aspirantes, a Comisión de Selección aprobará e publicará no taboleiro electrónico da USC os criterios de valoración dos méritos e os criterios para a superación de cada unha das fases do concurso.
6.3. O acto de constitución e a aprobación dos criterios de valoración poderá ser realizado de xeito presencial ou telemático.
7. Procedemento de selección.
7.1. Realización das probas.
Os concursos para a selección de prazas de profesorado axudante doutor constarán de dúas fases:
a) A primeira fase terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración dos méritos e historial académico, docente, investigador e, de ser o caso, profesional ou sanitario-asistencial alegados polas persoas candidatas. A Comisión de Selección valorará os currículos das persoas aspirantes aplicando os criterios que determine e de acordo cos baremos que correspondan á categoría, recollidos nos anexos II e III desta convocatoria. Concluída a valoración dos currículos, a Comisión de Selección publicará os resultados a través do taboleiro electrónico indicando a relación de aspirantes que pasan á segunda fase. A través do mesmo medio publicará a convocatoria para a realización do exercicio correspondente, que non poderá iniciarse antes de transcorridos dous días desde a convocatoria, agás renuncia expresa a este prazo das persoas aspirantes. A publicación incluirá a data, a hora e o lugar de realización.
Esta primeira fase poderá desenvolverse de xeito presencial ou telemático.
b) A segunda fase será obrigatoria e terá tamén carácter eliminatorio, e consistirá na presentación oral por parte do candidato, durante un tempo máximo de vinte minutos, dun proxecto de actividades docentes correspondente á materia que determine a convocatoria. O proxecto deberá corresponder, consonte o indicado no perfil da praza, a unha materia de formación básica ou obrigatoria das cursadas para a obtención dun título de grao impartido na USC, que tivese docencia no curso académico en que se realice esta convocatoria. Inmediatamente antes do inicio da proba, a persoa candidata deberá entregar a cada un dos membros da Comisión de Selección un resumo ou esquema do seu proxecto cunha extensión máxima orientativa de 7.500 caracteres, espazos incluídos.
Para realizar a presentación, as persoas aspirantes poderán utilizar un proxector de vídeo e un ordenador. De precisaren algún outro material de apoio ou ferramenta informática, deberán indicalo con antelación suficiente á persoa que ocupe a presidencia da Comisión.
Finalizada a presentación, a Comisión debaterá co candidato sobre o contido da súa exposición por un espazo máximo de trinta minutos. A Comisión valorará esta presentación tendo en conta os contidos e o dominio da materia, a claridade expositiva e a capacidade de resposta da persoa candidata ás cuestións que se lle formulen, e sempre de acordo co establecido nos baremos que figuran nos anexos II e III.
Concluída a valoración dos proxectos, os resultados faranse públicos a través do taboleiro electrónico da USC.
Nesta segunda fase, os membros da Comisión de Selección poderán actuar a través de sistemas de videoconferencia. Non obstante, no lugar de celebración das probas deberá estar presente fisicamente, ademais dos candidatos, cando menos un membro da Comisión.
c) A cualificación final do proceso será a suma das puntuacións correspondentes ás dúas fases do concurso. Os resultados finais faranse públicos a través do taboleiro electrónico da USC.
7.2. A orde de actuación.
A orde de actuación das persoas aspirantes a prazas con probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra T, de acordo co establecido na Resolución do 28 de xaneiro de 2022 da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia para o ano 2022 (DOG do 4 de febreiro).
8. Proposta de contratación.
8.1. No prazo máximo de tres días desde o seguinte ao da publicación da acta da segunda fase, farase pública no taboleiro electrónico da universidade a proposta de contratación motivada e vinculante das persoas candidatas, ordenada pola puntuación acadada no proceso.
8.2. Contra as propostas de contratación os interesados poderán interpoñer reclamación ante a Reitoría nun prazo de dez días contado desde o seguinte ao da publicación da devandita proposta. A admisión a trámite da reclamación non suspenderá a contratación da persoa candidata proposta, salvo resolución motivada en contrario. As reclamacións serán instruídas por unha comisión de revisión, que estará presidida pola persoa titular da Reitoría ou da Vicerreitoría en que delegue.
As comisións de selección, en aplicación dos criterios establecidos, poderán deixar desertas as prazas convocadas e formularán a correspondente proposta de non provisión motivada.
9. Resolucións reitorais de contratación, presentación de documentos e formalización dos contratos.
9.1. A Reitoría ditará resolución autorizando cando proceda a contratación da persoa candidata proposta pola Comisión de Selección. A resolución farase pública no taboleiro electrónico da universidade. Esta publicación substituirá a notificación persoal aos interesados e producirá os mesmos efectos, segundo o previsto no artigo 45.1 da LPACAP.
9.2. As persoas seleccionadas deberán asinar o contrato nun prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC da resolución pola que se autorice a contratación. Con carácter excepcional, tras a solicitude motivada da persoa interesada e de acordo coas necesidades do servizo, este prazo poderá ser modificado pola Reitoría.
9.3. Antes de proceder á sinatura, as persoas seleccionadas deberán presentar a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos para acceder a cada tipo de praza de acordo co establecido nesta convocatoria.
Estes documentos deberán presentarse:
• No Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador, Colexio de San Xerome, Santiago de Compostela, se a praza se convocou para Santiago de Compostela.
• Na Vicexerencia, Edificio Biblioteca Intercentros, Lugo, se a praza se convocou para Lugo.
A acreditación dos requisitos exixidos na base 2.1.a) deberá axustarse ao seguinte:
a) Para as persoas aspirantes nacionais de España e dos demais Estados membros da Unión Europea, doutros Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein, Noruega) ou da Confederación Suíza, será suficiente coa copia compulsada (ou simple xunto co respectivo orixinal para o seu cotexo) do DNI ou do documento acreditativo da nacionalidade. As persoas aspirantes nacionais dos restantes Estados deberán acreditar, ademais, que teñen recoñecida a autorización de traballo.
b) As persoas aspirantes cónxuxes de nacional español, nacional doutro Estado membro da Unión Europea ou nacional doutros Estados, cando así se estableza nun tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, deberán presentar, ademais do indicado na alínea a), os documentos acreditativos do vínculo matrimonial e unha declaración xurada do seu cónxuxe de non estar separado de dereito del ou dela.
c) Os documentos que así o precisen deberán presentarse traducidos para algunha das linguas oficiais da USC.
A acreditación do requisito exixido na base 2.1.d) farase mediante a presentación de certificado médico oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde. Tamén se poderá presentar, de ser o caso, informe emitido polo órgano equivalente en materia de saúde doutras comunidades autónomas do Estado.
As persoas aspirantes a prazas de profesorado axudante doutor deberán presentar declaración responsable dos períodos en que, de ser o caso, ocuparon postos de axudante ou de axudante doutor en calquera universidade.
Agás supostos de forza maior, quen non presente a documentación referida ou cando do seu exame se deduza que carece dos requisitos requiridos decaerá no seu dereito a desempeñar o posto para o cal foi seleccionado, e a Universidade formalizará a contratación coa persoa proposta na seguinte posición.
9.4. Con carácter xeral, os contratos que deriven desta convocatoria producirán efectos desde a data en que se asinen, agás que neles se dispoña outra cousa, sen que en ningún caso poidan ter efectos retroactivos. Tan só unha vez formalizada a relación xurídica terá lugar o inicio da prestación de servizos e, polo tanto, a devindicación das retribucións asignadas á praza obtida.
9.5. Cando nunha mesma data se autorice a contratación dunha persoa candidata para ocupar máis dunha praza, a sinatura dun dos contratos suporá a renuncia ao dereito a ser contratada nas outras prazas para as cales fose proposta. A sinatura do contrato suporá tamén a renuncia á praza que, de ser o caso, se estivese ocupando con anterioridade, salvo que ambos os postos resulten compatibles.
9.6. Serán de aplicación ao persoal contratado en virtude desta convocatoria as normas contidas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións publicas e as súas normas de desenvolvemento.
No caso de que o candidato desempeñe un posto noutra Administración pública susceptible de ser compatibilizado, deberá solicitar a compatibilidade na Administración en que desenvolva a súa actividade principal.
No caso de que o candidato desempeñe un posto no ámbito privado susceptible de ser compatibilizado, deberá solicitar a compatibilidade nesta universidade.
10. Características dos contratos.
10.1. Retribucións.
Os contratos que se formalicen en virtude desta convocatoria terán as remuneracións que se sinalan no artigo 32 do II Convenio colectivo para o PDI laboral.
10.2. Duración dos contratos.
Estes contratos terán efectos a partir da data de sinatura de cada un deles, ou da que se determine na resolución de autorización da contratación se é posterior, e a súa duración será a que para cada categoría corresponda.
O contrato do profesorado axudante doutor terá unha duración mínima dun ano e máxima de cinco anos.
11. Notificacións.
De conformidade co artigo 45.1.b) da LPACAP, as notificacións dos actos derivados desta convocatoria que requiran publicación realizaranse no taboleiro electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm). As notificacións electrónicas de carácter persoal realizaranse por comparecencia en sede electrónica. Se a persoa aspirante desexa recibir avisos das notificacións que a USC poña á súa disposición, é imprescindible que indique na epígrafe Medios de aviso de notificación do formulario o teléfono e o enderezo electrónico.
12. Protección de datos.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html
Norma derradeira.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en canto non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da LPACAP.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado
ANEXO I.1
Relación de prazas
Profesor/a axudante doutor/a.
Nº de concurso: 102FX/22-23.
Nº de prazas: 1(FX0537).
Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.
Departamento: Electrónica e Computación.
Perfil: materias da área.
Centro: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
Localidade: Lugo.
Nº de concurso: 103FX/22-23.
Nº de prazas: 1(FX0511).
Área de coñecemento: Expresión Gráfica na Enxeñaría.
Departamento: Enxeñaría Agroforestal.
Perfil: Expresión Gráfica Normalizada-G4111101.
Centro: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
Localidade: Lugo.
Nº de concurso: 104FX/22-23.
Nº de prazas: 1(FX0512).
Área de coñecemento: Análise Matemática.
Departamento: Estatística, Análise Matemática e Optimización.
Perfil: materias da área.
Centro: Facultade de Matemáticas.
Localidade: Santiago de Compostela.
ANEXO I.2
Relación de comisións de selección
Nº de concurso |
102FX/22-23 |
Corpo |
profesor axudante doutor |
Área de coñecemento |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Comisión titular |
||||
Presidente |
Bugarín Diz, Alberto José |
T |
Catedrático de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario |
García Loureiro, Antonio Jesús |
T |
Catedrático de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
1ª vogal |
Taboada Iglesias, María Jesús |
T |
Catedrática de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
2º vogal |
Iglesias Rodríguez, Roberto |
T |
Profesor titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
3ª vogal |
Carreira Nouche, María José |
T |
Profesora titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Comisión suplente |
||||
Presidente |
Barro Ameneiro, Senén |
T |
Catedrático de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretaria |
Blanco Heras, Dora |
T |
Profesora titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
1º vogal |
García Tahoces, Pablo |
T |
Profesor titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
2º vogal |
Correa Pombo, José Luis |
T |
Profesor titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
3ª vogal |
Cariñena Amigo, María Purificación |
T |
Profesora contratado/a doutor/a |
Universidade de Santiago de Compostela |
Nº de concurso |
103FX/22-23 |
Corpo |
profesor axudante doutor |
Área de coñecemento |
Expresión Gráfica na Enxeñaría |
Comisión titular |
||||
Presidenta |
Romero Franco, Rosa |
T |
Profesora titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario |
Vila Lameiro, Pablo |
T |
Profesor contratado doutor |
Universidade de Santiago de Compostela |
1ª vogal |
Tato Sánchez del Valle, Patricia Eva |
T |
Profesora colaboradora fixa |
Universidade de Santiago de Compostela |
2º vogal |
López González, Francisco Javier |
T |
Profesor colaborador fixo |
Universidade de Santiago de Compostela |
3ª vogal |
Fernández Rodríguez, María Elena |
T |
Profesora titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Comisión suplente |
||||
Presidente |
Álvarez González, Juan Gabriel |
T |
Catedrático de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretaria |
Iniesto Alba, María José |
T |
Profesora colaboradora fixa |
Universidade de Santiago de Compostela |
1ª vogal |
Guerra Pestonit, Rosa Ana |
T |
Profesora titular de escola universitaria |
Universidade de Santiago de Compostela |
2º vogal |
Rey Sanjurjo, Benjamín Jesús |
T |
Profesor titular de escola universitaria |
Universidade de Santiago de Compostela |
3ª vogal |
Teijeiro Rodríguez, María Teresa |
T |
Profesora titular de escola universitaria |
Universidade de Santiago de Compostela |
Nº de concurso |
104FX/22-23 |
Corpo |
profesor axudante doutor |
Área de coñecemento |
Análise Matemática |
Comisión titular |
||||
Presidente |
Nieto Roig, Juan José |
T |
Catedrático de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario |
Fernández Fernández, Francisco Javier |
T |
Profesor axudante doutor |
Universidade de Santiago de Compostela |
1ª vogal |
Otero Espinar, María Victoria |
T |
Catedrática de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
2ª vogal |
Rodríguez López, Rosana |
T |
Profesora titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
3º vogal |
Cabada Fernández, Alberto |
T |
Catedrático de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Comisión suplente |
||||
Presidenta |
Trinchet Soria, Rosa María |
T |
Profesora titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
Secretario |
Rodríguez López, Jorge |
T |
Profesor axudante doutor |
Universidade de Santiago de Compostela |
1ª vogal |
López Somoza, Lucía |
T |
Profesora axudante doutor/a |
Universidade de Santiago de Compostela |
2º vogal |
López Pouso, Rodrigo |
T |
Profesor titular de universidade |
Universidade de Santiago de Compostela |
3º vogal |
Fernández Tojo, Fernando Adrián |
T |
Profesor contratado doutor |
Universidade de Santiago de Compostela |
ANEXO II
Baremo para as prazas de profesorado axudante doutor
Para cada epígrafe dos baremos establécese unha valoración máxima. No suposto de que algún aspirante supere esa valoración, normalizarase a puntuación obtida por todos os aspirantes nesa mesma epígrafe.
1. Rendemento académico. A valoración máxima será de 20 puntos.
1.1. Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente. A valoración máxima será de 10 puntos. A valoración dos expedientes realizarase de acordo co establecido no Protocolo de colaboración sobre valoración de expedientes académicos subscrito o 27 de xuño de 2011 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo (DOG do 30 de setembro de 2011). Nesta epígrafe só será valorada unha única titulación de grao e máster, ou ben de licenciatura, que deben corresponder ás que deron acceso ao doutoramento. No caso de que o acceso ao doutoramento se producise a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, valoraranse os expedientes correspondentes. En calquera destes casos, a nota media desagregarase para cada título de xeito proporcional ao seu número de créditos e tendo en conta que a suma total en ningún caso poderá superar a valoración máxima de 10 puntos. No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da Comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.
1.2. Doutoramento. A valoración máxima será de 8 puntos e realizarase de acordo coas seguintes táboas de equivalencias: sobresaliente cum laude (8 puntos), sobresaliente (6 puntos), notable (4 puntos), aprobado (2 puntos). No caso de que o sistema de cualificación conste unicamente de dous graos a valoración será a seguinte: apto cum laude (8 puntos), apto (4 puntos). No caso de titulacións que, segundo o criterio razoado da Comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,6 ou por 0,3 en función do grao de afinidade.
1.3. Premios e mencións, como premios extraordinarios, mencións de doutoramento internacional e mencións de calidade a programas de doutoramento. A valoración máxima será de 2 puntos.
2. Postos desempeñados no ámbito da universidade ou de organismos públicos de investigación. A valoración máxima será de 30 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.
2.1. Postos docentes universitarios. A valoración máxima será de 20 puntos.
2.1.1. Docencia a tempo completo na área de coñecemento: 2 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.
2.1.2. Docencia a tempo completo nunha área afín: 1 punto por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.
2.1.3. Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P6 ou equivalente: 1,5 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.
2.1.4. Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P6 ou equivalente: 0,75 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.
2.1.5. Docencia a tempo parcial na área de coñecemento, con dedicación P3 ou equivalente: 0,75 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.
2.1.6. Docencia a tempo parcial nunha área afín, con dedicación P3 ou equivalente: 0,35 puntos por curso. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda.
2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 2 puntos por curso, ata un máximo de 10 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da Comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.
2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos, en programas propios das universidades e programas de ámbito autonómico, estatal ou internacional: 1,5 puntos por curso, ata un máximo de 6 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de bolsas ou contratos que, segundo o criterio razoado da Comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.
2.4. Contratos de investigador/a pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación: 0,75 puntos por curso, ata un máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de contratos que, segundo o criterio razoado da Comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.
2.5. Colaboración na actividade docente universitaria, como colaborador docente ou titor clínico ao abeiro da disposición adicional primeira dos estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, ou como titor ou colaborador profesional externo en prácticas realizadas en institucións públicas ou privadas: ata 1,5 puntos por curso, cun máximo de 5 puntos. Para períodos inferiores a un curso asignarase a puntuación proporcional que corresponda. No caso de actividades que, segundo o criterio razoado da Comisión, correspondan a áreas afíns a aquela para a cal se convoca a praza, a puntuación asignada multiplicarase por 0,5.
3. Calidade docente. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente 5 méritos seleccionados polo candidato, correspondentes aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.
3.1. Participación en actividades de formación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación, xa sexa como docente ou como asistente, e a súa duración.
3.2. Elaboración de materiais docentes: ata 1 punto por cada ítem.
3.3. Realización de estadías de formación docente: ata 1 punto por cada ítem, en función da súa duración.
3.4. Participación en actividades de innovación docente: ata 1 punto por cada ítem. A valoración realizarase tendo en conta o tipo de participación e a súa duración.
4. Experiencia investigadora. A valoración máxima será de 35 puntos. Valoraranse unicamente méritos acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes, agás no caso das publicacións científicas, en que se aplicará o disposto no número 4.1.
4.1. Publicacións científicas: valoración máxima de 20 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de quince publicacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 2 puntos. Cando menos dez destas publicacións deberán corresponder aos dez anos anteriores á convocatoria do concurso. A puntuación deberá asignarse tendo en conta a calidade da publicación, a calidade da revista ou da editorial en que está publicada, o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.
4.2. Participación en congresos e reunións científicas: valoración máxima de 4 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,8 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia do congreso, o tipo de participación (relatorio convidado, comunicación libre ou outras), o número de autores, a contribución da persoa aspirante e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.
4.3. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en proxectos de investigación competitivos de ámbito autonómico, estatal ou internacional: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 1 punto. A puntuación deberá asignarase tendo en conta o ámbito do proxecto (autonómico, estatal, internacional), o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.
4.4. Participación como investigador/a principal ou como investigador/a en convenios e contratos de investigación non competitivos con empresas e institucións: valoración máxima de 1,5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres participacións, cada unha das cales poderá ser valorada cun máximo de 0,5 puntos. A puntuación deberá asignarase tendo en conta a relevancia da actividade, o tipo de participación (investigador/a principal, membro do equipo de investigación, membro do equipo de traballo) e o grao de afinidade con respecto á área de coñecemento da praza obxecto do concurso.
4.5. Estadías de investigación: valoración máxima de 5 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de tres estadías, que serán valoradas en función da súa duración, a razón de 0,25 puntos por mes. Os períodos inferiores a un mes valoraranse de xeito proporcional.
4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia: valoración máxima de 3 puntos. As persoas candidatas poderán achegar un máximo de cinco ítems, que serán valorados en función da súa relevancia cun máximo de 0,6 puntos cada un.
5. Experiencia profesional. A valoración máxima será de 5 puntos. Valoraranse unicamente méritos relacionados coa área obxecto do concurso acreditados nos dez anos anteriores á convocatoria do concurso, tomando como data de referencia a de remate do período de presentación de solicitudes.
5.1. Actividade profesional non universitaria: ata 0,5 puntos por ano.
5.2. Actividade docente en ensino oficial non universitario: ata 0,5 puntos por ano.
5.3. Actividade asistencial: ata 0,5 puntos por ano.
6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores. A valoración máxima será de 5 puntos. As persoas candidatas poderán elixir un máximo de sete ítems.
6.1. Coñecementos de linguas estranxeiras: valoración máxima de 1 punto.
6.2. Outras titulacións universitarias oficiais: valoración máxima de 1 punto.
6.3. Outras titulacións e diplomas, como o grao de licenciatura ou outros: valoración máxima de 1 punto por ítem.
6.4. Experiencia en xestión universitaria: valoración máxima de 1 punto por ítem. Valorarase exclusivamente o exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC ou os equivalentes doutras universidades.
6.5. Outras actividades docentes, como docencia en títulos propios, dirección ou codirección de traballos académicos e proxectos de fin de carreira, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.
6.6. Outras actividades de investigación, como organización de congresos, dirección de publicacións científicas, acreditación I3 e similares etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.
6.7. Outras actividades de transferencia e divulgación, como conferencias, seminarios, etc.: valoración máxima de 1 punto por ítem.
6.8. Habilitación ou acreditación para corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso: valoración máxima de 1 punto.
6.9. Título de especialista relacionado coa área obxecto do concurso (só no caso de áreas de coñecemento con disciplinas de contido clínico): 3 puntos.
7. Proxecto de actividades docentes. A valoración máxima será de 20 puntos.
ANEXO III
Procedemento de acreditación para a valoración dos méritos
e historial académico das persoas aspirantes
A documentación acreditativa dos méritos deberá reunir os requisitos establecidos no presente anexo e incorporarse á epígrafe correspondente da aplicación de concursos por medio de copia dixitalizada en formato PDF. No caso de que a documentación presentada para acreditar un mérito non sexa a axeitada ou non conteña a totalidade da información requirida, o mérito alegado non será obxecto de valoración por parte das comisións de selección, agás as excepcións sinaladas nalgunha das epígrafes.
As comisións de selección poderán admitir e valorar os méritos alegados polos candidatos sempre que, ao seu xuízo, os documentos presentados non ofrezan dúbidas sobre a súa autenticidade e permitan acreditar de xeito fidedigno os datos necesarios para a valoración do mérito concreto. De utilizaren esta facultade, as comisións de selección deberano facer constar na acta de valoración.
Serán obxecto de valoración exclusivamente os méritos relacionados polas persoas concursantes para cada epígrafe, sempre que se posúan na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e que dentro do dito prazo estean correctamente acreditados.
Non obstante, aquelas persoas aspirantes que formalizasen algunha solicitude de participación nos concursos de selección de profesorado non permanente, obxecto de tramitación na plataforma electrónica indicada no número 3 das bases desta convocatoria (Solicitudes), disporán da posibilidade de executar un duplicado de solicitudes presentadas en anteriores convocatorias. No suposto de empregar esta opción, as persoas aspirantes deberán verificar e actualizar na nova solicitude e, de ser o caso, aqueles datos e acreditacións de méritos que sexan necesarios.
Cada mérito será obxecto de valoración nunha única epígrafe e non serán obxecto de valoración noutras epígrafes distintas da seleccionada pola persoa candidata no momento de formalizar a súa solicitude.
1. Rendemento académico.
Consonte o artigo 28 da LPACAP, enténdese outorgado o consentimento á USC (agás oposición expresa manifestada na solicitude de participación, caso en que será necesario agregalos) para a obtención de datos correspondentes ás titulacións oficiais cursadas na USC, sen prexuízo da obrigatoriedade de incluílos na relación de méritos. No caso de titulacións acadadas nesta universidade con anterioridade a 2003, recoméndase a presentación das certificacións académicas.
1.1. Expediente académico de grao e máster oficial ou ben de licenciatura, enxeñaría e arquitectura ou equivalente.
Na epígrafe correspondente da aplicación de concursos, as persoas candidatas deberán relacionar o mérito alegado e incorporar os documentos acreditativos en formato PDF que se sinalan.
De non acreditarse completamente o rendemento académico de conformidade coa documentación que se indica, puntuarase esta epígrafe como «aprobado».
1.1.1. Acreditación do expediente académico para a categoría de profesorado axudante doutor.
1.1.1.1. Titulacións cursadas consonte plans de estudo do Sistema universitario español:
– Certificación académica dos estudos universitarios oficiais realizados en que consten as titulacións cursadas e as cualificacións recibidas en cada unha das materias.
Nesta epígrafe só será valorada unha única titulación de grao e de máster, ou ben de licenciatura, que deben corresponder ás que deron acceso ao doutoramento.
No caso de que se incorpore como mérito o título de doutoramento, deberán acreditarse na certificación oficial os estudos e/ou títulos que deron acceso ao doutoramento.
Nos casos particulares en que o acceso á licenciatura, arquitectura ou enxeñaría superiores se producise a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica deberase achegar, ademais, a correspondente certificación académica destes outros estudos cos mesmos requisitos indicados no parágrafo anterior.
Igualmente, para o caso de que o acceso ao doutoramento se producise a partir dunha titulación de diplomatura ou de enxeñaría ou arquitectura técnica máis un máster oficial, deberanse achegar as certificacións académicas correspondentes e eses estudos.
Os estudos oficiais de máster deberán acreditarse a través dunha copia en PDF da correspondente certificación académica oficial de estudos.
1.1.1.2. Titulacións cursadas consonte plans de estudo de universidades ou organismos estranxeiros:
– Certificación académica oficial da totalidade dos estudos universitarios que deron acceso aos estudos oficiais de doutoramento e na cal consten as titulacións cursadas e as cualificacións recibidas en cada unha das materias.
Os documentos acreditativos destes méritos deberán presentarse traducidos de xeito oficial para calquera das linguas citadas no primeiro parágrafo do número 4 da convocatoria.
– Declaración de equivalencia da nota media dos expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros, de acordo cos modelos e procedementos establecidos polo Ministerio de Universidades.
1.2. Doutoramento.
As persoas aspirantes deberán incorporar, segundo o caso e na correspondente epígrafe da aplicación de concursos, a seguinte documentación acreditativa en formato PDF:
1.2.1. Títulos expedidos consonte plans de estudo de universidades do Sistema universitario español:
1) Copia do título universitario oficial de doutor/a ou copia da declaración de equivalencia ao nivel académico de doutor conforme a disposición adicional quinta do Real decreto 967/2014, de 21 de novembro.
2) Certificación en que consten os estudos conducentes ao título universitario oficial dentro do correspondente programa de doutoramento, o título da tese, o nome do director ou directora e a cualificación obtida e, de ser o caso, a área e coñecemento en que se enmarcan os citados estudos.
Para os efectos do disposto nesta epígrafe poderá utilizarse para a acreditación dos datos necesarios para a valoración da tese de doutoramento a ficha correspondente da base de datos de teses doutorais (TESEO) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (https://www.educacion.gob.es/teseo/irGestionarConsulta.do).
1.2.2. Títulos expedidos consonte plans de estudo de universidades ou organismos estranxeiros:
1) Copia do título universitario estranxeiro expedido pola autoridade competente.
2) Copia do suplemento europeo ao título (SET) no caso de tratarse de títulos expedidos no Espazo Europeo de Educación Superior. No caso de non dispoñer deste documento, deberá acreditarse que o nivel do título de doutor se corresponde co nivel requirido no Sistema universitario español.
– Certificación ou documento equivalente, en que consten os estudos conducentes ao título universitario oficial dentro do correspondente programa de doutoramento, o título da tese, o nome do director ou directora e a cualificación obtida e, de ser o caso, a área de coñecemento en que se enmarcan os citados estudos.
1.3. Premios e mencións, como premios extraordinarios, mencións de doutoramento internacional e mencións de calidade a programas de doutoramento.
Na epígrafe correspondente da aplicación de concursos, as persoas candidatas deberán incorporar os documentos acreditativos en formato PDF que se sinalan a continuación.
1.3.1. Mencións de doutoramento internacional e mencións de calidade:
– A mención de doutoramento internacional deberá acreditarse mediante a certificación correspondente.
– No caso de que o programa de doutoramento cursado tivese mención de calidade ou se tratase dun doutoramento europeo, esta circunstancia deberá ser acreditada mediante a certificación pertinente ou, de ser o caso, mediante a xustificación da súa publicación no BOE.
1.3.2. Premios.
– Certificación emitida polo órgano que o outorgou.
2. Postos desempeñados no ámbito da Universidade ou de organismos públicos de investigación.
Consonte o artigo 28 da LPACAP, enténdese outorgado o consentimento á USC (agás oposición expresa manifestada na solicitude de participación, caso en que será necesario agregalos) para a obtención de datos correspondentes das actividades desta epígrafe desenvolvidas na USC, sen prexuízo da obrigatoriedade de incluílos na relación de méritos.
No caso dos méritos correspondentes ao número 2.5 non terán que acreditalos as persoas aspirantes que realizasen colaboracións ou titorías clínicas na USC ao abeiro do disposto na disposición adicional primeira, número 1, dos estatutos da USC e tivesen o recoñecemento da actividade desenvolvida a través do nomeamento oficial correspondente.
Cada posto desempeñado deberá relacionarse nun ítem da aplicación de concursos e entre a data de inicio e de finalización desa actividade non deberá haber interrupcións. No caso de incorporar máis dunha actividade dentro do mesmo ítem, valorarase unicamente unha delas.
2.1. Postos docentes universitarios.
Nesta epígrafe valorase unicamente a actividade docente desenvolvida mediante unha relación suxeita a dereito administrativo funcionarial/estatutaria (con nomeamento de funcionario/a), ou suxeita ao dereito laboral (contratación laboral con Administración pública ou con universidades privadas).
Co obxecto de facilitarlle á persoa aspirante a acreditación deste mérito, poderanse empregar como modelo o/os formulario/s que consta/n no anexo V.1
2.1.1. Para postos desempeñados no ámbito das universidades públicas ou dos organismos públicos de investigación:
Deberá achegarse, segundo o caso, a certificación da Secretaría Xeral da Universidade ou da autoridade/órgano superior equivalente do organismo público de investigación correspondente, onde consten os seguintes aspectos:
1. Categoría docente/profesional de cada un dos postos ocupados e, de ser o caso, equivalencia ás figuras de profesorado universitario recollidas na Lei orgánica de universidades.
2. Data de inicio e de finalización da prestación do servizo en cada posto ocupado.
3. Réxime de dedicación en cada posto ocupado. Para o caso dos servizos docentes cuxa dedicación sexa distinta das recollidas no Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario, deberanse acreditar as horas de docencia equivalentes.
4. Materias impartidas, área de coñecemento e titulacións oficiais en que se imparten, horas docentes impartidas en cada unha delas e curso académico.
No obstante, a citada certificación da Secretaría Xeral poderá ser substituída, para o caso do persoal que conte con vinculación laboral pola seguinte documentación:
1. Copia dos contratos laborais legalizados e dos documentos xustificativos do período de permanencia en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social (vida laboral). Nesta documentación deberán constar os datos sinalados na epígrafe anterior (data de inicio e fin, réxime de dedicación, etc.).
2. Certificación das materias impartidas, área de coñecemento e titulacións oficiais a que pertencen, horas docentes impartidas en cada unha delas e curso académico.
2.1.2. Para postos desempeñados no ámbito das universidades privadas, deberá achegarse a seguinte documentación:
2.1.2.1. Certificación da Secretaría Xeral da Universidade, onde consten:
1. Categoría profesional docente de cada un dos postos ocupados e, de ser o caso, equivalencia ás figuras de profesorado universitario recollidas na Lei orgánica de universidades.
2. Data de inicio e fin da prestación do servizo en cada posto ocupado.
3. Réxime de dedicación en cada posto ocupado. Para o caso do profesorado cuxa dedicación sexa distinta das recollidas no Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario, deberanse acreditar as horas de docencia equivalentes.
4. Materias impartidas, área de coñecemento e titulacións oficiais a que pertencen, horas docentes impartidas en cada unha delas e curso académico.
2.1.2.2. Copia dos contratos laborais legalizados e dos documentos xustificativos do período de permanencia en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social (vida laboral).
2.2. Bolsas e contratos de investigación posdoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos.
Copia do contrato ou do documento de concesión por parte do organismo financiador e certificación emitida polo centro ou institución receptora en que consten as datas do seu inicio e finalización, e a área de coñecemento a que se adscribe a bolsa ou contrato.
Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola universidade ou entidade receptora en que se certifique o tipo de bolsa/contrato, a súa duración efectiva e a área de coñecemento a que se adscribe.
2.3. Bolsas e contratos de investigación predoutorais obtidos no marco de programas competitivos de recursos humanos.
Copia do contrato ou do documento de concesión por parte do organismo financiador e certificación emitida polo centro ou institución receptora en que consten as datas do seu inicio e finalización, e a área de coñecemento a que se adscribe a bolsa ou contrato.
Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola universidade ou entidade receptora en que se certifique o tipo de bolsa/contrato, a súa duración efectiva e a área de coñecemento a que se adscribe.
2.4. Contratos de investigador pre e posdoutoral con cargo a proxectos, contratos e convenios de investigación.
Copia do/dos contrato/s e certificación emitida pola institución en que realizou a actividade na cal conste:
– Data de inicio e de finalización do contrato.
– Denominación ou obxecto do proxecto, contrato ou convenio en cuxo marco se realizou a contratación.
– Xornada laboral realizada.
– Categoría laboral para a cal foi contratado/a.
– Funcións realizadas en cada contrato.
– Centro de traballo en que se realizou a actividade.
– Investigador/a principal da actividade.
Poderase acreditar este mérito nun único documento emitido pola entidade receptora en que se certifiquen os datos sinalados.
Co obxecto de facilitarlle á persoa aspirante a acreditación deste mérito, poderanse empregar como modelo o/os formulario/s que consta/n no anexo V.2.
2.5. Colaboración na actividade docente universitaria, como colaborador docente ou titor clínico ao abeiro da disposición adicional primeira dos estatutos da USC ou figura equivalente noutras universidades públicas, ou como titor ou colaborador profesional externo en prácticas realizadas en institucións públicas ou privadas.
Certificación expedida pola universidade en que conste:
– Identificación do tipo de colaboración realizada (colaborador docente, titor clínico, titor ou colaborador profesional externo en prácticas).
– Datas de inicio e de finalización de cada actividade e curso académico no cal se encadra.
– Materia e titulación oficial a que está adscrita a actividade.
– Nome da empresa ou institución en que presta servizos o colaborador e categoría profesional que ocupa.
– Convenio en que se enmarca a colaboración na actividade docente.
Co obxecto de facilitarlle á persoa aspirante a acreditación deste mérito, poderanse empregar como modelo o/os formulario/s que consta/n no anexo V.3.
2.6. Participación na ECOE (só en áreas clínicas).
Certificación expedida polo órgano competente da universidade en que se acrediten a participación realizada e a data.
2.7. Dirección ou codirección de traballos académicos.
Certificación expedida polo órgano competente da universidade en que consten o número de traballos dirixidos ou codirixidos, o tipo de traballo a que corresponde cada un, a función realizada e a data de presentación.
3. Calidade docente.
3.1. Participación en actividades de formación docente.
Documentación acreditativa expedida polo órgano competente da universidade ou entidade organizadora en que consten a actividade realizada e a súa duración.
3.2. Elaboración de materiais docentes.
No caso de publicacións accesibles a través de repositorios, ligazón á páxina correspondente.
No caso de publicacións impresas, PDF co texto íntegro ou, en todo caso, da primeira e da última páxina do traballo. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.
No caso de material en soporte electrónico, ligazón á páxina correspondente ou PDF co índice e os créditos.
3.3. Estadías de formación docente.
Documentación en que o centro receptor constate a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.
De ser o caso, documento de concesión da axuda para a realización da estadía expedido pola entidade financiadora.
3.4. Participación en actividades de innovación docente.
Documentación acreditativa expedida polo órgano competente da universidade en que consten a actividade realizada e a súa duración.
4. Experiencia investigadora.
4.1. Publicacións científicas.
No caso de publicacións accesibles a través de repositorios, ligazón á páxina correspondente.
No caso de artigos e capítulos de libros, PDF co texto íntegro ou, en todo caso, copia da primeira e da última páxina. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.
No caso de libros, PDF co texto íntegro ou, en todo caso, copia da portada e das páxinas en que figuren os créditos do libro (autor ou editor, editorial, ISBN, data de publicación...) e o índice.
No caso de traballos aceptados para publicación ou en prensa, achegarase unha carta asinada polo editor da revista ou polo responsable da editorial, en que se faga constar a aceptación e o estado da publicación. Non se aceptarán correos electrónicos.
4.2. Participación en congresos e reunións científicas.
No caso de traballos publicados, ligazón a un repositorio dixital en que se encontre o texto ou ben PDF co texto íntegro ou, en todo caso, a portada, índice e créditos da editorial e primeira e última páxina da contribución.
No caso de traballos non publicados, documento que acredite o tipo de participación e PDF coa copia do resumo ou da presentación.
4.3. Participación como investigador principal ou como investigador en proxectos de investigación competitivos.
Copia do documento oficial de concesión, así como das páxinas que acrediten a participación da persoa interesada, e que ademais indiquen o tipo de participación, a duración do proxecto e a subvención total concedida, ou ben certificado da universidade ou do centro de investigación onde figuren estes datos.
4.4. Participación como investigador principal ou como investigador en convenios e contratos non competitivos con empresas ou institucións.
Certificado da universidade ou do centro de investigación en que se indique a actividade obxecto do convenio ou do contrato e a súa duración e importe, e en que se acredite a participación da persoa interesada.
4.5. Estadías de investigación.
Documentación en que o centro receptor constate a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.
De ser o caso, documento de concesión da axuda para a realización da estadía expedido pola entidade financiadora.
4.6. Patentes, rexistros da propiedade intelectual e outras actividades de transferencia.
No caso de patentes concedidas, copia dos documentos oficiais de rexistro e concesión, así como, de ser o caso, dos documentos que acrediten a súa explotación.
No caso de patentes non concedidas, copia dos documentos que acrediten a solicitude e o estado de tramitación. En todo caso, para poder ser valorada unha solicitude de patente, esta deberá ter superado algunha fase que supoña un indicio de calidade.
No caso de rexistros da propiedade intelectual e doutras actividades de transferencia, copia dos documentos que o acrediten.
5. Experiencia profesional.
En cada unha das epígrafes da aplicación de concursos, as persoas candidatas deberán relacionar e incorporar, segundo o caso, os documentos acreditativos en formato PDF que se sinalan a continuación:
1º. Traballadores por conta allea:
– Copia dixitalizada en formato PDF do contrato de traballo legalizado.
– Copia dixitalizada en formato PDF do documento xustificativo do período de permanencia en situación de alta no réxime xeral da Seguridade Social (vida laboral).
2º. Traballadores autónomos ou profesionais liberais:
– Copia dixitalizada en formato PDF da certificación do/dos período/s de alta na/nas actividade/s económica/s declarada/s da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) ou certificado da situación do Censo de actividades da AEAT, actualizada na data da convocatoria.
3º. Traballadores do sector público:
– Certificación dos servizos prestados en que se recolla a categoría profesional, o tipo de actividade realizada, a dedicación, a duración de cada contrato ou nomeamento.
Cada posto desempeñado deberá incorporarse nun ítem da aplicación de concursos e entre a data de inicio e de finalización desa actividade non deberá haber interrupcións. No caso de incorporar máis dunha actividade nun mesmo ítem, valorarase unicamente unha.
No caso de que o mérito non se acredite consonte o recollido nesta epígrafe, non será obxecto de valoración. Unha mesma actividade ou contrato só poderá ser alegado e valorado como mérito dentro dunha das epígrafes que se recollen a continuación.
Ademais, para cada unha das epígrafes, teranse en conta as seguintes particularidades:
5.1. Actividade profesional non universitaria.
Nesta epígrafe valoraranse os méritos que se acrediten de acordo co sinalado e que se correspondan co desempeño de actividades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, no ámbito profesional non universitario.
5.2. Actividade docente en ensino oficial non universitario.
Nesta epígrafe valoraranse os méritos que se acrediten de acordo co sinalado e que se correspondan co desempeño de actividades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, no ámbito profesional non universitario. Só será computable o ensino impartido na educación regrada que conduza á expedición de títulos oficiais.
5.3. Actividade asistencial.
Nesta epígrafe valoraranse os méritos que se acrediten de acordo co sinalado e que se correspondan co desempeño de actividades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia no ámbito asistencial.
6. Outros méritos non valorables en epígrafes anteriores.
6.1. Coñecementos de linguas estranxeiras:
– Certificación do organismo público ou privado recoñecido en que se acredite este coñecemento.
6.2. Outras titulacións universitarias oficiais:
Nesta epígrafe valóranse outros títulos universitarios oficiais distintos dos incorporados noutras epígrafes. Acreditaranse a través da copia do título oficial e certificación académica correspondente.
6.3. Outras titulacións e diplomas (grao de licenciatura, DEA, etc.):
Nesta epígrafe valóranse outras titulacións e diplomas como o grao de licenciatura nas súas modalidades de exame ou traballo, o diploma de estudos avanzados, os títulos de especialidades médicas e/ou de ciencias da saúde (só no caso de non constituíren un requisito de admisión), os títulos propios das universidades (máster propio ou cursos de especialización), entre outros.
Acreditaranse a través da copia do título ou diploma ou da certificación do organismo público ou privado en que se acrediten os estudos realizados.
6.4. Experiencia en xestión universitaria:
– Certificación do exercicio de cargos unipersoais recollidos no catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC (ou equivalentes doutras universidades) en que se acrediten as actividades de xestión realizadas e as datas de realización, e que poderá consultarse na seguinte ligazón: https://www.usc.es/es/servizos/sxopra/0700_Cargos-academicos.html
6.5. Outras actividades docentes non incluíbles en epígrafes anteriores:
Nesta epígrafe valoraranse actividades como a impartición de docencia en titulacións propias das universidades, a colaboración na docencia en materias de titulacións oficiais, entre outras.
Acreditaranse a través da certificación do organismo público ou privado en que se acrediten os méritos alegados.
6.6. Outras actividades de investigación non incluíbles en epígrafes anteriores:
Nesta epígrafe valoraranse actividades como a dirección de publicacións científicas, participación en consellos de redacción e en comités científicos, organización de congresos e reunións científicas, entre outras.
Acreditaranse mediante certificación ou documentación acreditativa da realización do mérito alegado.
6.7. Outras actividades de transferencia e divulgación non incluídas en epígrafes anteriores:
Nesta epígrafe valoraranse actividades como conferencias, seminarios, comisariado ou organización de exposicións, elaboración de catálogos e folletos, entre outras.
Acreditaranse mediante certificación ou documentación acreditativa da realización do mérito alegado.
6.8. Habilitación ou acreditación para figuras e corpos docentes de nivel superior ao da praza en concurso:
Valórase nesta epígrafe a acreditación para figuras dos corpos docentes universitarios de catedrático de universidade e de profesor titular de universidade, e das categorías de profesor contratado doutor ou profesor axudante doutor, sempre que corresponda cunha categoría superior á da praza obxecto do concurso. Igualmente, valorarase a habilitación para corpos docentes universitarios.
Acreditarase mediante copia da acreditación emitida pola ANACA ou da resolución da avaliación positiva da emitida pola ANACA ou axencia da comunidade autónoma correspondente.
No caso da habilitación deberá acreditarse mediante a correspondente certificación.