No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 138, do 21 de xullo de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para a cobertura en propiedade, mediante o sistema de oposición libre, de dúas prazas de funcionario/a de carreira, auxiliar administrativo grupo C, subgrupo C2, do Concello da Laracha.
O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
A Laracha, 9 de agosto de 2022
José Manuel López Varela
Alcalde