Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 46757

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.

De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e entes instrumentais do sector público autonómico para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,

RESOLVO:

Convocar os cursos que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, das seguintes entidades: persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).

2. Para as actividades impartidas nunha modalidade que inclúe teleformación, as persoas interesadas deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2022.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.30 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Cuarta. Protección de datos persoais e comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueloutros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade de velos posteriormente como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, de ser o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbense expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

O criterio de selección será por orde de inscrición ata esgotar a totalidade das prazas.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a lista definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta lista poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. Renuncia. Seguimento das actividades formativas

1. Cambios ou substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e máis a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar a actividade presencial o alumnado deberá asistir ao 90 % das horas lectivas presenciais e superar as probas de avaliación que o docente propoña.

Para poder superar a actividade de teleformación, o alumnado deberá, en primeiro lugar, realizar todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar na proba de avaliación final.

En segundo lugar, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará en liña ao final dela.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e horas en que estas terán lugar, do cal a EGAP informará tamén a través da súa páxina web.

Novena. Certificados

Para obter o certificado de aproveitamento o alumnado deberá acadar a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado das tarefas e da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP e os entes instrumentais indicados na base primeira do anexo desta resolución poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e os entes instrumentais indicados na base primeira do anexo desta resolución reservan para si o dereito a suspender ou cancelar as actividades, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e os entes instrumentais indicados na base primeira do anexo desta resolución garantirán nas actividades derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Cualificación

Modalidade/localidade

Datas

Data e hora do exame

CV22058

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

20

36

Aproveitamento

Teleformación

Do 31.10.2022 ao 19.11.2022

24.11.2022 16.30 h

CV22059

A expurgación de documentos

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

12

5

Aproveitamento

Presencial

Santiago de Compostela

18, 20, 25 e 27 de outubro, das 16.30 ás 19.30 h

27.10.2022 19.00 h

CV22060

A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

40

13

Aproveitamento

Teleformación+

telepresenza

Do 24.10.2022 ao 25.11.2022

Datas telepresenza. 25 e 27 de outubro, das 16.30 ás 19.30 h

e 7, 9, 10 e 21 de novembro, das 17.00 ás 19.30 h

30.11.2022 19.00 h

CV22061

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

50

28

Aproveitamento

Teleformación

Do 6.10.2022 ao 25.11.2022

30.11.2022 16.30 h

CV22062

Aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

35

5

Aproveitamento

Teleformación + telepresenza

Do 26.9.2022 ao 26.10.2022

Datas telepresenza. 3, 10, 17 e 20 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h

3.11.2022 18.30h

CV22063

Autocad 2016-Nivel básico

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

35

24

Aproveitamento

Telepresenza

22, 27, 28 e 29 de setembro, das 17.00 ás 20.00 h

4, 5, 6, 18, 19, 20, 25 e 26 de outubro,

das 17.00 ás 20.00 h, e o 27 de outubro; horario das 17.00 ás 19.00 h

27.10.2022 18.30h

CV22064

Deseño e xestión de proxectos europeos

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

25

13

Aproveitamento

Teleformación

Do 17.10.2022 ao 11.11.2022

16.11.2022 16.30.h

CV22065

Dixitalización de documentos

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

25

5

Aproveitamento

Teleformación

Do 30.9.2022 ao 25.10.2022

28.10.2022 18.30 h

CV22066

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

20

45

Aproveitamento

Teleformación

Do 24.10.2022 ao 11.11.2022

16.11.2022 19.30 h

CV22067

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

20

22

Aproveitamento

Teleformación

Do 13.10.2022 ao 3.11.2022

8.11.2022 16.30 h

CV22068

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

25

23

Aproveitamento

Teleformación

Do 26.9.2022 ao 22.10.2022

26.10.2022 16.30 h

CV22069

Lingua de signos A1.1

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

30

5

Aproveitamento

Teleformación

Do 3.10.2022 ao 3.11.2022

3.11.2022

CV22070

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 4)

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

50

31

Aproveitamento

Teleformación

Do 26.9.2022 ao 14.11.2022

17.11.2022 16.30 h

CV22071

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5)

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

50

29

Aproveitamento

Teleformación

Do 26.9.2022 ao 14.11.2022

17.11.2022 17.30 h

CV22072

Organización e simplificación do traballo administrativo

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

12

17

Aproveitamento

Teleformación

Do 22.9.2022 ao 3.10.2022

6.10.2022 17.30 h

CV22073

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

30

31

Aproveitamento

Teleformación

Do 26.9.2022 ao 26.10.2022

3.11.2022 16.30 h

CV22074

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

25

20

Aproveitamento

Teleformación

Do 2.11.2022 ao 25.11.2022

30.11.2022 19.30 h

CV22075

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

15

28

Aproveitamento

Teleformación

Do 24.10.2022 ao 7.11.2022

10.11.2022 16.30 h

CV22076

Técnicas elementais de arquivos

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

25

13

Aproveitamento

Teleformación

Do 26.9.2022 ao 20.10.2022

24.10.2022 17.30 h

CV22077

Técnicas para falar en público

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

20

10

Aproveitamento

Presencial

Santiago de Compostela

18, 19, 20, 25, 26 e 27 de outubro e 2 e 3 de novembro, das 16.30 ás 19.00 h

3.11.2022 18.30 h

CV22078

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

25

6

Aproveitamento

Teleformación

Do 6.10.2022 ao 31.10.2022

3.11.2022 17.30 h

CV22079

Sistema electrónico de facturación (SEF)

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

20

30

Aproveitamento

Teleformación

Do 2.11.2022 ao 21.11.2022

24.11.2022 19.00 h

CV22080

Uso avanzado do Xestor de expedientes de contratación (PLATION)

Persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galicia Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.)

30

30

Aproveitamento

Teleformación + telepresenza

Do 19.10.2022 ao 16.11.2022

Datas telepresenza (véxase ficha)

22.11.2022 18.00 h